cadea
Aparencia
- Etimoloxía: do latín catēna, con sonorización de oclusiva dental intervocálica e síncope de nasal alveolar intervocálica.
- Pronuncia: /kaˈðea̝/ (AFI)
cadea (sg: cadea; pl: cadeas)
- Obxecto constituído por unha serie de elos ou aneis, xeralmente metálicos, enlazados entre si, entre as que se poden distinguir varios tipos particulares segundo o seu uso.
- Sucesión de feitos ou fenómenos relacionados entre si.
- (Xeografía) Sucesión de montañas.
- Sinónimos: cordal, cordilleira, serra.
- Conxunto de máquinas e instalacións que fan pasar o traballo dunha a outra.
- Sinónimos: cadea de montaxe.
- Conxunto de empresas co mesmo nome que teñen o mesmo propietario.
- Emisión radial ou televisiva conxunta dun mesmo programa.
- Termos relacionados: canle.
- Equipo musical composto de módulos independentes que poden ser reunidos nun único conxunto.
- Sinónimos: cadea musical.
- Edificio onde penan os presos.
- (Química) Dous ou máis átomos (ou moléculas) ligados en secuencia.
- (Informática) Conxunto de elementos do mesmo tipo en disposición linear.
- (Carro) Traveseiro do chedeiro do carro.
- Véxase tamén: Apéndice: Partes do carro. Vexa o artigo «carro» na Galipedia..
Termos relacionados
Traducións
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do latín
- Sonorización de oclusiva dental intervocálica
- Síncope de nasal alveolar intervocálica
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Substantivos femininos en galego
- Xeografía en galego
- Química en galego
- Informática en galego
- Carro en galego