Asker
Asker é un concello no condado de Akershus en Noruega. Limita cos concellos de Bærum, Røyken e Lier. O nome procede da palabra norueguesa ask, freixo. En Skaugum, dentro dos límites municipais de Asker, encóntrase a residencia oficial do príncipe herdeiro noruegués. O seu equipo de fútbol feminino, o Asker Fotball Kvinner é un dos principais da Toppserien, a liga femina de fútbol.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Noruega | ||||
Condado | Akershus (pt) | ||||
Capital | Asker (en) (–2019) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 61.523 (2019) (610,86 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 24.535 (2018) | ||||
Lingua usada | bokmål (målform) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 100,71538293728 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1837 | ||||
Disolución | 31 de decembro de 2019 | ||||
Sucedido por | Asker (pt) | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Lene Conradi (en) (2007–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | asker.kommune.no |
Xeoloxicamente Asker pertence á fosa tectónica de Oslo, os outeiros de rocha basáltica caracterizan a paisaxe, as rochas sedimentarias do cámbrico forman a chaira e as áreas do litoral que se estenden cara ao fiorde. Asker é un concello rural nos suburbios de Oslo, para onde van traballar a maior parte da poboación, comunicándose por medio do Flytoget, un tren de alta velocidade, sendo a estación de Asker a quinta de Noruega en número de viaxeiros. Cara ao leste Asker ábrese ao fiorde de Oslo, os seus illotes e arrecifes son un destino popular entre os noruegueses, tamén é importante o Museo de Asker.
Lugares
editarPersonalidades
editar- Simen Agdestein, xogador de xadrez
- Erik Bye, xornalista
- Pål Arne Fagernes, lanzador de xavelina
- Arne Garborg, escritor
- Harald V, rei de Noruega
- Hulda Garborg, escritor
- Erik Gjems-Onstad, avogado
- Ragnhild Gylver, escritor
- Vigdis Hjorth, escritor
- Arild Nyquist, escritor
- Tilla Valstad, escritora
- Tom Hilde, esquiador
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en noruegués)