[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gabeador azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tichodromidae»)
Gabeador azul

Macho
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sittidae
Xénero: Sitta
Especie: S. europaea
Nome binomial
Sitta europaea
Linnaeus, 1758
Mapa da distribución xeográfica da especie, sobre a base de Harrap,[2]
Mapa da distribución xeográfica da especie, sobre a base de Harrap,[2]

Mapa da distribución xeográfica da especie, sobre a base de Harrap,[2]

O gabeador azul[3] ou piquelo azul[4] (Sitta europaea) é un paxaro da familia Passeridae, estendido por Asia e Europa, excepto, algunhas zonas como Irlanda e a maior parte de Escocia, onde é descoñecido.

É moi sociábel, excepto en período de reprodución. É extremadamente áxil e escala nas árbores con facilidade, e moitas veces, descende por eles cabeza abaixo.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O piquelo azul mide uns 14 cm de longo, e ten unha típica cabeza grande, rabo curto, pico poderoso e patas fortes. É de cor gris azulada por arriba, e ten unha especie de lista negra nos ollos. Os espécimes de Asia e do Norte de Europa (S. e. asiatica e S. e. europaea respectivamente) son brancos por embaixo, salvo no peito e na área ventral. Os exemplares de Europa occidental (S. e. caesia) teñen as partes de embaixo polo xeral dunha cor vermelliza. Os paxaros novos son versións "esvaídas" dos adultos.

É un paxaro alegre, do que é frecuente escoitar o seu son típico, un repetido "tuí-tuí-tuí".

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Durante a primavera e verán aliméntase, sobre todo, de insectos, principalmente eirugas e coleópteros; no resto do ano gosta de sementes, bagas, noces, abelás, landras, bagas de faias, que con frecuencia mete entre a cortiza para poder fender. As crías aliméntanse principalmente dos insectos que lles proporcionan os seus pais, con algunhas sementes. Os alimentos atópanse principalmente en troncos de árbores e pólas grandes, pero tamén poden buscalo en pólas máis pequenas e poden sacar alimentos do chan, especialmente fóra da época de cría. Acode aos comedeiros artificiais.

Prefire bosques vellos con grandes árbores centenarios,[5] mixtos ou de follaxes, sebes, parques e grandes xardíns con árbores vellas.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Ovos de Sitta europaea

Gosta dos antigos niños, forrados de cortizo e de follas, con orificio que tapiza de lama. Pon de 6 a 9 ovos, entre os meses de abril e xullo.

Nomes noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Alemán: Kleiber
  • Inglés: Nuthatch
  • Español: Trepador azul
  • Italiano: Picchio muratore
  • Sueco: Nötväcka
  • Polaco:Kowalik
  1. BirdLife International (2012). "Sitta europaea". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Harrap 1996, p. 36.
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  4. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos; Silvar, Calros (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. 
  5. Savi, Paolo (1873). "Uccelli silvani: Sitta caesia". Ornitologia italiana: opera postuma (en italiano) I. Florencia: Successori Le Monnier. pp. 271–273. OCLC 28108885. doi:10.5962/bhl.title.60988.