[go: up one dir, main page]

LDR

Revisión feita o 13 de abril de 2011 ás 04:48 por Luckas-bot (conversa | contribucións) (r2.7.1) (bot Engadido: hr:Fotootpornik)

LDR (do inglés Light Dependent Resistor ou en galego Resistor Variábel Conforme a Incidencia Da Luz) é un tipo de resistor cuxa resistencia varía conforme a intensidade da radiación eletromagnética do espectro visíbel que incide sobre el.

LDR.

Un LDR é un transdutor de entrada (sensor) que converte a (luz) en valores de resistencia. Está feito de sulfato de cadmio (CdS) ou selenito de cadmio (CdSe). A súa resistencia diminúe cando a luz é moi alta, e cando a luz é baixa, a resistencia no LDR aumenta. Un multímetro pode ser usado para atopar a resistencia na escuridade ou na presenza de luz intensa. Estes son os resultados típicos para un LDR padrón:

  • Escuridade : resistencia máxima, xeralmente por riba de 1 M ohms.
  • Luz moi brillante : resistencia mínima, aproximadamente 100 ohms.

Por motos anos o LDR máis común foi o ORP12, mais nos últimos anos, o modelo NORP12 tornouse común. O NORP12 posúe un diámetro de aproximadamente 13 mm. Tamén hai LDRs menores disponíbeis no mercado, existen tipos onde o diámetro é de aproximadamente 5 mm. Un LDR é sensibel das faixas: Infravermello (IR), Luz visíbel e Ultravioleta (UV) Un LDR pode ser soldado de maneira simple xa que non se requere ningunha precaución especial para facelo. Simplemente débese estar atento co quecemento excesivo, como con calquera outro compoñente.

O LDR é frecuentemente utilizado nas chamadas fotocélulas que controlan o acendemento de postes de iluminación e luces en vivendas. Tamén é utilizado en sensores fotoeléctricos así como fotodiodos.

Véxase tamén

Outros artigos