[go: up one dir, main page]

Azur [1] é a cor azul heráldica. Trátase dun azul intenso.

Nalgúns textos heráldicos tamén se refiren a esta cor como:

O seu nome vén do francés "azur", referido ao azul do mar. Tamén se sostén que provén dos termos "lāzūr" ou "Lazurt" que en árabe e persa queren dicir "cor azul". Esta última teoría é a máis probable, pois os cruzados, cando volveron aos seus países de orixe, tinguiron toda a súa heráldica con verbas daquelas terras.

É unha das cores empregadas nos vervos.

Representación

editar

Correspóndese un azul intenso. Para a representación en cor non existe definición das súas características nos textos heráldicos. Todos os sistemas de definición numérica das cores son modernos.

Para a representación en branco e negro empréganse liñas horizontais paralelas.

  1. Entrada no Gran Dicionario Xerais da Lingua. Edicións Xerais de Galicia.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar