[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Stromboli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaStromboli
(it) Stromboli
(scn) Struògnuli Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Eolias Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Eolias Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaLípara, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°48′14″N 15°13′24″L / 38.804, 15.2233
Bañado porMar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie12,6 km² Editar o valor en Wikidata
Sciara del fuoco (río de lume).

Stromboli (siciliano: 'Struògnuli', grego antigo: Στρογγύλη, Strongulē) é unha pequena illa no Mar Tirreno, fronte á costa norte de Sicilia, que contén un dos tres volcáns activos en Italia. É unha das oito Illas Eolias, un arco volcánico ao norte de Sicilia. Este nome derívase do vello nome grego Strongulē que lle foi dado debido á súa forma redonda inchada. Stromboli tamén se refire á unha comida parecida á pizza, que se coñece tamén como calzone. A poboación da illa é de aproximadamente 500 habitantes.[1] O volcán leva en actividade continua (con erupcións volcánicas), desde polo menos os últimos 2.000 anos; a miúdo é visible desde moitos puntos da illa e do mar circundante, dando lugar ao alcumo da illa "Faro do Mediterráneo". A máis recente erupción foi o 13 de abril de 2009. Stromboli atópase a 926 m sobre o nivel do mar,[2] e a máis de 2.700 m. por encima do fondo do mar.[3] Hai tres cráteres activos no pico. Unha característica xeolóxica significativa do volcán é a Sciara do Fuoco ("río de lume"), unha gran depresión en forma de ferradura xerada nos últimos 13.000 anos por varios colapsos no lado noroeste do cono. Dous quilómetros ao nordés atópase Strombolicchio, un tapón volcánico remanente do volcán orixinal.

O volcán

[editar | editar a fonte]
Erupción do Stromboli (animado)

O monte Stromboli estivo en erupción case continua durante os últimos 2.000 anos. Mantense un patrón de erupcións no que as explosións prodúcense nos cráteres do cume, con leves erupcións de bomba volcánica incandescentes, en intervalos que van desde minutos a horas. Isto coñécese como erupción estromboliana, obsérvase tamén noutros volcáns en todo o mundo. As erupcións dos cráteres do cume adoitan dar lugar a unhas poucas rafagas curtas, suaves, pero enérxicos estoupidos, que alcanzan uns poucos centos de metros de altura, conteñen cinzas, fragmentos incandescentes de lava e bloques de pedra. A actividade do monte Stromboli é case exclusivamente de explosiva, pero prodúcense fluxos de lava nos momentos de alta actividade volcánica, en 2002 produciuse unha grande erupción, a primeira en 17 anos, causando o peche da illa aos non-residentes durante varios meses. E novamente en 2003, 2007 e 2013-14.

Asentamentos

[editar | editar a fonte]
Desde un helicóptero

As dúas vilas de San Bartolo e San Vincenzo atópanse no nordés, mentres que a aldea máis pequena Ginostra está no suroeste.[4] Administrativamente, son unhas frazione de Lipari.

A principios de 1900 uns poucos miles de persoas habitaban a illa,[5] pero logo de varias emigracións, a poboación era duns poucos centos a mediados da década de 1950[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. "Isola di Stromboli (in Italian)". Comune di Lipari. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 25 de febreiro de 2016. 
  2. "Stromboli". Programa Global de Vulcanismo. Instituto Smithsoniano. Consultado o 2009-01-01. 
  3. Tibaldi, A., Corazzato, C., Marani, M., Gamberi, F. (2009). Subaerial-submarine evidence of structures feeding magma to Stromboli Volcano, Italy, and relations with edifice flank failure and creep. Tectonophysics, 469(1), 112-136.
  4. Alean, Jürg; Roberto Carniel; Marco Fulle (2005-05-21). "Stromboli 1952-1953 - The village and the land". Stromboli online. Consultado o 31 de agosto de 2010. 
  5. Loschiavo, LindaAnn. "Return of the Native to Stromboli". Consultado o 31 August 2010. high point of 2,100 citizens in 1891 
  6. Alean, Jürg; Roberto Carniel; Marco Fulle (2005-05-21). "Stromboli 1952-1953 - Stromboli in 1952 and 53". Stromboli online. Consultado o 31 August 2010. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]