Attila
Attila é unha ópera nun prólogo e tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera e Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Attila, König der Hunnen de Zacharias Werner. Foi estreada o 17 de marzo de 1846 no Gran Teatro La Fenice de Venecia.
Attila Atila | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos cun prólogo |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Solera e Piave |
Fontes literarias | Zacharias Werner: Attila' |
Estrea | 17 de marzo de 1846 |
Teatro da estrea | La Fenice |
Lugar da estrea | Venecia |
Duración | 110 minutos |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Personaxes | |
Trátase dunha ópera composta na etapa verdiana "de galeras", urxente, rápida, xuvenil. É unha das caracterizadas por matices patrióticos e que deron fama a Verdi como compositor político. Ademais do tema patriótico, as personaxes teñen perfís psicolóxicos interesantes, coma o propio Atila, que é moito máis que un malvado ao uso.
Esta ópera represéntase pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. no posto n.º 136 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 46.ª en Italia e a décimo quinta de Verdi, con 23 representacións nese período.
Personaxes
editarPersonaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 17 de marzo de 1846[1] (Director: -) |
---|---|---|
Atila (rei dos hunos) | baixo | Ignacio Marini |
Aecio (xeneral romano) | barítono | Natale Costantini |
Odabella (filla do señor de Aquilea, prometida de Foresto) | soprano | Sofía Loewe |
Foresto (cabaleiro de Aquilea) | tenor | Carlo Guasco |
Uldino (xove bretón escravo de Atila) | tenor | Ettore Profili |
León I (vello papa romano)[2] | baixo | Giuseppe Romanelli |
Capitáns, cabaleiros e soldados dos hunos, curas, xente de Aquilea, soldados romanos e povo de Roma. |
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |