[go: up one dir, main page]

Na mitoloxía grega Caos é a personificación do baleiro primordial anterior á creación do cosmos, anterior á existencia dos distintos elementos que conforman o Mundo. Sería o estado primixenio do cosmos, e anterior ó resto das forzas elementais, os deuses e os homes. No século V a. C. identificouse co aire, o espazo ou o baleiro que rodea a Terra. Máis tarde, Ovidio describiuno como un estado de desorde e confusión absoluta; Hesíodo non o describe e unicamente o menciona.

Magnum Chaos. Intarsia do Coro da Basílica de Santa María a Maior de Roma, por Capoferri e Lotto (1522-1532).
"Antes do mar, da terra e do ceo que todo o cubre, a natureza ofrecía un mesmo aspecto no orbe enteiro, ó que chamaron Caos: unha masa basta e desordenada, que non era máis que un peso inerte e xermes discordantes, todos amoreados xuntos, cousas non ben unidas".
(Ovidio: Metamorfosis I, 5-9)
"En primeiro lugar existiu, realmente, o Caos. Logo Xea... e Eros".
(Hesíodo: Teogonía 117)

En grego a palabra Caos non ten xénero, aínda que, nalgunhas representacións clásicas, dáselle forma de muller.

Xenaloxía

editar

Caos enxendrou a Érebo (as Tebras) e Nicte (a Noite), e posteriormente a Hémera (o Día) e Éter, que Hesíodo considera fillos de Nicte. Da separación destas tres divindades entre si xurdirán Urano (o Ceo) e Xea (a Terra).

"Do Caos naceron Érebo e a negra Noite. Da Noite, á súa vez, xurdiron Éter e Hémera, ós que enxendrou como froito dos seus amores con Érebo".
(Hesíodo: Teogonía 124-126)

Outras tradicións consideran a Caos como fillo de Crono (o Tempo) e irmán de Éter [1].

  1. Grimal. Engade que "Por un xogo de palabras, considerouse ás veces a Crono como o Tempo personificado (Grimal, s. v. Crono, que é como denomina ó titán Cronos).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s.v. Caos.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
  • OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar