Antimateria
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
A Antimateria é a materia composta de antipartículas das partículas que constitúen a materia normal. Un átomo de antihidróxeno, por exemplo, está composto dun antiprotón de carga negativa orbitado por un positrón de carga positiva. Se unha parella partícula/antepartícula entra en contacto entre si aniquílanse producindo un estalido de enerxía, que pode manifestarse en forma doutras partículas, antipartículas ou radiación electromagnética.
En 1995 conseguiuse producir antiátomos de hidróxeno, así como núcleos de antideuterio, creados a partir dun antiprotón e un antineutrón, pero non se logrou crear antimateria de maior complexidade. A antimateria créase no universo alí onde haxa colisións entre partículas de alta enerxía, como no medio da galaxia, mais aínda non se atopou ningún tipo de antimateria como residuo do Big Bang, (cousa que ocorre coa materia normal). A diferente distribución entre a materia e a antimateria no universo foi durante moito tempo un misterio. A solución máis probábel atópase na certa asimetría nas propiedades dos mesóns-B e as súas antipartículas, os anti-mesóns-B.
Partículas fundamentais en Física (lista, táboa) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fermións | Bosóns de Gauge | ||||||||
Quarks | Leptóns | Bosóns W e Z | Fotón | Gluón | |||||
Arriba | Encantado | Cume | Electrón | Muón | Tau (tauón) | Bosóns hipotéticos | |||
Abaixo | Estraño | Fondo | e-neutrino | μ-neutrino | τ-neutrino | Gravitón Bosón de Higgs | |||
Outras clases, partículas compostas e outras | |||||||||
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón | |||||||||
Termos relacionados | |||||||||
antimateria - partícula subatómica |