Busch Stadium
O Busch Stadium, a miñudo chamado New Busch Stadium ou Busch Stadium III, é un parque de béisbol situado en St. Louis, Missouri (Estados Unidos). É o estadio local dos St. Louis Cardinals da Major League Baseball (MLB). O estadio, con capacidade para 45.494 espectadores, substituíu o antigo Busch Memorial Stadium (tamén coñecido como Busch Stadium II), ocupando parte dos terreos nos que se erixía. Anexa ao recinto hai unha área comercial coñecida como Ballpark Village. O estadio foi inaugurado o 4 de abril cun encontro entre os Memphis Redbirds e os Springfield Cardinals, equipo afiliado aos St. Loius Cardinals das Ligas Menores. O primeiro partido oficial de Ligas Maiores foi uns días despois, o 10 de abril, nun xogo en que os Cardinals venceron aos Milwaukee Brewers por 6–4.
Busch Stadium | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 38°37′21″N 90°11′35″O / 38.6225, -90.193056 |
Localización | St. Louis, Estados Unidos |
Alcume | Busch Stadium III Baseball Heaven |
Construción | |
Construción | 17 de xaneiro de 2004 |
Inauguración | 4 de abril de 2006 |
Arquitecto | Populous Kennedy Associates/Architects Inc. |
Enxeñeiro | Bliss & Nyitray, Inc. M-E Engineers, Inc. |
Custo | $365 millóns (2006) |
Estadio | |
Superficie | Kentucky Bluegrass (herba natural) |
Dimensións | Left field − 336 ft (102 m) Left center field − 375 ft (114 m) Center field − 400 ft (122 m) Right center field − 375 ft (114 m) Right field − 335 ft (102 m) |
Capacidade | 45.494 espectadores |
Asist. máxima | 48.052 (29 de xullo de 2017) D-backs 7−1 Cardinals (MLB) |
Propietario | St. Louis Cardinals |
Operadora | St. Louis Cardinals |
Localía | St. Louis Cardinals (2006– ) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este estadio é o terceiro en St. Luois en levar o nome de Busch Stadium. O primeiro foi o Sportsman's Park, o cal adoptou o nome de Busch Stadium en 1953 na honra do dono da franquía, Gussie Busch. Este primeiro estadio fechou en 1966, tendo que trasladarse tanto os Cardinals de béisbol como o equipo homónimo da National Football League (hoxe Arizona Cardinals) a un novo estadio, o Busch Memorial Stadium. Con todo, o actual nome non é debido a Gussie Busch senón ao patrocinio da compañía Anheuser-Busch. O dereito de nomenclatura do estadio da empresa finaliza no ano 2026.[1]
Notas
editar- ↑ "Anheuser-Busch Buys Cardinals Stadium Naming Rights". USA Today. 8 de abril de 2004.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do estadio en mlb.com/cardinals
- Busch Stadium Seating Chart Arquivado 19 de setembro de 2020 en Wayback Machine.