Kevin Keegan
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Joseph Kevin Keegan, oficial do Imperio Británico, nado o 14 de febreiro de 1951 en Armthorpe (Yorkshire Sur)[1] é un exfutbolista e adestrador inglés, e un dos seus mellores xogadores de tódolos tempos.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1951 (73 anos) Armthorpe, Reino Unido (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Mighty Mouse | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 173 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 73 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Inglaterra | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Eurocopa de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1982 | Mundial de Fútbol España 1982 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1980 | Eurocopa de Fútbol Italia 1980 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xogador
editarKeegan foi rexeitado polo club local Doncaster Rovers, mais puido fichar por outra escuadra, o Scunthorpe United. Chegou a xogar 120 encontros ata que marchou cara ao Liverpool, no verán de 1971.[1]
En agosto dese ano, debuta co Liverpool nun encontro contra o Nottingham Forest no estadio de Anfield. Comezou a destacar coma un goleador rápido e incisivo.
En 1972 xoga o seu primeiro encontro coa selección inglesa.
En 1973 gaña o seu primeiro título, cun Liverpool que tiña unha das mellores parellas atacantes de campionato, o propio Keegan e John Toshack. Ese ano tamén gañarían a Copa da UEFA, vencendo na final ao Borussia Mönchengladbach.
Ao ano seguinte non puido repeti-lo título de Liga, debido á incrible tempada que fixo o Leeds United, o cal estivo vinte e nove encontros sen coñece-la derrota. De tódolos xeitos o equipo fíxose coa FA Cup vencendo por 3-0 ó Newcastle con dous goles de Keegan.
1975 foi un ano sen títulos para Keegan co Liverpool, e amais diso, a selección inglesa, onde xa era indiscutible, non se deu clasificado para a Eurocopa de Fútbol 1976. En 1977 Keegan foi parte fundamental do Liverpool que gañou a Liga e a Copa de Europa. Ese mesmo ano anuncia a súa marcha do equipo, xa que quería probar sorte nunha escuadra estranxeira.
Cun total de 100 goles en 323, abandona o Liverpool e entre as ofertas que recibe, acepta unha do Hamburger SV. No Hamburgo, Keegan convértese nunha estrela de fama mundial, gaña dúas veces o Balón de Ouro e chegan á final da Copa de Europa en 1980 que perden contra o Nottingham Forest. Ese mesmo ano xoga coa selección a Eurocopa de Fútbol 1980, disputada en Italia, sendo o capitán do equipo. Unha vez rematado o torneo volta a Inglaterra para xogar co Southampton.
Unha inoportuna mancadura impídelle xogar algo máis ca uns minutos no Mundial 82, a única copa do mundo que chegou a disputar. Pouco despois a chegada de Bobby Robson ó cargo de seleccionador puxo fin á súa carreira internacional, xa que non volveu a ningunha convocatoria. Así, remataba cun total de 63 encontros, 31 deles coma capitán e 21 goles anotados.
A derradeira camisola que vestirá como xogador será a do Newcastle United onde ficará dúas tempadas, xogando 78 encontros e anotando 48 goles, axudando ao equipo a retornar á primeira división da liga inglesa. Keegan anuncia o seu retiro a finais da tempada 1983-84.
Adestrador
editarNewcastle
editarEn febreiro de 1992, tras oito anos de retiro en España, Keegan volta ao mundo do fútbol coma adestrador do Newcastle United.
A escuadra estaba por aquel entón na First División, o equivalente á segunda división. Mais baixo a súa dirección conseguen o ascenso en 1993.
En 1994 lle é asignado o posto de Director deportivo, ó que renunciaría en 1997
Nesta etapa chegaron a ser subcampións de liga, e facían un xogo espectacular con xente coma o veterano Peter Beardsley ou o dianteiro Alan Shearer.
Fulham
editarCando marcha do Newcastle, o seu destino é o Fulham, onde se fai cargo da dirección técnica da escuadra, sendo o adestrador Ray Wilkins. Cando este é despedido en 1998 o propio Keegan faise cargo do equipo. En 1999 logran o ascenso, mais deixa o club para dirixir á selección inglesa
Selección Inglesa
editarKeegan foi nomeado novo seleccionador inglés en febreiro de 1999, mais non logrou grandes cousas. Na única competición oficial que disputou, a Eurocopa de Fútbol 2000, Inglaterra non pasou da fase dos grupos.
Finalmente dimitiu en outubro de 2000.
Manchester City
editarÉ nomeado adestrador do Manchester City en maio de 2001. Keegan ficha xogadores con experiencia internacional coma Stuart Pearce, Eyal Berkovic ou Ali Benarbia. No seu primeiro ano son campións da Division One e ascenden á Premier league. Na tempada seguinte conseguen o noveno posto na liga, moi boa posición para un acabado de ascender. A tempada 2003-04 sería problemática, ó ter unha disputa co centrocampista Eyal Berkovic, que rematou co xogador fóra do club, e parte dos seareiros alporizados con Keegan por este feito. O City rematou en dezaseisavo posto aquel ano.
Finalmente en marzo de 2005 Keegan sería cesado do cargo.
Premios
editarKeegan é membro do English Football Hall of Fame
Títulos
editarXogador
editarLiverpool
editarCampión
- 1972/73 Premier League
- 1972/73 Copa da UEFA
- 1973/74 FA Cup
- 1974/75 Charity Shield
- 1975/76 Premier League
- 1975/76 Copa da UEFA
- 1976/77 Charity Shield
- 1976/77 Premier League
- 1976/77 Copa de Europa
Subcampión
- 1973/74 Premier League
- 1974/75 Premier League
- 1976/77 FA Cup
Hamburger SV
editarCampión
- 1978/79 Bundesliga
Subcampión
- 1979/80 Bundesliga
- 1979/80 Copa de Europa
Adestrador
editarNewcastle United
editarSubcampión
- 1995/96 Premier League
- 1996/97 Charity Shield
- 1996/97 Premier League
Citas
editar- "En certo modo unha cambra é pero que unha perna rota"
- Sobre Emile Heskey: "El emprega a súa forza, e esa é a súa forza, a súa forza"
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Southampton’s Cult Heroes" de Jeremy Wilson