Castelo de If
O castelo de If é unha fortificación francesa edificada entre 1527 e 1529 sobre unha pequena illa do arquipélago de Frioul, na baía de Marsella. Deveu famoso por ser o lugar no que Alexandre Dumas situou a prisión do conde de Montecristo, protagonista da novela Le Comte de Monte-Cristo.
Castelo de If | |
---|---|
monumento histórico clasificado e monumento histórico inscrito | |
Castelo de If. | |
Coordenadas | 43°16′47″N 5°19′31″L / 43.279861111111, 5.3251388888889 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarAntes do castelo
editarNa illa de If fixo escala no ano 1516 unha nave portuguesa que transportaba desde Lisboa ata Roma ao soado rinoceronte indio que o rei Manuel I de Portugal recibira do rei de Guzarat e ofrecía ao papa León X.[1] Este rinoceronte foi espectacular no seu momento, xa que a vista destes animais era algo pouco común. Fóra diso algúns elefantes dados como agasallos a varios reis e grandes magnates europeos (como Abul Abbas, o elefante de Carlomagno, ou o Elefante de Cremona que o sultán Al-Kamil regalou ao emperador Federico II), non se vían elefantes no continente. Francisco I de Francia desprazouse ata aquí xunto co seu corte para poder velo (máis tarde o animal re-emprendeu a súa viaxe, aínda que lamentablemente naufragou ante a costa de Liguria).
A construción
editarEn 1527, posto que a cidade de Marsella fora asediada en 1524 polo condestable Carlos III de Borbón, ao servizo do emperador Carlos V de España; Francisco I de Francia deu ordes de construír a fortificación, coa finalidade de protexer mellor a cidade de Marsella caso dun novo ataque procedente do mar.
Respecto das razóns para a construción da fortificación, algúns emiten outra hipótese diferente, a de que Francisco I faría construír a fortificación para vixiar á cidade de Marsella, incorporada á coroa francesa tan só 35 anos antes, co que as hipotéticas ameazas españolas non serían senón un pretexto. Efectivamente, o alcance dos canóns da época non permitiría que os do forte alcanzasen a uns hipotéticos sitiadores por terra, ademais da debilidade construtiva do castelo, que non lle permitiu gran resistencia aos ataques inimigos. Con todo, un forte deste tipo impedía as saídas e entradas de naves desde o porto de Marsella (as naves fondeadas quedaban baixo o tiro dos seus canóns), á vez que podía bombardear as fortificacións da cidade en apoio de tropas de sitio da mesma.
Coñecendo a hostilidade dos marselleses respecto da fortificación, a construción fíxose parcialmente coa re-utilización pedras de igrexas e conventos en ruínas, aínda que tamén se utilizaron perpiaños extraídos dunha canteira no propio lugar, onde hoxe en día segue sendo posible ver restos das marcas deixadas polas ferramentas dos canteiros. Tamén se aproveitaron restos da destrución provocada polo sitio dos exércitos españois.
Prisión
editarAínda que desde 1521 a illa xa acollía a un prisioneiro, o cabaleiro Anselmo, houbo que esperar ata o século XVII para que a illa convertésese nunha prisión estatal.
Os muros do castelo atópanse recubertos de graffitis e todo tipo de inscricións dos antigos internos do mesmo.
Véxase unha relación dalgúns prisioneiros soados ou lendarios, xunto a lendas e outros mitos:
- O home da máscara de ferro: o seu encerro nesta prisión é unicamente unha lenda.
- Jean-Baptiste Chataud, capitán do navío Grand Saint Antoine, o cal introduciu en Marsella en 1720 unha epidemia de peste.
- O marqués de Sade: malia que estivo en Marsella, non estivo xamais encerrado no castelo.
- O xeneral Jean-Baptiste Kléber: o seu corpo foi depositado aquí á súa chegada de Exipto, xa que falecera no Cairo.
- O conde de Mirabeau: estivo encerrado aquí durante un ano.
- Na novela O conde de Montecristo de Alexandre Dumas, os personaxes de Edmond Dantès e José Custodio de Faria.
Un faro e unha prisión museo
editarA prisión converteuse finalmente nun lugar de atracción turística, e uns barcos enlazan habitualmente coa illa partindo do Vieux-Port de Marsella.
Ata o ano 1950, un fareiro e a súa familia tiñan residencia na illa.
Notas
editar- ↑ Jean Pierre Papon (1786). Moustard, ed. Histoire générale de Provence. p. 33.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de If |
Bibliografía
editar- François di Roma, Le Château d'If, éditions Jeanne Laffitte, Marseille, 1990, 128 p. ISBN 2862762091
Ligazóns externas
editar- Sitio oficial (en francés).
- Information at marseille-tourisme.comArquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine. (en francés).