Báculo de Mondoñedo
O báculo de Mondoñedo é unha peza románica do primeiro cuarto do século XIII da colección permanente do Museo Nacional de Arte de Cataluña.[1] Procede de Limoges, dun sartego atribuído ó bispo de Ribadeo, Paio de Cebeira (Siveira) (1199-1218). Foi depositado cara a 1855 na catedral de Mondoñedo, provincia de Lugo. Entrou no museo proveniente da adquisición da colección Plandiura, en 1932.[2]
Báculo de Mondoñedo | |
---|---|
Artista | Anónimo |
Data | cara a 1200 |
Técnica | Cobre fundido, dourado e cicelado con aplicación de esmalte champlevé de fundición de pleno relevo |
Movemento | románico |
Dimensións | 32 cm × 15 cm |
Localización | MNAC (Barcelona) |
Descrición
editarComa produto do obradoiro de Limoges é unha das pezas máis salientábeis da colección. Trátase dun dos poucos obxectos de ourivaría románica do museo do cal se coñece a procedencia. Está documentado dende 1746 na antiga igrexa de santa María do Campo, en Ribadeo,[1] e sufriu diversas vicisitudes até chegar ao museo. O tema da voluta é adoito habitual neste tipo de pezas, o Arcanxo Miguel matando o dragón, e asemade característico das series de Limoges.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ficha da obra Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. no sitio web do MNAC.
- ↑ MNAC/MAC 4544
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Filgueira Valverde, José (1953). La Artesanía en Galicia (en castelán). Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.
- Prefiguración del Museu Nacional d'Art de Catalunya (en castelán) 1. Museu Nacional d'Art de Catalunya. 1992. p. 163.
Báculo de Mondoñedo. 1199-1218. Báculo Cobre clorado y cincelado, con aplicación de esmalte «champlevé». 32 x 15 cm (diámetro de la voluta); 0,8 cm (diámetro del nudo). Historia: obra de Limoges. Fue hallada antes de 1789 dentro de un sarcófago en la iglesia de Ribadeo. Se supone que era el de Pelayo de Cebeyra (Siveira), obispo de Ribadeo entre 1199 y 1218. Depositado en la antigua catedral de Mondoñedo (Lugo). Ingreso en el Museo: en 1932…
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Museu Nacional d'Art de Catalunya Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- J. A. (15/12/2017). "Cataluña exhibe en propiedad una de las joyas de Galicia: el báculo de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán) (Mondoñedo).