Xosé Monteagudo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Monteagudo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1965 (59 anos) Santa Xusta de Moraña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, funcionario |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Xosé Monteagudo Folgar, nado en Santa Xusta (Moraña)[1] o 1 de xaneiro de 1965, é un funcionario e escritor galego[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como técnico de Facenda na Axencia Tributaria de Pontevedra. Alén da súa faceta como narrador, imparte obradoiros literarios sobre narrativa e exerce a crítica literaria na revista Grial. Forma parte, como secretario, do Padroado da Fundación Euseino?
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- As voces da noticia (2002). Galaxia. ISBN 978-84-8288-589-6. Segundo a editora: "autor sérvese de transcricións de fitas magnetofónicas, correos electrónicos, entrevistas e mesmo actas xudiciais para tecer unha narración na que as voces dos protagonistas reflicten cadansúa percepción dos acontecementos".[3]
- Esta historia (2006). Galaxia. ISBN 978-84-8288-910-8. É unha biografía xuvenil baseada nas lembranzas da universidade.
- Un tipo listo (2009). Galaxia. ISBN 978-84-9865-222-2.
- O curioso mundo das persoas normais (2012). Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-459-2. Conta a historia dun home que pasa toda a vida pechado no cuarto dun hospital.[4] Foi traducida ao castelán.[5]
- Todo canto fomos (2016) Galaxia.[6] 534 páxs. ISBN 978-84-9865-695-4.[7] Empezou a escribir partindo da imaxe dun fillo que está en Londres e perde a súa nai. Chega a Galicia e atopa uns papeis antigos que contan historias.[8]
- Eternity (2021). Galaxia. 198 páxs. ISBN 978-84-9151-769-6.[9]
- Vémonos mañá (2023). Vigo: Xerais. 296 páxs. ISBN 978-84-1110-238-4. ePub: ISBN 978-84-1110-250-6. Unha novela baseada na historia real de Josefina Arruti e de Bibiano F. Osorio-Tafall.[10][11][12]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- "A ficción narrativa na literatura actual: da escritura á lectura", in Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 14, novembro de 2016, Vigo: Euseino? Editores.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Ediciós do Castro.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia.
Premios
[editar | editar a fonte]- Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo no 2001, por O engado do triángulo.[13]
- Premio Blanco Amor no 2002, por As voces da noticia.
- Premio García Barros no 2009, por Un tipo listo.
- Premio á mellor obra narrativa da II Gala do Libro Galego no 2017, por Todo canto fomos.
- Premio San Clemente Rosalía-Abanca en 2017, por Todo canto fomos.
- XV Premio Narrativa Breve Repsol en 2021, por Eternity.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xosé Monteagudo". www.aelg.gal. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ "Galaxia de autores". web.archive.org. 2009-12-11. Archived from the original on 11 de decembro de 2009. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ "O curioso mundo das persoas normais". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ "El curioso mundo de las personas normales". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07.
- ↑ Lema, Carlos (2016). "Sobre "Todo canto fomos" e a actualidade do xénero da novela". Grial. Revista galega de cultura.
- ↑ Nicolás, Ramón (2016-11-05). "Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo". Caderno da crítica. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ "Xosé Monteagudo desvela en el aula los secretos de su novela". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-01-13. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ Leis García, Lidia (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Novas eternidades". Grial LX (233): 105–106. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-12.
- ↑ Diario, Nós (2023-01-25). "'Vémonos mañá', ficción e verdade nunha historia real". Nós Diario. Consultado o 2023-01-25.
- ↑ Nicolás, Ramón (2023-03-25). "Vémonos mañá, de Xosé Monteagudo". Caderno da crítica. Consultado o 2023-03-25.
- ↑ "Xosé Monteagudo". euseino.org. 2016-11-29. Consultado o 2019-01-30.
- ↑ Diario, Nós. "Xosé Monteagudo gaña o 'XV Premio Narrativa Breve Repsol' con 'Eternity'". Nós Diario. Consultado o 2021-10-06.