[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Vidzeme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVidzeme
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°15′N 25°30′L / 57.25, 25.5
EstadoLetonia Editar o valor en Wikidata

Vidzeme, (en Lingua livonia: Vidumō) tamén coñecida en alemán polo nome de Livlan, na versión latinizada, Livonia, pese a que esta rexión só correspondería coa metade da histórica Livonia Sueca, é unha das catro rexións históricas e culturais de Letonia que recoñece a Constitución letoa. Mais hoxe en día non exerce funcións administrativas, soamente funcións estatísticas e de recollida pública de datos. É a rexión central e nororiental ao norte do río Daugava. O seu nome en letón significa literalmente "a Terra do medio". Ten unha superficie de 14,973 km², e en 2021, tiña unha poboación de 180 454 habitantes e unha densidade de 12,05/km².[1]

Esta foi unha rexión historicamente dominada pola nobreza xermano-báltica e segue unha fe luterana dende entón. Como parte do Imperio Ruso foi designada como a Gobernatura de Livonia chegando a estar entre as 3 rexións máis industrializadas na posterior etapa soviética.[2] Investigadores europeos confirmaron que na etapa entre o 2000 e 2007 a rexión, usando fondos públicos europeos, conseguiu recuperar a totalidade das terras de cultivo abandonadas tras a independencia da Unión Soviética, situando a Vidzeme como a rexión máis activa economicamente de Letonia.[3]

Demografía

[editar | editar a fonte]

A evolución demográfica recente dos seus distritos é a seguinte:[1]

2000 2011 2021
Alūksnes 21 238 17 177 13 861
Cēsu 54 814 46 460 41 161
Gulbenes 27 983 22 794 19 619
Madonas 41 636 33 656 28 692
Smiltenes 25 011 20 509 18 155
Valkas 11 664 9 299 7 596
Valmieras 67 433 57 854 51 370
  1. 1,0 1,1 "VIDZEME. Statistical Region in Latvia". citypopulation.de. 1 de xaneiro de 2021. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  2. https://circabc.europa.eu/webdav/CircaBC/ESTAT/regportraits/Information/lv005_geo.htm
  3. Vanwambeke, Sophie O.; Meyfroidt, Patrick; Nikodemus, Oļģerts (2012-04-15). "From USSR to EU: 20 years of rural landscape changes in Vidzeme, Latvia". Landscape and Urban Planning 105 (3): 241–249. ISSN 0169-2046. doi:10.1016/j.landurbplan.2011.12.009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]