Amplitude
A amplitude é a medida escalar negativa da magnitude da oscilación, ou sexa, a magnitude da distorsión máxima no medio durante un ciclo de onda.
Ás veces esta distancia chámase amplitude pico, para diferenciala doutros conceptos de amplitude, e utilízase de xeito especial en enxeñaría eléctrica: o RMS ou amplitude raíz cadrada media, defínese como a raíz cadrada da media temporan do cadrado da distancia vertical da gráfica dende o eixo horizontal. A utilización da amplitude pico é precisa para ondas simétricas e periódicas, como unha onda sinusoidal, unha onda cadrada ou unha onda triangular. Para ondas asimétricas (pulsos periódicos nunha dirección, por exemplo), o pico de amplitude é ambiguo porque o valor obtido é distinto segundo se mida o sinal positivo máximo respecto á media, o sinal negativo máximo respecto á media ou o sinal positivo máximo respecto ó sinal negativo máximo (a amplitude pico a pico) e dividida por dous.
Para ondas complexas, especialmente sinais non repetitivos coma o ruído, utilízase a amplitude RMS xa que é inequívoca e ademais ten un significado físico. Por exemplo, a media da potencia transmitida por unha onda acústica ou electromagnética, ou por un sinal eléctrico, é proporcional ó cadrado da amplitude RMS (e xeralmente non o é ó cadrado da amplitude pico).
Hai distintos xeitos de representar matematicamente a amplitude:
Na ecuación de onda simple
é a amplitude da onda.
As unidades da amplitude depende do tipo de onda.
Para ondas nunha corda, ou nun medio coma a auga, a amplitude é o desprazamento.
A amplitude das ondas sonoras ou de son (tamén chamado volume) adoita referirse á amplitude da presión do ar na onda, aínda que ás veces refírese á amplitude do desprazamento das partículas (movementos do aire ou do diafragma do altofalante). O logaritmo da amplitude ó cadrado mídese normalmente en dB, así que unha amplitude nula corresponde a -∞ dB. O volume está relacionado coa amplitude e coa intensidade e é unha das cualidades máis importantes dun son, aínda que xeralemente os sons poden recoñecerse independentemente da amplitude.
Para radiacións electromagnéticas, a amplitude corresponde co campo eléctrico da onda. O cadrado da amplitude é proporcional á intensidade da onda.
A amplitude pode ser constante (neste caso a onda é unha onda continua) ou pode variar co tempo e posición. O xeito de variar da amplitude denomínase envoltura da onda.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amplitude |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de amplitude |
Outros artigos
editar- Ondas e as súas propiedades:
- Modulación da amplitude