1180
Ano
1180 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1180 MCLXXX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 1933 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 629 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3876 – 3877 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 4940 – 4941 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1235 – 1236 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1102 – 1103 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4281 – 4282 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 558 – 559 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 575 – 576 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1430 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarEuropa
editarImperio Bizantino
editar- Inicio do reinado de Alexis II Commeno, emperador bizantino (até 1183)
- Rexencia de María de Antioquía (até 1182). Aséntase sobre a colonia latina de Constantinopla e os mercenarios occidentais. Enfróntanse dous partidos: o dos gobernamentais, apoiados polos ricos e os estranxeiros, e os tradicionalistas, dirixidos por algúns nobres agrupados arredor de María, filla de Manuel e apoiada polo pobo e a igrexa, que vencerá en 1182.
- Independencia de Serbia baixo a dinastía dos Nemanxides creada por Estevo Nemanxa, que se retirará ao monte Atos en 1196.
España
editarFrancia
editar- Inicio do reinado de Filipo II Augusto, rei de Francia (até 1223. En febreiro fai apresar aos xudeus, a quen libera en troques dun rescate de 31 000 libras parisienses, e abole todas as debedas dos cristiáns con eles. O 28 de abril casa con Isabel de Hainaut, filla de Baduíno V de Hainaut. O 28 de xuño asina un tratado de axuda defensiva e ofensiva con Henrique II Plantagenet.
Sacro Imperio
editar- Frederico Barbarrosa confíscalle o ducado de Baviera a Henrique o León para entregarllo a Otón I de Wittelsbach.
Asia
editar- Apoxeo dos khmer en Camboxa.
- Na India, fin da dinastía Chalukia coa morte de Someshvara, fillo de Bijjala.
Xapón
editar- Inicio do reinado do emperador Antoku no Xapón.
- 5 de maio: chamada ás armas do príncipe Mochihito, apartado do trono do Xapón.
- Xuño: Taira no Kiyomori traslada a capital do Xapón a Fukuhara (actual Kobe. En novembro trasládaa de novo a Kyoto.
- 15 de xuño: o príncipe Mochihito foxe de Kyoto e refúxiase en Mii-dera.
- Comeza a guerra de Gempei
- 23 de xuño: primeira batalla de Uji. Os monxes do Byodo-in combaten a carón de Minamoto no Yorimasa contra os Taira, mais son vencidos. Yorimasa suicídase (seppuku) e o príncipe Mochihito é asasinado.
- Sitio de Nara: os Taira préndenlle lume aos templos e mosteiros para se vingar da participación dos monxes.
- 14 de setembro: Batalla de Ishibashiyama, primeira batalla de Minamoto no Yoritomo contra os Taira. Derrota de Yoritomo.
- Outubro: Yoritomo establece os seus cuarteis xerais en Kamakura, no leste do Xapón, e lanza de novo as hostilidades.
- 9 de novembro: Batalla de Fujigawa. Os Taira confunden unha bandada de paxaros acuáticos cun ataque sorpresa dos Minamoto durante a noite e retíranse sen combater, concedéndolle así unha vitoria inesperada a Yorimoto.
Arte e cultura
editar- Frescos da bóveda e muros da basílica de Santo Isidoro de León.
Nacementos
editar- Pedro Cardenal, trobador occitano (-1278)
- Francisco de Asís, relixioso italiano fundador da Orde dos franciscanos (-1226)
- Odón II do Condado de Borgoña, conde de Borgoña (m. 1234).
Mortes
editar- Lois VII de Francia, sexto rei de Francia da dinastía dos Capetos (1120-).
- Manuel I Comneno, emperador bizantino (1118).
- Bernat de Ventadorn, trobador provenzal (n. ca. 1150).
Outros
editar- Iníciase a construción da nave de Notre-Dame de París (rematada en 1200).
- Invención do arcobotante.
- Incoherencia da incoherencia, do filósofe andalusí Averroes.
- Maimónides escribe no Cairo a Mishne-Torah ("A repetición da Lei").
- O monxe Alexandre Neckam menciona a agulla de marear.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1180 |
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |