Barbantesa
especie de insecto
Barbantesa | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Femia adulta en Lisboa, Portugal | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Mantis religiosa (Linnaeus, 1758) |
Unha barbantesa (Mantis religiosa), tamén chamada barbatesa, galbana, parraguesa ou carballesa[1] é un insecto da familia dos mántidos (Mantidae), orde Mantodea.
Adoitan ser de cor verdosa ou castaña por mor da camuflaxe, e posúen un abdome alongado que representa 2 terzos da súa lonxitude, que rolda os 6-8 cm ([1]).
A femia é significativamente máis robusta có macho, o cal provoca un conflito durante a cópula, pois é frecuente que durante esta o macho sexa devorado pola femia. A raíz deste impedimento evolutivo, a especie evolucionou o seu sistema nervioso de tal modo que está descentralizado. Isto significa que a cópula prosegue aínda cando o macho está sendo devorado [2].
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para barbantesa.
- ↑ Granada natural
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbantesa |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Barbantesa |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |