Voo 200 de Garuda Indonesia
Voo 200 de Garuda Indonesia | |
---|---|
O avión accidentado con outra aeroliña
| |
Resumo | |
Data | 7 de marzo de 2007 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | aeroporto Adisutjipto |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Soekarno-Hatta |
Destino | aeroporto Adisutjipto |
Finados | 21 |
Feridos | 112 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 737-497 |
Operador | Garuda Indonesia |
Rexistro | PK-GZC |
Pasaxeiros | 133 |
Tripulación | 7 |
Superviventes | 119 |
O voo 200 de Garuda Indonesia era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre Iacarta e Yogyakarta, Indonesia.[1] O día 7 de marzo de 2007 o Boeing 737-400 que operaba a ruta saíuse da pista, esnafrouse nun campo de arroz e estoupou mentres aterraba no aeroporto Adisucipto. 20 pasaxeiros e un tripulante morreron. Os dous pilotos conseguiron sobrevivir.[2]
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello era un Boeing 737-497, con rexistro PK-GZC, que operara con outras aeroliñas antes de ser mercado por Garuda Indonesia.[3] O avión acumulara máis de 35 200 horas de voo en 37 300 ciclos dende o seu primeiro voo en 1992.[4]
Tripulación
[editar | editar a fonte]O capitán era Muhammad Marwoto Komar, de 44 anos, que traballara en Garuda Indonesia durante máis de 21 anos. Tiña acumuladas 13 421 horas de voo, incluídas 3 703 horas no Boeing 737. O primeiro oficial era Gagam Saman Rohmana, de 30 anos, que levaba na aeroliña tres anos e tiña 1 528 horas de voo, das cales 1 353 eran no Boeing 737.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Indonesia crash survivors describe ordeal". swissinfo. 2007-09-30. Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o 2019-01-19.
- ↑ "Information on passengers of GA200". Garuda Indonesia. 2007-03-09. Archived from the original on 09 de marzo de 2007. Consultado o 2019-01-19.
- ↑ "PK-GZC Garuda Indonesia Boeing 737-400". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2019-01-19.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 737-497 PK-GZC Yogyakarta-Adisutjipto Airport (JOG)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-19.