[go: up one dir, main page]

CB Canarias

(Redirección desde «CB 1939 Canarias»)

O Club Cantera Base 1939 Canarias S.A.D., coñecido tamén como La Laguna Tenerife, é un club de baloncesto profesional español con sede en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife. Actualmente compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español profesional. O club xoga os seus encontros coma local no Pabellón Insular Santiago Martín, recinto con capacidade para 5 100 espectadores.[1]

La Laguna Tenerife
Información xeral
Liga ACB
Fundación 1939
Historia CB Canarias (1939−1994)
Cores           Amarelo, negro
Presidente España Félix Hernández
Adestrador España Txus Vidorreta
Patrocinador Lenovo
Localización
Cidade España La Laguna, España
Pavillón Santiago Martín
Capacidade 5 100
Inauguración 1999
Campionatos
Champions League 1 (2017)
Intercontinental 2 (2017, 2020)
LEB Ouro 1 (2012)
Copa Príncipe 1 (2012)
cbcanarias.net

Historia

editar

O Club Baloncesto Canarias naceu en 1939 pola unión de diversos clubs de Tenerife. Desde a súa fundación no ano 1939, o club militou en categorías rexionais e en 2ª división. Na temporada 1978−79 o club participa na 1ª Divisón B, até que na campaña 1980−81 logra o ascenso á Primeira División. Na seguinte temporada o club descende, aínda que regresa a agora chamada Liga ACB un ano despois. Durante os anos en que o club participou na ACB, logrou participar na Copa Korać na temporada 1988−89. Con todo, na temporada 1990–91 o club descende de novo á segunda categoría. Nos anos noventa o club fusiónase de novo con varios equipos da illa para salvar unha gran débeda económica. Tras dous anos dentro da fusión chamada Club Baloncesto Tenerife, o Canarias decide deixar a fusión e seguir pola súa conta. Na temporada 2006−07 o equipo, agora chamado Club Baloncesto 1939 Canarias, ascende á liga LEB.

No ano 2012, o Canarias ascendeu á ACB tras ser campión da Liga LEB Ouro, pero finalmente non conseguiu a praza debido á imposibilidade de obter os requisitos precisados pola ACB.[2] Porén, un mes máis tarde, o 20 de xullo, o CB 1939 Canarias ocuparía a praza que pouco antes deixara libre o CB Lucentum Alicante e que fora comprada pola liga. En 2017, o equipo consegue participar por vez primeira na Basketball Champions League. O club consegue chegar á Final Four, que se disputaría precisamente no seu pavillón local, o Pabellón Insular Santiago Martín. Após venceren ao Umana Reyer Venezia (67−58) en semifinais e ao Banvit na final (63−59) conseguiráin o seu primeiro trofeo continental.

Patrocinios

editar

Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Universidad Canarias Pepsi (1970–1975)
  • Caja Rural Canarias (1975–1980)
  • Cofisa Canarias (1982–1984)
  • Lucky Canarias (1984–1985)
  • CajaCanarias (1985–1991)
  • AutoLaca Canarias (1995–1996)
  • Bodegón Juanito Canarias (1996–1998)
  • Canarias Yamaha (1998–1999)
  • Ciudad de La Laguna (1999–2001)
  • Organización Socas Canarias (2001–2010)
  • Isla de Tenerife Canarias (2010–2011)
  • Iberostar Canarias (2011–2012)
  • Iberostar Tenerife (2013–2021)
  • Lenovo Tenerife (2021–presente)

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Lenovo Tenerife 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 3   Fernández, Jaime 1,86 m (6 ft 1 in) 79 kg (174 lb) Unicaja (2022)
A 4   Rodríguez, Sergio 2,04 m (6 ft 8 in) 95 kg (209 lb) Bilbao Basket (2020)
B 6    Fitipaldo, Bruno 1,83 m (6 ft 0 in) 85 kg (187 lb) San Pablo Burgos (2020)
B 9    Huertas, Marcelinho 1,91 m (6 ft 3 in) 93 kg (205 lb) Saski Baskonia (2019)
E 10   Salin, Sasu 1,90 m (6 ft 3 in) 90 kg (198 lb) Unicaja (2019)
P 12    Diagne, Moussa 2,11 m (6 ft 11 in) 102 kg (225 lb) MoraBanc Andorra (2022)
A 15   Sastre, Joan 2,01 m (6 ft 7 in) 86 kg (190 lb) Valencia Basket (2021)
P 19   Shermadini, Giorgi 2,17 m (7 ft 1 in) 120 kg (265 lb) Unicaja (2019)
AP 21    Abromaitis, Tim 2,03 m (6 ft 8 in) 107 kg (236 lb) Unicaja (2022)
A 23   Cook, Elgin 1,96 m (6 ft 5 in) 95 kg (209 lb) Tofaş (2022)
AP 33   Cruz, Iván 2,08 m (6 ft 10 in) 98 kg (216 lb) Río Breogán (2022)
AP 42    Doornekamp, Aaron 2,01 m (6 ft 7 in) 96 kg (212 lb) Valencia Basket (2020)
Adestrador
  Txus Vidorreta
Asistente(s)
  Marco A. Justo
  Ignacio Yáñez

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 15−102022

Dorsais retirados

editar
Dorsais retirados polo CB Canarias
Xogador Posición Etapa
8 Ricardo Bethencourt Base 1978−1985

Destacados

editar

Galardóns individuais

editar

Segundo mellor quinteto da ACB

MVP da LEB Ouro

Primeiro Quinteto da LEB Ouro

Adestradores

editar

A seguinte é unha lista dos adestradores do CB 1939 Canarias desde 2003.

  •   Alejandro Martínez (2003–2015)
  •   Txus Vidorreta (2015–2017)
  •   Nenad Marković (2017)
  •   Fotios Katsikaris (2017–2018)
  •   Txus Vidorreta (2018–presente)

Palmarés

editar
 
Pavillón Insular Santiago Martín.

Champions League

  • Campións (1): 2017

Copa Interconinental

  • Campións (2): 2017, 2020

LEB Ouro

  • Campións (1): 2012

Copa Príncipe

  • Campións (1): 2012

Trofeo Gobierno de Canarias

  • Campións (2): 2009, 2011
  • Subcampións (1): 2006

Historial

editar
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
CB Canarias
1974–75 2 2ª División 14–2
1975–76 2 2ª División 12–2–10
1976–77 2 2ª División 16–1–11
1977–78 2 2ª División 14–2–14 3 Copa Korać 1R 0–2
1978–79 2 1ª División B 12–10
1979–80 2 1ª División B 21–1–8
1980–81 2 1ª División B 16–1–9
1981–82 1 1ª División 12º 4–2–20 Oitavos de final
1982–83 2 1ª División B 20–1–5
1983–84 1 ACB 11º 12–18
1984–85 2 ACB 15º 10–18
1985–86 2 1ª División B 24–4
1986–87 1 ACB 15–18 Cuartos de final Copa Príncipe OF
1987–88 1 ACB 15–18 Cuartos de final Copa Príncipe CF
1988–89 1 ACB 19º 12–29 Oitavos de final 3 Copa Korać 2R 3–1
1989–90 1 ACB 16º 12–19 Primeira rolda
1990–91 1 ACB 24º 10–26 Segunda rolda
1991–92 2 1ª División 22–22
1992–93 2 1ª División 20–20
1993–94 2 1ª División 27–11
CB 1939 Canarias
1994–95 4 2ª División 5–7
1995–96 4 2ª División 22–7
1996–97 4 2ª División 16–6
1997–98 4 2ª División 23–4
1998–99 3 Liga EBA 19–11
1999–00 3 Liga EBA 17–9
2000–01 4 Liga EBA 24–7
2001–02 4 Liga EBA 33–4
2002–03 3 LEB 2 10º 13–17
2003–04 3 LEB 2 13º 11–19
2004–05 3 LEB 2 22–16
2005–06 3 LEB 2 14º 13–21
2006–07 3 LEB 2 35–8 Copa LEB 2
2007–08 2 LEB Ouro 17–19
2008–09 2 LEB Ouro 13º 15–19
2009–10 2 LEB Ouro 26–16
2010–11 2 LEB Ouro 20–19
2011–12 2 LEB Ouro 26–8 Copa Príncipe
2012–13 1 ACB 10º 17–17
2013–14 1 ACB 11º 14–21 Cuartos de final
2014–15 1 ACB 11º 16–18
2015–16 1 ACB 16–18
2016–17 1 ACB 23–12 Cuartos de final 3 Champions League 15–1–4
2017–18 1 ACB 19–17 Semifinais 3 Champions League OF 13–3
2018–19 1 ACB 17–17 Semifinais 3 Champions League 15–5
2019–20 1 ACB 16–11 Cuartos de final 3 Champions League CF 13-5
2020–21 1 ACB 27–9 Semifinais 3 Champions League CF 9-4
  1. "CB 1939 Canarias. Información". acb.com (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  2. "Comunicado del CB 1939 Canarias". CB 1939 Canarias (en castelán). 12 de xuño de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar