[go: up one dir, main page]

Brutalidade policial

Brutalidade policial é un termo empregado para describir o uso excesivo de forza física, asalto, ataques verbais e ameazas por policías e outras forzas da orde pública. O termo tamén se pode aplicar ó mesmo comportamento dos oficiais de prisións. Está moi estendida en moitos países, mesmo naqueles que a perseguen.[1] A brutalidade é unha das formas de mala conduta policial, que inclúe falsos arrestos, represión política, racismo, abuso de vixilancia, abuso sexual e corrupción policial.

O traballador David Kirkwood no chan despois de ser capturado por policías durante a batalla de George Square, en Glasgow (Escocia), o 31 de xaneiro de 1919).
  1. "Amnesty International Report 2007". Amnesty International. 2007. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2007. Consultado o 8 de agosto de 2007. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar