Arao papagaio
O arao papagaio ou aro de altura[2] (Fratercula arctica) é unha ave mariña palmípede. Caracterízase polo seu peteiro triangular e moi largo e de cor vermella, amarela e azul no verán, pero que perde a cor no inverno.
Arao papagaio | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto en Islandia
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Fratercula arctica (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Mapa de biodistribución
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Alca arctica Linnaeus, 1758 |
Características
editarÉ unha ave mariña pequeneira dunha lonxitude de 28–34 cm e dunha envergadura de 50–60 cm, de plumaxe negra, co peito e ventre brancos e as patas laranxas e bastante curtas.
O seu peteiro, forte e robusto, é o máis característico. Ten unha base gris azulada co extremo vermello, e presenta irisacións douradas. No inverno, porén, faise máis gris e menos rechamante.
Distribución
editarO seu hábitat é Europa do Norte, Islandia e o leste de Norteamérica. Ás veces achégase ata as costas de Galicia.
Etoloxía
editarCría en colonias na costa, no fondo de buratos e coviñas de ata un metro, moitas veces aproveitados de tobos de coellos ou doutras aves mariñas. Nos niños deposita 1 ou 2 ovos; a femia encárgase da incubación que dura 40 días. Pasa o inverno no mar, chegando ás veces ata o Mediterráneo occidental, nesa época é cando se aproximan ás costas galegas.
Aliméntase de peixes, que complementa con crustáceos e moluscos, que capturan mergullándose no océano.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Fratercula arctica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ M. do Carme Ríos Panisse (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago [1] Tamén inclúe a forma arao loro, non obstante o Dicionario da Real Academia Galega non acepta loro con ese significado.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arao papagaio |