Yolanda Castaño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1977 (47 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, tradución, xornalismo de opinión e Galician poetry (en) |
Lugar de traballo | A Coruña |
Ocupación | poetisa, crítica literaria, tradutora, escritora, pintora, xornalista de opinión |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
| |
Páxina web | yolandacastano.com |
Yolanda Castaño Pereira, nada en Santiago de Compostela o 19 de abril[1] de 1977, é unha poeta galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Yolanda Castaño trasladouse en 1990 á Coruña. Na Universidade da Coruña rematou Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer xa na adolescencia, a través de premios de poesía menores. Con 17 anos, grazas ó Premio de poesía Fermín Bouza Brey de 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995). Ademais, obtivo o Premio de poesía Johán Carballeira por Vivimos no ciclo das Erofanías, que tamén foi Premio da Crítica Española en 1998.[3]
Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e formou parte do equipo directivo de Letras de Cal, unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos. Xunto a Olga Novo, codirixiu a revista de artes Valdeleite.
En 2023 gañou o Premio Nacional de Poesía polo seu libro Materia.
Actividades
[editar | editar a fonte]Yolanda está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, a música ou o audiovisual. Publicou co pintor Antón Sobral o catálogo de pintura Venecia. O Vicio da Beleza (2000). Ese mesmo ano, baixo o título Edénica, viu a luz unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior, acompañada dun CD no que cantaba versións musicadas dos seus poemas.
O libro da egoísta (2003) foi número 1 en vendas de libro galego durante varias semanas, con moi boas críticas. Respecto a este poemario, dirixiu e produciu O video da egoísta, un videopoema que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual. Este proxecto resultou gañador do festival de curtametraxes do Concello de Santiago de Compostela Curtocircuíto 2004, na sección de videocreación. Foi guionista, directora e presentadora na TVE-Galicia de Mercuria, un programa sobre vangardas artísticas galegas.[4] Foi nomeada pola Academia Galega do Audiovisual na categoría "Mellor Comunicador de TV" en 2004, galardón que obtivo finalmente en 2005. Amais, colaborou como experta en letras no concurso da TVG Cifras e letras, dende o 13 de febreiro de 2006 até o 20 de setembro de 2011, xunto con Jorge Mira, o experto en cifras.
En colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña desenvolve desde 2009 o ciclo Poetas Di(n)versos, con recitais conxuntos de poetas de Galiza e doutras linguas.
Polémica con Aduaneiros
[editar | editar a fonte]O 16 de outubro de 2007 foi protagonista dunha polémica co blog de humor gráfico galego Aduaneiros sem fronteiras. Yolanda Castaño solidarizárase con Isaac Díaz Pardo pola súa marcha de Sargadelos. Pouco despois aceptou un posto na Coruña traballando para Sargadelos[5].
Tras a solicitude do avogado da autora para que a páxina retirase un deseño nomeado Tu quoque Iolanda? e os comentarios con palabras malsoantes a xeito de insulto (segundo a propia poeta, "uns 4 ou 5, [...] dos 80 e pico comentarios")[6] os responsábeis da páxina decidiron pechala antes de cumpriren coa solicitude e como protesta por non poderen facer autocrítica do país.[7][8]
Obra
[editar | editar a fonte]Ten participado en volumes colectivos, como o libro-CD Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), Alguén agarda que volva alí (1998), Diálogos na casa de Rosalía (2002), Outro mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra (2002), O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002), O libro dos abanos (Palabras no aire) (2002), Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003), Catálogo do Primeiro Encontro de Arte e Natureza no Castelo de Soutomaior (2003), Camiño de Santiago. Luz e vida (2003) e Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2004).
Tamén aparece a súa obra nas antoloxías galegas Para saír do século. Nova proposta poética (Xerais, 1997), Mulher a facer vento (Tema, Lisboa, 1998), Río de son e vento (Xerais, 1999), dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999), Novas voces da poesía galega. Recital (Culturagalega.org, 2000), 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002), Elas.3 (2004) ou Das sonorosas cordas (Eneida, 2005). Tamén ten participado nas estatais Milenio (SIAL, 1999), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (DVD, 2001) e Mujeres de carne y verso (La Esfera, 2002).
Como poeta, e tamén como crítica literaria, ten colaborado en numerosas publicacións periódicas, entre elas La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo, Quimera, Festa da Palabra Silenciada, La Flama en el Espejo, Dorna, Hablar/Falar de Poesía, Ólisbos, Clave Orión, A Xanela, Elipse, Enclave, Casa da Gramática, Boletín Galego de Literatura, Caleta, O máximO ou BALDER.
Publicacións individuais
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Elevar as pálpebras (1995). Culleredo: Espiral Maior. 52 páxs. ISBN 9788488137470.
- Delicia (1998). Culleredo: Espiral Maior. ISBN 978-84-89814-38-7.
- Vivimos no ciclo das Erofanías (1998). Culleredo: Espiral Maior. 56 páxs. ISBN 9788489814578. Traducida ao castelán no 2000, en Huerga & Fierro, co título Vivimos en el ciclo de las Erofanías.[9]
- Edénica (2000). Culleredo: Espiral Maior. Libro + CD. ISBN 9788489814905.
- O libro da egoísta (2003). Vigo: Editorial Galaxia, col. Dombate. 72 páxs. ISBN 978-84-8288-602-2. Edición bilingüe galego-castelán no 2006, publicada en Visor.[10]
- Profundidade de campo (2007. Culleredo: Espiral Maior. 56 páxs. ISBN 978-84-96475-59-5. Traducida ao castelán como Profundidad de campo, Visor, Madrid 2009).[11]
- Erofanía. Triloxía poética (1995-1998) (2009). Espiral Maior. 132 páxs. ISBN 9788492646180.
- A segunda lingua (2014. PEN Clube de Galicia. Traducida ao castelán na edición bilingüe publicada por Visor no 2014, co título La segunda lengua.[12]
- O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético (2018). Vigo: Xerais. 112 páx. ISBN 978-84-9121-436-6.[13]
- Idioma de tinta. Lingua dell'inchiostro (2018, Squiliibri). Audiolibro poético, ISBN 978-8885571129. Con música de Isaac Garabatos. Edición bilingüe en galego e italiano.
- Materia (2022). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-137-0. ePub: ISBN 978-84-1110-130-1.[14]
Literatura infantil e xuvenil
[editar | editar a fonte]- Punver (2006). Vigo: Galaxia. 28 páxs. ISBN 978-84-8288-960-3.
- Cando eu saiba ler (2009). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Xosé Tomás. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-171-3.
- Punver de volta (2009). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Eduardo Hermida. 36 páxs. ISBN 978-84-9865-247-5.
- Verdedades (2012). Biblos Clube de Lectores. ISBN 9788415086376.
- Coller as rendas (2015). Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-9914-806-9.
- Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias (2021). Vigo: Xerais, Merlín. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-902-6.
- Planeta, planeta (2021). Vigo: Baía Ed. Ilustracións de Xosé Tomás. ISBN 978-84-9995-380-9.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Economía e poesía. Rimas internas (2024). Vigo: Galaxia. 206 páxs. ISBN 978-84-1176-249-6.[15]
Cómic poético
[editar | editar a fonte]- O puño e a letra (2018).[16] Vigo: Xerais. 112 páxs. Libro que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego se podería traducir por «Cómic Poético».[17]
Traducións
[editar | editar a fonte]- Con barqueira e remador (2013). Deputación de Pontevedra.
- Tonino, de Miguel Salas (2013). Oqo.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (Padroado Rosalía de Castro, 1997).
- Para saír do século, Nova proposta poética (Xerais, 1997).
- Alguén agarda que volva alí (1998).
- Mulher a fazer vento (Tema, Lisboa, 1998).
- Río de son e vento (Xerais, 1999).
- dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999).
- Milenio (Sial, 1999).
- Novas voces da poesía galega: recital (Consello da Cultura Galega, 2000).
- Manuel María (Ophiusa, 2001).
- Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (DVD, 2001).
- XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002).
- Diálogos na casa de Rosalía (2002).
- O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002, Deputación de Pontevedra).
- O libro dos abanos (Palabras no aire) (Follas Novas, 2002).
- 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002).
- Mujeres de carne y verso (La Esfera, 2002).
- Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (Consello da Cultura Galega, 2003).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
- Elas 3: antoloxía poética (Unión Comarcal de CCOO de Vigo, 2004).
- Xela Arias, quedas en nós (Xerais, 2004).
- Das sonorosas cordas (Eneida, 2005).
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (Espiral Maior, 2006).
- O desafío das ondas (Autoridade Portuaria da Coruña, 2006).
- Do máis fondo do silencio saen voces (Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña, 2006).
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006).
- Vanakkam. Benvidas (Implicadas no Desenvolvemento, 2007).
- A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (Xerais, 2008).
- Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010).
- Pel con pel (Galaxia, 2010).
- Cociñando ao pé da letra (2011). Vigo: Galaxia. Coeditora, xunto á fotógrafa Andrea Costas. 184 páxs. ISBN 978-84-9865-352-6.[18]
- Tamén navegar (Toxosoutos, 2011).
- Babelia en galego (Deputación de Pontevedra, 2011).
- A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012).
- Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas (Apiario, 2014).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega, 2015).
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de poesía Fermín Bouza Brey no 1994, por Elevar as pálpebras.
- Premio de poesía Johán Carballeira no 1998, por Vivimos no ciclo das Erofanías.
- Premio da Crítica española no 1998, por Vivimos no ciclo das Erofanías.
- XV Premio Espiral Maior de Poesía no 2007, por Profundidade de campo.
- Mención de honor no Premio Arume de poesía para nenos/as da Fundación Xosé Neira Vilas no 2011, por Verdedades.
- Premio de poesía Novacaixagalicia no 2013, por A segunda lingua.
- Premio Irmandade do Libro á autora destacada do 2014.
- XXI Premio de poesía Miguel González Garcés da Deputación da Coruña no 2022 por A falsa autónoma.[19]
- Premio da Crítica de poesía galega 2022 por Materia.[20]
- Premio Nacional de Poesía 2023 por Materia.[21][22]
- Premio Cultura Galega das Letras 2023.[23]
- Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por Economía e Poesía: rimas internas, 2023.[24]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Yolanda Castaño Arquivado 14 de outubro de 2012 en Wayback Machine. na IMDb.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-03.
- ↑ Herranz, Beatriz (28 de febreiro de 2001). "Vivimos en el ciclo de las erofanías". elcultural.com (en castelán). Consultado o 23-6-2020.
- ↑ "Editorial Galaxia Yolanda Castaño". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2022. Consultado o 2022-06-03.
- ↑ O blogue Aduaneiros Sem Fronteiras bota o peche, Código Cero.
- ↑ "Sorprendeulles aos Aduaneiros que me molestase que me insulten?", Vieiros, novembro de 2007.
- ↑ Una web cierra por una caricatura y los comentarios sobre Yolanda Castaño
- ↑ Os Aduaneiros botan o fecho
- ↑ Xolda.com. "Vivimos en el ciclo de las erofanías". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-24.
- ↑ "Ficha en Bitraga. Biblioteca de tradución galega". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-24.
- ↑ "Profundidad de campo". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-24.
- ↑ "La segunda lengua". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-24.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ Porto, Lorena (xullo, agosto, setembro 2022). "De materia mística". Grial LX (235): 82–83. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Economía e poesía. Rimas internas". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-11.
- ↑ "Yolanda Castaño inaugura o “cómic poético” para a literatura galega". Sermos Galiza. 5 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2018. Consultado o 06 de novembro de 2018. Arquivado 06 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-03.
- ↑ "Editorial Galaxia Cociñando ao pé da letra". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-06-03.
- ↑ O Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña outorgado a Yolanda Castaño
- ↑ Diario, Nós (2023-04-28). "Yolanda Castaño e Brais Lamela fanse cos Premios Nacionais da Crítica". Nós Diario. Consultado o 2023-04-28.
- ↑ "Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023". elDiario.es (en castelán). 27 de setembro de 2023 [actualizado o 28 de setembro de 2023]. Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ Redacción (27 de setembro de 2023). "Yolanda Castaño, representante de la nueva poesía gallega, gana el Premio Nacional de Poesía". elpais.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ Os Premios da Cultura Galega recoñecen Yolanda Castaño e Ponte... nas Ondas!
- ↑ "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. 2023-12-14. Consultado o 2023-12-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yolanda Castaño |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Yolanda Castaño na Biblioteca Virtual Galega.
- Perfil en As escollas electivas
- Francisco Rozados (12 de xuño de 2013). ""Yolanda Castaño", entrevista". Noticieiro Galego.
- Alumnado do IES Manuel García Barros (21 de xaneiro de 2013). "Yolanda Castaño, entrevista". As nosas letras. Literatura Galega do s. XX. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014.
- Montse Dopico (27 de novembro de 2018). "Yolanda Castaño: «Non quero unha poesía isolada e volta cara si, senón contaminada de vida, de mundo e doutros códigos»". Praza Pública.