Toreno
Toreno é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 3.595 habitantes (INE 2012). Está situado a 108 quilómetros de León, a través de Bembibre e a 23 quilómetros de autovía (CL-631) de Ponferrada.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Capital | Toreno | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.898 (2023) (27,99 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 103,53 km² | |||
Altitude | 659 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Xoán o Bautista | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Vicente Mirón Vázquez | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24450 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 24169 | |||
Páxina web | toreno.net |
Xeografía
editarA localidade de Toreno atópase no val do Sil, que divide o territorio en dúas metades. Caracterízase pola súa xeografía accidentada, xa que está arrodeado de outeiros e montañas, entre os que destacan "La Gándara" e "El Castro". Con 1721 msnm, o cumio de Gistreo é a altitude máxima do concello, mentres que a mínima é de 610 msnm e atópase nos arredores de Santa Marina del Sil, no val do río e limitando coa localidade veciña de Cubillos del Sil.
Aínda que o Sil é o principal curso de auga, son numerosos os ríos e regatos que atravesan o concello. Os máis importantes por extensión e caudal son o río Primout, o regato Velasco, o río Castro e o río de Villar.
Localidades
editar- Librán
- Matarrosa del Sil
- Pardamaza
- Pradilla
- San Pedro Mallo
- Santa Leocadia
- Santa Marina del Sil
- Tombrio de Abajo
- Tombrio de Arriba
- Toreno
- Valdelaloba
- Villar de las Traviesas
Demografía
editarA poboación da localidade é de 2.057 habitantes, chegando a 3.595 na totalidade do concello.[1] A súa demografía está moi influenciada polos concellos veciños. Toreno rexistrou un bo aumento de poboación na primeira metade do século XX por mor do auxe na actividade mineira. Nos anos 60, o peche das explotacións e as carboeiras da localidade fixo que moitos traballadores se tiveran que desprazar a outros puntos da mesma conca ou abandonasen a comarca. Na actualidade sofre unha gran perda demográfica en beneficio de Ponferrada e outras cidades do estado.
Evolución da poboación do concello de Toreno dende 1920 até 2012:
Ano | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2012 | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 2.757 | 2.855 | 3.283 | 4.151 | 6.948 | 6.139 | 5.184 | 4.481 | 4.417 | 3.806 | 3.595 | ||
Fonte: Instituto Nacional de Estadistíca |
Clima
editarO clima de Toreno está determinado pola asociación da influencia océanica e mediterránea, que lle confire o microclima temperado e húmido típico berciano.
Festas
editar- 4 de decembro — Santa Bárbara, patroa dos mineiros. Festivo en todo o concello.
- Toreno — 24 de xuño, Xoán Bautista
- Barrio de Torenillo— 28 de xuño, San Pedro
- Matarrosa del Sil — 8 de maio, Arcanxo Miguel
- Tombrio de Abajo — 4 de agosto, Domingos de Guzmán
- Tombrio de Arriba — 25 de xullo, Santiago o Maior
- Villar de las Traviesas — 25 de xullo, Santiago o Maior
- Librán — 25 de xullo, Santiago o Maior
- Santa Marina del Sil — 18 de xullo, Santa Mariña
- Pradilla — 21 de xullo, María Magdalena
- Valdelaloba — 7 de agosto, San Mamede
- San Pedro Mallo — 29 de xuño, San Pedro
- Santa Leocadia — 15 de setembro, Santo Cristo
- Pardamaza — 16 de agosto, San Roque
Monumentos de interese
editar- Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista.
- Picota Medieval.
- Casa dos Escribáns.
- Ponte romana.
- Castro romano.
- Pazo do Conde de Toreno.