Citidín trifosfato
O citidín trifosfato ou trifosfato de citidina, abreviadamente CTP, é un nucleótido formado polo nucleósido citidina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula consta dun azucre ribosa unido á base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificados no carbono 5' da ribosa e unidos entre si por enlaces anhidro.
Citidín trifosfato | |
---|---|
[(2R,3S,4R,5R)-5-(4-amino-2-oxopirimidin-1-il)-3,4-dihidroxioxolan-2-il]metil(hidroxi-fosfonooxifosforil)hidróxeno fosfato | |
Outros nomes CTP; Citidina-5'-trifosfato; Citidina 5'-(tetrahidróxeno trifosfato) | |
Identificadores | |
Número CAS | 65-47-4 |
PubChem | 6176 |
ChemSpider | 19952488 |
MeSH | Cytidine+triphosphate |
Ligando IUPHAR | 1741 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H16N3O14P3 |
Masa molecular | 483,156 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A función principal na célula do CTP é a de intervir na síntese do ARN. O CTP chega ao lugar da transcrición do ARN, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato (PPi), e únese ao ARN en formación como CMP.
O CTP tamén intervén na cesión de enerxía e como coencima en certas reaccións especializadas do metabolismo de lípidos.
Serve para unir restos CDP a outras moléculas no metabolismo de fosfolípidos, como na reacción na que se forma CDP-etanolamina[1]:
Tamén intervén na síntese de terpenos pola vía alternativa á do mevalonato, xa que proporciona o CDP necesario para formar a molécula intermediaria CDP-metileritrol.
O CTP é un inhibidor do encima aspartatocarbomoiltransferase, que é un caso de inhibición encimática alostérica por produto final.
O CTP sintetízase a partir do UTP polo encima CTP sintetase, reacción na que a glutamina cede un grupo amino ao uracilo do UTP, transformándoo en citosina. Tamén se pode formar a partir do CDP nunha reacción reversible co ATP como esta:
Notas
editar- ↑ Lehninger A., Principios de Bioquímica (1988). Omega. Barcelona. páxina 601. ISBN 84-282-0738-0