Cando menos o esperas
Cando menos o esperas (en inglés: Something's Gotta Give) é un filme estadounidense de 2003 escrito, producido e dirixido por Nancy Meyers. Está protagonizado por Jack Nicholson e Diane Keaton, que intepretan a dous adultos maduros que encontran o amor malia ser completamente opostos. Keanu Reeves e Amanda Peet son os protagonistas, e Frances McDormand, Paul Michael Glaser, Jon Favreau e KaDee Strickland interpretan os papeis secundarios.
Cando menos o esperas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Something's Gotta Give |
Director | Nancy Meyers |
Produtor | Nancy Meyers Bruce A. Block |
Guión | Nancy Meyers |
Intérpretes | Jack Nicholson Diane Keaton Keanu Reeves Frances McDormand Amanda Peet Jon Favreau |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Michael Ballhaus |
Montaxe | Joe Hutshing |
Estudio | Waverly Films |
Distribuidora | Columbia Pictures (América do Norte) Warner Bros. Pictures (Internacional) |
Estrea | 12 de decembro de 2003 18 de febreiro de 1989 (TVG) |
Duración | 128 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia romántica |
Orzamento | 80 millóns de dólares |
Recadación | 266 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
O filme recibiu críticas maioritariamente positivas[2] e foi un éxito nos portelos de América do Norte, recadando máis de 266 millóns de dólares en todo o mundo.[1] Pola súa interpretación, Keaton gañou un Globo de Ouro, un Satellite, así como un nomeamento ós Premios Oscar e ó SAG á mellor actriz, entre outros recoñecementos. Nicholson tamén recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro ó mellor actor en comedia ou musical. Este foi o segundo filme de Nicholson e Keaton xuntos dende Reds en 1981.
Personaxes
editar- Jack Nicholson como Harry Sanborn
- Diane Keaton como Erica Barry
- Keanu Reeves como Julian Mercer
- Amanda Peet como Marin Klein
- Frances McDormand como Zoe
- Jon Favreau como Leo
- Paul Michael Glaser como Dave Klein
- Rachel Ticotin como Dr. Martinez
- KaDee Strickland como Kristen
- Peter Spears como Danny Benjamin
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Something's Gotta Give @ Numbers". The-Numbers.com. Consultado o 17 de setembro de 2012.
- ↑ "Something's Gotta Give". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2010. Consultado o 17 de setembro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Cando menos o esperas na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)