[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

afectar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego

Verbo transitivo

afectar

  1. Ter aplicación ou incidir en.
    • Exemplo: A nova lei aféctao directamente

      .
  2. Causarlle a alguén unha dolorosa impresión.
    • Exemplo: A morte do amigo afectouno moito

      .
  3. Producir un efecto prexudicial en.
    • Exemplo: O exceso de chuvias afectou as terras de toda a zona

      .
  4. Amosar falsamente unha calidade, unha maneira de ser, etc.
    • {{exemplo|Afecta sinceridade.
  5. Finxir, dar a entender o que non é.
    • Exemplo: Afectar celo, Afectar ignorancia

      .
  6. Dito dunha cousa, facer impresión en alguén, causando nel algunha sensación.
  7. Menoscabar, prexudicar, influír desfavorabelmente.
  8. Producir alteración ou mudanza en algo.
  9. Dito dunha enfermidade ou dunha praga, producir ou poder producir dano nalgún órgano ou a algún grupo de seres viventes.
  10. (Dereito) Impoñer gravame ou obriga sobre algo, suxeitándoo o dono á efectividade de alleo dereito.
    • Exemplo: Teñen que afectar os gastos ao exercicio correspondente

      .
  11. (Dereito) Destinar unha suma o un ben a un gasto ou finalidade determinados.
  12. (Dereito) Destinar bens ou dereitos a un uso ou servizo público.

Observacións

Verbo intransitivo

    • Exemplo: As novas tarifas aféctanlles aos usuarios de autobús

      .
    • Exemplo: Aféctanlle todos os problemas relacionados coa fame no mundo

      .
    • {{exemplo|Esas pastillas aféctanlle ao estómago.