Teito
Teito[1] (do latín tectum e este á súa vez do verbo tegere con significado de recubrir, cubrir, protexer.) é en construción, a superficie interior, xeralmente horizontal, por riba dos límites superiores das paredes dun cuarto (ou outro habitáculo: un coche por exemplo). A parte exterior, tamén denominada teito, adoita porén recibir o nome de cuberta (tellado), que é a que leva a parte estrutural (estrutura de cuberta).
O teito non é polo xeral un elemento estrutural (agás no caso das bóvedas en arquitectura culta), senón máis ben un acabado de superficie (plafón) que oculta a parte inferior do piso ou da estrutura que existe por riba. A vivenda tradicional galega adoitaba ter o teito constituído directamente pola estrutura de madeira do sollado (forxado) ou da estrutura da propia cuberta (trabes, cangos e cubrición). Pola contra moitas veces, especialmente en construcións máis coidadas, coma casas grandes e pazos a estruturas cubríanse cun teito ou plafón formado por pequenas lamelas de madeira cubertas cunha camada de cal.
Dependendo do fin e tipo de construción, o teito pode ser deseñado e construído de diversas formas e cunha variedade de materiais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=teito&sinom=0&homonimo= |título=Nome galego no Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=17 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160306060339/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=teito&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=06 de marzo de 2016 |urlmorta=yes }}
- PALAIA PÉREZ, Liliana (2005). Vocabulario básico de construcción arquitectónica. Ed. Univ. Politéc. Valencia. ISBN 84-9705-884-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de teito |