Cadea
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo cadea pode facer referencia a:
Obxecto con elos
editarOrixinariamente, a palabra cadea utilizábase para referirse a un obxecto constituído por unha serie de elos ou aneis, xeralmente metálicos, enlazados entre si. Entre as cadeas distínguense varios tipos particulares:
- As cadeas para a neve, un sistema que se coloca nas rodas motrices dun vehículo automóbil para que non esvaren cando hai neve na estrada.
- A cadea de transmisión, mecanismo que serve para transmitir o movemento dun mecanismo a outro, xeralmente a través de engrenaxes.
- A cadea da áncora, utilizada en náutica para fondear embarcacións.
Sucesión de entes enlazados
editarPor analoxía, tamén se utiliza a palabra cadea para referirse de maneira metafórica a distintas sucesións de entes ou procesos enlazados:
- En anatomía, a cadea de osículos é o conxunto de diminutos ósos que se encontran no oído medio.
- En bioloxía e ecoloxía, a cadea trófica é a corrente de enerxía e nutrientes que se establecen entre as distintas especies dun ecosistema en relación coa súa nutrición
- Cadea J é un polipéptido de 137 residuos de aminoácidos, compoñente proteico dos anticorpos IgM e IgA.
- En alimentación (ou na industria alimentaria), a cadea alimentaria (ou agroalimentaria) é a sucesión de transformacións dos alimentos desde a granxa á mesa.
- En informática, unha cadea é unha secuencia de símbolos, bloques ou caracteres. Entre elas distínguense especialmente as:
- cadeas de caracteres,
- cadea de ferramentas, conxunto de programas informáticos usados para crear un determinado produto.
- En matemáticas, unha cadea é unha sucesión de elementos.
- En química, unha cadea carbonada é o conxunto de átomos de carbono ligados entre si nos compostos orgánicos.
- En xeoloxía e xeografía, unha cadea montañosa ou cordilleira é un conxunto de montañas.
- A cadea é unha antiga unidade de lonxitude usada para medir terreos.
- A cadea de mando é a liña de autoridade e responsabilidade por onde pasan as ordes militares ou administrativas.
- Unha cadea de mensaxes é unha sucesión de mensaxes na cal o receptor debe buscar outro destinatario. Ditas cadeas popularizáronse a raíz da implantación do correo electrónico.
- No mundo laboral,
- a cadea produtiva é o conxunto de operacións necesarias para a produción dun ben,
- a cadea de montaxe é unha forma de produción en que cada traballador ten unha función específica,
- a cadea de subministración é o conxunto de procesos de intercambio establecidos entre unha organización e os seus provedores ou clientes,
- a cadea de frío é unha cadea de subministración cuxos procesos se realizan a unhas temperaturas controladas,
- unha cadea de valor é o modelo que define as actividades dunha organización en función do valor achegado polo cliente,
- unha cadea hoteleira é un grupo de hoteis pertencentes a unha mesma marca ou a unha mesma empresa,
- unha cadea de custodia é o seguimento que fai unha organización das súas materias primas para garantir a calidade dos seus produtos.
Outros significados
editar- Unha cadea de música é un equipo musical capaz de reproducir son desde distintos medios de almacenamento.
- En heráldica, unha cadea é a súa representación nun escudo.
- Unha cadea de televisión é unha rede de distribución para contidos de televisión.
- A cadea é un sinónimo de prisión, recordando a situación dos antigos prisioneiros, que estaban suxeitos con cadeas (encadeados).
- A cadea perpetua é unha pena privativa da liberdade de por vida, que se aplica en moitos países.
- Unha reacción en cadea é un fenómeno onde un incidente ou reacción inicial provoca unha serie de acontecementos, xerando un evento de maior magnitude.