[go: up one dir, main page]

Arbolí

concello da provincia de Tarragona

Arbolí é un municipio da comarca do Baix Camp, na provincia de Tarragona, na comunidade autónoma de Cataluña. Dentre do seu térmimo municipal atópase o lugarciño de Gallicant. Escasamente poboado, en 2006, tiña 105 habitantes, sobre unha área de 20,77 km². As súas coordenadas son 41º14'38 N e 0º56'59L.

Modelo:Xeografía políticaArbolí
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°14′33″N 0°56′56″L / 41.24251, 0.94882
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Tarragona
Ámbito funcional territorialCamp de Tarragona
Comarcael Baix Camp Editar o valor en Wikidata
CapitalArbolí (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación129 (2023) Editar o valor en Wikidata (6,2 hab./km²)
Número de fogares23 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie20,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude714 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMagda Seriol Samarra (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal43365 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE43015 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT430154 Editar o valor en Wikidata

Sitio webarboli.altanet.org Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Cóidase que a súa orixe atópase nun antigo asentamento sarraceno, mais até o 1600 no aparece en documentos a forma Arbolí. Pertenceu á baronía de Entença e máis tarde ao condado de Prades.

Logo as súas terras pasaron aos duques de Cardona, para máis adiante acabar no ducado de Medinaceli. A localidade participou de forma activa na sublevación carlista de 1827.

Até 1990 formou parte da comarca do Priorat, pero a revisión efectuada pasou o concello á do Baix Camp.

Patrimonio cultural

editar

A igrexa parroquial està dedicada a Santo André (Sant Andreu en catalán). É un edificio de tres naves con coro, de estilo neoclásico que ten acaroado o campanario. Este templo foi destruído en 1936, e até mesmo acabar fixo funcións de cortello.

Na zona de Colls áchase unha capela adicada a San Salvador. Construída no século XVII, consta dunha nave única.

 
Igrexa parroquial de Sant Andreu

Los Castillejos foi un acampamento militar destinado a albergar aos que realizaban milícias universitarias. Estas instalacións mantéronse en activo desde 1950 até o ano 2001.

Economía

editar

A principal actividade económica é a agricultura de secaño, salientando o cultivo de abeleiras. Hai na zona dúas minas de cobre, que están sen se explotar. Tamén desapareceron os antigos moíños de papel e de fariña.

Festas

editar

Arbolí celebra a súa festa maior a primeira fin de semana do mes de outubro. En xaneiro conmemora a San Paulo (Sant Pau en catalán) a festa maior do inverno.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar