1921
ano
1921 (MCMXXI) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
1921 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1921 MCMXXI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2674 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1370 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4617 – 4618 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5681 – 5682 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1976 – 1977 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1843 – 1844 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5022 – 5023 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1299 – 1300 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1340 – 1341 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2171 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- 1 de xaneiro: Nicaragua, Diego Manuel Chamorro comeza o seu mandato presidencial, caracterizado pola constante axitación.
- 2 de xaneiro: O vapor Santa Isabel vai a pique fronte a Sálvora, morrendo 213 persoas.
- 8 de marzo: España, Eduardo Dato Iradier, presidente do Consello de Ministros asasinado por anarquistas cataláns.
- 24 de setembro: Constitúese en Buenos Aires a Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.
Acontecementos de maior duración
editar- Holocausto helénico (1914-1922)
Nacementos
editar- 5 de xaneiro - Friedrich Dürrenmatt, escritor suízo.
- 8 de xaneiro - Leonardo Sciascia, escritor italiano.
- 19 de xaneiro - Patricia Highsmith, escritora estadounidense.
- 21 de febreiro - John Rawls, filósofo norteamericano.
- 28 de maio - Heinz G. Konsalik, novelista alemán.
- 8 de xuño - Edgar Morin, filósofo e político francés.
- 12 de xuño - Luis García Berlanga, director de cine español.
- 18 de xullo - Aaron T. Beck, psiquiatra estadounidense pai da terapia cognitiva.
- 29 de xullo - Chris Marker, escritor, fotógrafo e director de cine francés (n. 2012).
- 28 de agosto - Fernando Fernán Gómez, escritor, actor, guionista, director de cine e de teatro español.
- 6 de setembro - Carmen Laforet, escritora española.
- 12 de setembro - Stanisław Lem, escritor de ciencia ficción polaco.
- 26 de setembro - Cyprian Ewensi, escritor nixeriano.
- 22 de outubro - Georges Brassens, poeta e cantautor francés.
- 24 de outubro - Faustino Rey Romero, escritor galego.
- 1 de novembro - Ilse Aichinger, escritora austríaca.[1]
- 21 de decembro - Augusto Monterroso, escritor guatemalteco.
- 21 de decembro - Antón Tovar, poeta galego.
Mortes
editar- 2 de xaneiro - Emilio Bobadilla, escritor e periodista cubano.
- 8 de xaneiro - Eduardo de Torres Taboada, avogado e político galego.
- 5 de maio - Alfred Fried, periodista e pacifista austríaco, premio Nobel da Paz en 1911.
- 12 de maio - Emilia Pardo Bazán, escritora galega en lingua castelá.
- 15 de maio - Francisco Tettamancy Gastón, escritor e historiador galego (n. 1854).
- 8 de xuño - Manuel Pardo Becerra, avogado e xornalista galego.
- 13 de xuño - Gabriel Lippmann, físico francés, premio Nobel de Física en 1908.
- 23 de xuño - Venancio Vázquez López, industrial e político galego.
- 7 de xullo - Eduardo Quiroga Pérez, político galego.
- 2 de agosto - Enrico Caruso, tenor italiano.
- 23 de outubro - John Boyd Dunlop, veterinario escocés que reinventou o pneumático con cámara.
- 16 de decembro - Camille Saint-Saëns, compositor francés.
- 19 de decembro - Vicente Pérez, político liberal galego.
- 29 de decembro - Hermann Paul, lingüista alemán (n. 1846).
- Física: Albert Einstein
- Química: Frederick Soddy
- Fisioloxía ou Medicina: Non concedido
- Literatura: Anatole France
- Paz: Hjalmar Branting e Christian Lange
Notas
editar- ↑ Cunningham, John M. (3 de marzo de 2017). "Ilse Aichinger". britannica.com (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1921 |