A Rianxeira
"A Rianxeira" é unha canción popular galega, convertida nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa do colectivo de emigrantes ou diáspora.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Orixe
editarFoi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo, quen compuxo a música, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado ("Pinciñas"), compositor da letra. Foi estreada un ano despois polo Coro Castelao na cidade de Bos Aires, a pesar de que a súa estrea oficial data do ano 1950, co gallo da recepción de Castelao no porto de Bos Aires.
O texto orixinal ten a súa orixe en diversas variantes de cantos tradicionais de acompañamento ás procesións de adoración á Virxe de Guadalupe (patroa de Rianxo) do século XIX, que se realizan na vila de Rianxo, sendo o seu xentilicio feminino o que bautiza ao himno. Nun principio chamárona "Ondiñas da nosa ría".
O primeiro disco foi editado pola empresa RCA Victor.
Contra a segunda metade do século XX unha das versións d'"A Rianxeira", que ten por letra a que se canta no último día das festas de Guadalupe, foi popularizada por músicos de Rianxo e de emigrantes na Arxentina e Cuba, mentres que foi nos anos 1950 cando foi creada a orquestración que acadou a aceptación do público grazas ao efecto difusor da radio.
A pesar da súa orixe, o texto non é de carácter relixioso, aínda que se serve da figura metafórica da Virxe para realizar unha evocación á figura da muller galega traballadora do mar.
"A Rianxeira" é cantada con ocasión de celebracións e festividades de carácter privado, costume tamén estendido co éxito dos clubs galegos de fútbol durante os anos 90 nas manifestacións públicas deportivas.
Texto
editarA Rianxeira " 1947, orixinal "
editar
- Moito me gustas rianxeira
- que estás eiqui na Arxentina,(bis)
- verche cantare e veila-re
- coma ala na terra miña. (bis)
estribillo:
- Ondiñas veñen(bis)(bis)
- ondiñas veñen e van
- non te embarques rianxeira
- que te vas a marear.
(bis)
- Que guapa estabas rapaza
- cando che vin na ribeira,(bis)
- tiña la cara morena
- coma a virxe rianxeira. (bis)
estribillo:
- Ondiñas veñen(bis)(bis)
- ondiñas veñen e van
- non te embarques rianxeira
- que te vas a marear.'
A Rianxeira " 1952, edición modificada "
editar- A virxe de Guadalupe
- cando veu para Rianxo,
- o barquiño que a trouxo
- era de pau de laranxo.
- Ondiñas veñen
- ondiñas veñen e van
- non te embarques rianxeira
- que te vas a marear.
- A virxe de Guadalupe
- cando vai pola ribeira,
- descalciña pola area
- parece unha rianxeira.
- Ondiñas veñen
- ondiñas veñen e van
- non te embarques rianxeira
- que te vas a marear.
- A virxe de Guadalupe
- quen a puxo moreniña,
- foi a raíña de sol
- que entrou pola ventaniña.
- Ondiñas veñen
- ondiñas veñen e van
- non te embarques rianxeira
- que te vas a marear.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- A Rianxeira no programa No bico un cantar da TVG.
- A Rianxeira versión é a que a Asociación "A Moreniña", organizadora da Festa da Guadalupe de Rianxo, difunde para cantar o último día das Festas da Guadalupe coas bengalas.
- Historia da Rianxeira no sitio galespa.com.ar