[go: up one dir, main page]

Camellia

xénero de plantas
(Redirección desde «Camelia»)

Camellia é un xénero de plantas da familia Theaceae que producen as flores coñecidas como camelias. O xénero Camellia inclúe moitas plantas ornamentais e a planta do . A Camellia japonica é moi cultivada como especie ornamental en Galicia e, moi particularmente nas Rías Baixas, onde a climatoloxía e acidez do solo favorecen o seu cultivo e inducen unha longa floración.

Camellia japonica

Características

editar

Todas as especies son arbustos e pequenas árbores que poden acadar os 10 m de altura. A follaxe é perenne, con follas coriáceas, dun verde escuro brillante, enteiras, aguzadas e de bordos enteiros ou lixeiramente serrados.

As flores son xeralmente grandes, con cinco sépalos e cinco pétalos (téñense conseguido híbridos con dobre ou múltipla corola e gran cantidade de pétalos), as cores varían do branco ao vermello, pasando polo rosa, e ocasionalmente poden aparecer combinadas no mesmo pé e incluso manchadas nesas tonalidades.

A especie máis estendida en xardinería é C. japónica. Nativa do Xapón e Corea, dela deriva a variedade Adolphe Audusson, indicada para cultivo en interiores. Das follas de C. sinensis obtense o .

O xénero foi descrito polo naturalista sueco Carl von Linné na súa obra magna Species Plantarum, e bautizado en homenaxe ao misioneiro xesuíta Georg Kamel. Algunhas especies deste xénero pertencían ao xénero Thea, mais este epíteto foi sinonimizado con Camellia cando se observou que Camellia e Thea non presentaban diferenzas significativas entre si.

Historia

editar

Oriente

editar

Todas as especies de Camellia son designadas, na China, pola palabra mandarina "chá" (茶), complementada por algún termo que, xeralmente, caracteriza o seu hábitat ou as súas peculiaridades morfolóxicas. As camelias cultivábanse nos xardíns da China e do Xapón dende hai séculos, moito antes da súa chegada a Europa. O botánico alemán Engelbert Kaempfer informou da "Rosa do Xapón"[1], como el lle chamou, unha planta que medraba brava en fragas, pero da cal moitas variedades foran seleccionadas para os xardíns orientais. Dixo que a planta tiña 900 nomes no Xapón. As primeiras representacións que os occidentais ollaron das camelias foron as das frecuentes pinturas das porcelanas chinesas.

Occidente

editar

A primeira camelia de que se teñen referencias en Inglaterra foi cultivada en Essex polo Lord Robert Petre en 1739. O seu xardineiro, James Gordon, foi o primeiro en comercializar camelias en occidente do seu alcouve preto de Londres.

Coa expansión do comercio do té a finais do século XVIII, novas variedades entraron en Inglaterra a través da British East India Company. Contra o 1819, vinte e cinco camelias floreceran en Inglaterra, cando apareceu o primeiro monográfico escrito por Samuel Curtis, A Monograph on the Genus Camellia, onde aparecían ilustracións a toda cora. Pola década de 1840, as camelias estaban moi de moda na Gran Bretaña. Isto inspirou a moitos artistas da época. Alexandre Dumas viuse influenciado pola morte moi temperá da cortesá parisiense Marie Duplessis en 1847, cando escribiu A dama das camelias. Verdi baseouse na obra de Dumas para compor La traviata.

Galicia

editar
 
Flor de camellia japonica, común en Galicia.

As camelias máis antigas que se coñecen en Galicia e que aínda sobreviven son as do parque de Castrelos (Quiñones de León) en Vigo. O xardín creouse en tempos do primeiro marqués de Alcedo, existindo constancia de que o marqués de Loureiro cultivara en 1860 as primeiras camelias provenientes do seu alcouve de Portugal. O cultivo continuou co noveno Marqués de Valladares, a cargo de persoal inglés. Desa época conservamos un impresionante exemplar de C. japonica no xardín de buxos inglés na parte traseira do pazo.[2] Autores como Rosalía, Curros Enríquez, Pondal, Pardo-Bazán, Fernández Flórez ou Cunqueiro mencionan a camelia nas súas obras.

"As dez virtudes da camelia: Son todas éstas: Lonxevidade; inmutabilidade; continuidade; resurrección; pureza; beleza; coorido; tesón; servicio e utilidade". Álvaro Cunqueiro.

A camelia en Galicia hoxe

editar

En Galicia abundan os exemplares de Camellia japonica e, en menor número, os de Camellia sasanqua e Camellia reticulata. Todas estas especies son arboriñas ou arbustos de follas persistentes, opostas, coriáceas e lustrosas. A Camellia saluenensis e maila Camellia oleifera, e outras especies que teñen importancia para a formación de híbridos, non son moi coñecidas en Galicia[3].

A camelia é a árbore de xardinaría por excelencia nas Rías Baixas. Aparece en moitísimos xardíns privados e públicos, e é común atopala como especie de aliñación das rúas, sendo moi frecuente en Vigo, onde incluso hai unha rúa co seu nome: a avenida das Camelias. Hai en Galicia un circuíto de xardíns de interese histórico e artístico vencellados á cultura da camelia[4]. A ruta da camelia inclúe os seguintes pazos e xardíns[5]:

  1. Pazo de Mariñán, en Bergondo
  2. Alameda de Santiago
  3. Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra
  4. Pazo de Oca, na Estrada
  5. Casa Museo Rosalía de Castro, en Padrón
  6. Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía da Arousa
  7. Quinteiro da Cruz, en Ribadumia
  8. Pazo da Saleta, en Meis
  9. Pazo de Lourizán, en Pontevedra
  10. Castelo de Soutomaior[6]
  11. Parque do Castro, en Vigo
  12. Museo Quiñones de León, en Vigo

Algunhas especies

editar
 
Imaxe dunha camelia

Imaxes de camelias en Galicia

editar
  1. Kaemfer, Amoenitates exoticae, 1712, noted by Alice M. Coats, Garden Shrubs and Their Histories (1964) 1992, s.v. "Camellia".
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2013. Consultado o 05 de setembro de 2012. 
  3. Camelias en Galicia - http://www.camelias.net/textesp.htm Arquivado 29 de xuño de 2014 en Wayback Machine.
  4. "Ruta da camelia - GALICIA". www.turismo.gal. Consultado o 2022-03-14. 
  5. "Pazos e xardíns - GALICIA". www.turismo.gal. Consultado o 2022-03-14. 
  6. "...algúns dos exemplares máis antigos de camelia japonica da comunidade ... ata chegar aos 500 exemplares..."

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar