[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Vermudo III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVermudo III

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1017 Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 1037 Editar o valor en Wikidata (19/20 anos)
Tamarón, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, batalla Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santo Isidoro de León Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de León
1028 – 1037
← Afonso V o NobreSancha I de Galicia →
Monarca do Reino de Galicia
1028 – 1037
← Afonso V o NobreSancha I de Galicia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestadista, guerreiro, monarca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Tamarón Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de León
Rei de Galicia Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXimena Sánchez Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso V o Nobre Editar o valor en Wikidata  e Elvira Méndez Editar o valor en Wikidata
IrmánsSancha I de Galicia
Xemena de León e de Galiza Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: León-818

Vermudo III,[1] tamén Veremundo ou Veremundus, nado ca. 1015 e finado o 4 de setembro de 1037, foi rei do Reino de Galicia e do Reino de León entre os anos 1028 e 1037. Como varios dos seus predecesores, levaba ás veces o título imperial: en 1030 aparece como regni imperii Ueremundo principis; en 1029/1032 como imperator domnus Veremudius en Gallecia; e en 1034 como regni imperii Veremundus rex Legionensis.[2] Era un neno cando sucedeu ao seu pai. En 1034 foi expulsado do trono polo rei Sancho III, rei de Navarra, e refuxiouse coa nobreza galega. Regresou, pero foi derrotado e abatido loitando contra o seu cuñado Fernando I, na batalla de Tamarón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do rei Afonso V o Nobre e a aristócrata galega Elvira Meendiz, casou con Ximena, filla de Sancho García, conde de Castela, e irmá da esposa de Sancho III de Navarra.

Herdou o goberno de Galicia e León, con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como imperator in Gallecia", é dicir, "emperador en Galicia"[3], desde a cidade de León -entón capital do reino- tivo que facer fronte ás reclamacións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela.

Tentou por esta razón propiciar un matrimonio entre a súa irmá, Sancha co conde castelán García Sánchez de Castela. Ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III que o cede ó seu fillo Fernando quen remata por casar con Dona Sancha. O feito de que o xove Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalaría e morrera dunha lanzada, permitiu aos navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón. Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha, que sería coroada como raíña. Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de Galicia (León).

  1. "Vermudo". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2158. 
  2. González Jiménez, Manuel (2011). La idea de imperio antes y después de Alfonso VI. Sanz y Torres. ISBN 978-84-92948-45-1. 
  3. Documento do ano 1029. San Juan de la Peña. [1][Ligazón morta].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Vermudo III. Un rei galego de principio a fin.
(Nós Diario, 06.10.2022)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]