Anseriformes
A dos Anseriformes é unha orde de aves acuáticas que comprende unhas 180 especies vivas repartidas en tres familias:
- anímidos (tres especies)
- anseranátidos (unha especie) e
- anátidos, a familia máis numerosa, que inclúe máis de 170 especies, entre elas os patos, os gansos e os cisnes.
Anseriformes Rango fósil: Paleóxeno - Actualidade (54 – 0 Ma) [1] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anseranas semipalmata | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias e Subfamilias | |||||||||||
|
A maioría das especies modernas da orde están moi ben adaptadas para unha existencia acuática na superficie da auga. Coa excepción dos anímidos, os machos teñen pene, unha característica que se perdeu nas neoaves.
Debido á súa natureza acuática, a maioría das especies teñen os pés palmados (é dicir, cos tres dedos dianteiros unidos por unha membrana interdixital).
Taxonomía
editarDescrición
editarA orde foi descrita en 1831 polo zoólogo alemán Johann Georg Wagler.[2]
Etimoloxía
editarO nome científico Anseriformes, está formado pola unión dos elementos Anser- e -formes. O primeiro é o nome do seu xénero tipo, Anser, e o segundo é o sufixo -formes, empregado para a formación dos nomes das ordes de animais, unidos cun -i- epentético para facilitar a pronuncia.
Clasificación
editarNa actualidade recoñécense na orde tres familias,[2] coas subfamilias que se indican:[3][4]
- Anatidae Leach, 1820
- Anhimidae Stejneger, 1885
- Anseranatidae Sclater, 1880
Características
editarAs aves anseriformes habitan zonas acuáticas continentais como lagos, pantanos, ríos e estuarios. Porén, moitas especies migran a zonas costeiras durante a época da reprodución.
Son aves que en canto ó seu tamaño varía entre os 30 e 180 cm, e cun peso entre os 200 g e os 20 kg.
A plumaxe destas aves é moi variada, mentres que algunhas especies son monocromáticas, outras ofrecen unha multitude de cores, salientando a dos machos.
As crías dos anseriformes son moi precoces e nacen cos ollos abertos e deseguido nadan.
Estas aves teñen membranas interdixitais nas patas, como unha adaptación ao medio acuático.
Os anseriformes son aves omnívoras que se alimentan de follas, froitos e raíces de plantas terrestres e acuáticas, e tamén de insectos, larvas e pequenos crustáceos.
Moitas das especies de anseriformes son migratorias.
O grupo inclúe algunhas especies domesticadas polo ser humano para explotación cárnica, de penuxe ou ovos. Moitas especies son consideradas especialidades gastronómicas ou cinexéticas.
Os primeiros rexistros de anseriformes no rexistro xeolóxico xorden no Eoceno de América do Norte, tendo os seus predecesores evolutivos vivido no Paleoceno. O grupo diversificouse aínda máis no Mioceno.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais lista 51 especies de anseriformes ameazadas ou en perigo de extinción. Desde principios do século XX xa se rexistrou a desaparición de cinco especies, como por exemplo Camptorhynchus labradorius. As principais causas de perigo para o grupo son a caza intensiva, a perda do hábitat, e a competencia con outras especies introducidas polo home.
Notas
editar- ↑ Kuhl., H.; Frankl-Vilches, C.; Bakker, A.; Mayr, G.; Nikolaus, G.; Boerno, S. T.; Klages, S.; Timmermann, B. & Gahr, M. (2020): "An unbiased molecular approach using 3'UTRs resolves the avian family-level tree of life". Molecular Biology and Evolution 38: 108–127.
- ↑ 2,0 2,1 Anseriformes Wagler, 1831 na BioLib. Consultada o 17 de outubro de 2022.
- ↑ F. Gill & D. Donsker (2019): "Family Anatidae", en IOC World Bird Names (versión 9.2), International Ornithologists' Union. Consultado o 17 de outubro de 2022.
- ↑ John Boyd: "Family Anatidae", en Taxonomy in Flux Checklist 2.5. Consultado o 17 de outubro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anseriformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anseriformes |
Bibliografía
editar- Josep del Hoyo, Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1992): Handbood of the Birds of the World. Vol. 1. Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
- Charles G. Sibley & Jon E. Ahlquist (1990): Phylogeny and Classification of the Birds: A Study in Molecular Evolution . New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 978-0-3000-4085-2.
Ligazóns externas
editar- Anseriformes na ADW.
- Anseriformes na EOL.