Software privativo
O software privativo ou software propietario[1][2][3][4][5] é todo o software que non ten o seu código fonte accesible dunha forma libre, sen restricións, porque o desenvolvedor, ou unha persoa física ou xurídica, retén a propiedade intelectual deste[2][5][6] ou incluso os dereitos de patentes[7].
O software privativo pódese distribuír tanto dun xeito gratuíto como comercial.[2][7] Porén, o usuario final só ten a posibilidade de executar un binario baixo certas condicións que establece o desenvolvedor ou distribuidor.[2][7] Esas condicións non cumpren algún dos catro principios que indica o manifesto de software libre: ou ben o desenvolvedor establece en que casos se pode usar ese software, ou non ofrece o código fonte ou non permite a modificación e adaptación del por parte do usuario.[2][3][4][8][9] Esas limitacións poden ser tanto para a totalidade do software como para unha parte deste.[2] Con isto, o software privativo é o antónimo de software libre segundo o manifesto da Free Software Foundation (FSF).[8][9]
Historia
[editar | editar a fonte]Ata o final dos anos 1960 as supercomputadoras e os centros de datos, como os de IBM, eran grandes e caros. Os servizos do seu uso eran por préstamo ou arrendamento, máis que por venda.[10][11] Nos laboratorios Bell, Ken Thompson e Dennis Ritchie comezaron na década dos 1970 o desenvolvemento de UNIX. UNIX distribuíano ofrecendo o código fonte do sistema operativo ou das aplicacións, e os usuarios (que eran universidades, institutos de investigación...) editábano segundo as súas necesidades.[12] Os fabricantes facilitaban tanto o servizo como o software que tiñan dispoñible para eses equipos ata finais da década de 1960. Cando se distribuían computadores polo xeral xa se proporcionaba o código fonte do software que precisaban. Os usuarios acostumaban a desenvolver software e distribuírllo a demais colaboradores sen ningún tipo de custo.[13] Nesa década interesáballes manter unha liña de estandarización do software que empregaban, polo que era común compartir o código fonte en revistas como a Creative Computing ou Byte.
En 1969 IBM atopouse con causas xudiciais abertas por monopolio no seu sector. A súa reacción ante iso foi liderar un cambio na industria e a cobrar por separado o software que se distribuía cos computadores e os servizos prestados,[14][15] separando hardware e software.[16] Con iso diferenciáronse ambos elementos por primeira vez na industria de servidores, e considerouse o software como un produto comercial.
En 1976 Bill Gates denunciou na súa "Carta aberta aos afeccionados" a suposta violación que os afeccionados facían no sector informático. Apuntou en particular aos usuarios do intérprete Altari BASIC de Microsoft e recordoulles que o "roubo" de software supoñíalles unha dificultade para producir "software de calidade".[17] De feito, como dixo Brewster Kahle, a legalidade da distribución do software cambiou nos Estados Unidos pola Lei de Dereitos de Autor de 1976.[18]
En febreiro de 1983 IBM adoptou un modelo de "só código obxecto" para a súa crecente lista de software e deixou de enviar o seu código fonte a canda os pedidos.[19][20]
Nos Estados Unidos no 1983 aceptouse que o software binario estivese suxeito a dereitos de autoría. Iso foi resultado dun conflito lexislativo entre as compañías Apple e Franklin[21] que o resolveu dese xeito. Antes só o código fonte estaba suxeito aos dereitos de autoría.[22] Ademais a crecente facilidade de conseguir computadoras baseadas na mesma arquitectura de microprocesador permitiu o nacemento dun mercado grande no que se podía introducir o software distribuído como binario, sen que se precisase levar código asociado.[22]
Definicións
[editar | editar a fonte]Os termos de software propietario ou privativo poden expresar diferentes conceptos[2] e cabe diferencialos de software privado.
Segundo a FSF, o software privado ou personalizado é aquel que unha persoa desenvolve máis non comparte, nin en forma de código fonte nin como binario.[2] Nese caso non incumpre os preceptos do manifesto do software libre e non é "software privado" ou "privativo".[2]
O software privativo ou propietario é aquel no que, ben se distribúa con fins comerciais ou non, as terceiras partes o poden empregar pero baixo as condicións dunha licenza que non permite ou ver o código fonte, ou modificalo ou distribuílo.[2] "Software privativo" ou "propietario" poden entenderse como dous conceptos diferentes.
Software propietario
[editar | editar a fonte]O termo de ""software propietario" traduciuse do inglés "propietary software". Este termo subliña que hai unha "propiedade ou control en privado" dos dereitos intelectuais, e de cesión de uso, sobre do software. Porén, unha propiedade significa "ter o dereito ou facultade de posuír unha cousa"[23] mais o software é algo inmaterial; e que, co cal, está suxeito a dereitos de autoría e licenzas de uso.[1] Por iso os dereitos de uso se establecen nas licenzas coas que se distribúe o software. Eses dereitos que alí se definen poden tanto limitar o uso do software dalgún xeito como aplicar a definición da FSF (e co cal pasa a ser software libre). O termo inglés intenta expresar a obriga de facer un pagamento para o uso dese software.[1]
Software privativo
[editar | editar a fonte]Xa que en linguas como o galego[3] ou castelán[1] o termo propietario non reflicte ben se o software ten unha liberdade de uso tal e como a define a FSF, emprégase o termo software privativo.[1]
O termo software privativo comezouno a empregar Richard Stallman en 2003. Fíxoo nas súas conferencias sobre software libre que impartiu en castelán. Segundo Stallman o termo "privativo" significa "que provoca a privación ou a restrición de dereitos ou liberdades". En galego o termo privativo reflicte "pertenza exclusiva" ou "expresa unha causa ou privación de algo".[23] Con iso quixo subliñar cando é que unha licenza de software non cumpre as definicións da FSF de software libre e que polo tanto cando se lle "'priva" aos usuarios de todas ou dalgunha das súas catro liberdades.[24][25] A FSF emprega, como sinónimo perfecto, o termo "software non libre" para todo o software propietario ou privativo.[26][27][28][29] Aquel software que non cumpre as "Liñas para o software libre de Debian" tamén se pode clasificar, segundo os criterios desa fundación, como privativo.[30]
A OSI é menos restritiva con respecto a esta definición e considera que o software é privativo cando non é de código aberto e non ten asociada algunha das licenzas libres que considera aceptables, e que ben poden ser permisivas (como a MIT) ou estritas (como a GPLv3).[31]
Fundamentos lexislativos
[editar | editar a fonte]Marco legal
[editar | editar a fonte]A maior parte do software está cuberto por dereitos de autoría, ou copyright. Dependendo do marco xurídico de cada estado, os dereitos de autoría xunto coas leis de contratos, as patentes de software ou os segredos comerciais sentan a base da lexislación que permite que o propietario obteña os dereitos de explotación exclusivos.[32]
Os vendedores de software definen os termos de uso específicos nun "contrato de licenza para o usuario final" (EULA). O usuario pode aceptar ou non ese contrato escrito, que polo xeral se fai aceptando nunha xanela durante o proceso de instalación (un "clickwrap") ou cun texto que acompaña ao software no arquivo de instalación (ou "licenza asociada"). Os termos da licenza non adoitan ser negociables e só teñen un formato único.[33]
As patentes de software outórganlle a exclusividade de explotación aos propietarios dos algoritmos da aplicación, as características que fan particular a ese software ou outras características que a lexislación de cada estado permita patentar.[34] Algunhas veces os provedores garántenlle aos usuarios os dereitos de patente dentro do contrato que supón a aceptación da licenza. Por outra banda, o código fonte do software é polo xeral tratado como un "segredo comercial".[34]
Nalgúns casos o software ponse a disposición dos usuarios con menos restricións, e así o especifican na licenza. Poden ser gratuítos ou ben de "licenzas de código aberto", que permiten acceder a código ou a modificalo pero distribuílo baixo condicións definidas que non cumpren as definicións de "libre" da OSI e/ou da FSF.
Limitacións
[editar | editar a fonte]Os contratos de licenza que o software pode incluír non prevalecen sobre das leis estatais de dereitos de autor ou as leis de contratos. De feito as licenzas dese software poden estar a incumprir a lexislación dun estado, e consecuentemente, non ser aplicables nin efectivas.[35]
Nalgunhas lexislacións, como a dos Estados Unidos, dáse o caso de que se pode rexistrar software e obter a licenza de explotación sen que iso lles obrigue a liberar ese software ao mercado. Que se dea esa situación é porque hai a vontade de quererse adiantar no rexistro de marcas ou ideas nese marco legal, e asegurar a posibilidade dunha explotación comercial posterior.[36]
Críticas
[editar | editar a fonte]O software privativo restrinxe ou limita as posibilidades de uso do software e tamén a contratación de servizos para ese software. Pola contra o software libre permite que existan varios distribuidores ou comerciais para o mesmo software. Por iso, tense argumentado que no caso do software libre asínase un contrato equitativo entre as partes e que as súas condicións de uso favorecen a produtividade.[37] Na filosofía do proxecto GNU, a instalación de software privativo considérase "inmoral".[2] O seu fundador, Richard Stallman, sinalou en varias ocasións que cando unha persoa adquire software privativo inmediatamente entra nel o seguinte dilema ético[38]:
"se quen posúe a aplicación lla mostra a un amigo ou amiga, e el ou ela llo piden prestado para copialo, ou se é un bo cliente ou mal amigo - por non compartilo con el ou ela - ou un bo amigo e polo tanto un mal cliente, e nalgúns casos se ve perseguido pola lei polo feito de prestar o seu software".
.
Inda que establezan sistemas de pagamento para obter copias dos instaladores, é común atopar copias ilegais para a instalación de software privativo. Arguméntase que iso é unha estratexia comercial das propias empresas produtoras para facilitar que o seu software se popularice.[39][40] Xa que o software privativo emprega por costume formatos de ficheiros non estándar (que non adoitan ter soporte de comisións internacionais, como a ISO) e que non permiten que se inclúa un xestor dese formato noutras aplicacións, poden supoñer o risco de perda de datos e de información. Tamén pode dificultar a migración total dos usuarios dese software a outras aplicacións similares.[40] O uso deses formatos é unha estratexia comercial para que os usuarios non cambien a outra aplicación.[40] O uso de software privativo pode significar tamén unha maior posibilidade de perder o soporte técnico. Nos caso de perda de rendibilidade na comercialización ou outras decisións por cuestións comerciais, os desenvolvedores (ou a compañía que explota o produto) pode deixar de ofrecer o servizo de desenvolvemento e de mantemento do produto.[40] Unha vez acontece, non hai entidades que ofrezan os servizos de soporte e mantemento nos equipos con ese software.[40]
Dadas as características do software privativo os usuarios finais non teñen acceso ao contido completo, ou con total liberdade de uso, como para comprobar os erros e corrixilos ou detectar código que supoña un risco de privacidade ou abuso dos dereitos do usuario.[41][42] Ademais, os distribuidores de hardware en múltiples ocasións comercialízano distribuíndo librerías de soporte que teñen unha licenza privativa. Iso limita o aproveitamento do hardware e crea unha dependencia co software do distribuidor.[43]
Adóitase resaltar a facilidade de uso e a calidade das interfaces gráficas do software privativo. Porén esa apreciación pode ser só porque aos usuarios lles custa migrar a unha nova aplicación e ter que aprender unha nova interface gráfica. Co iso, esa apreciación débese máis ao deseño da interface do software e non ao tipo de licenzas que teña a aplicación.[44]
A contra do software libre, o privativo limita a colaboración entre usuarios co que pode restrinxir o fomento do coñecemento.[45][46] Pode supoñer unha duplicidade no gasto das administracións e ser de maior custo que as alternativas de software libre.[39][46] No caso da ciencia, o uso de software privativo (e non liberar o código fonte empregado con el, ou facelo pero nun formato pechado) impide revisar a metodoloxía que se empregou para obter os resultados. Por exemplo, así descoñécense os algoritmos ou a forma de procesamento de datos que se empregou de facto. Iso pode derivar en erros innecesarios nas conclusións dos estudos.[40][47][48][49] Tamén impide revisar ou os métodos e comprobar a veracidade dos resultados[40][49] e repetilo cos mesmos ou distintos datos e verificar as conclusións. O emprego de software libre evita esa dependencia do provedor de software privativo, xa que facilita a colaboración entre investigadores, mellora a facilidade de compartición de información e supón unha rebaixa dos custos necesarios para a investigación.[50]
Exemplos
[editar | editar a fonte]Entre os exemplos de software privativo máis usado ou popular están os sistemas operativos Microsoft Windows e macOS (antes Mac OS X e OS X), o engadido Adobe Flash Player, o compresor de ficheiros WinRAR, o visor de documentos Adobe Acrobat DC, a suite ofimática Microsoft Office Suite os editores gráficos como Adobe Photoshop e Adobe Illustrator CC, os navegadores web Google Chrome e Opera, a aplicación de mensaxería instantánea Skype, o reprodutor musical iTunes, o xestor de tarefas e notas Evernote ou o xestor de bitorrent µTorrent. No caso dos xogos, está o software que leva a canda si a PlayStation 3. Son privativos tamén as versións de Oracle de Java.
Nalgúns casos o software privativo incorpora "fontes mesturadas": código fonte con licenzas libres e outro con licenzas privativas.[51] Google Chrome é outro caso diso. Inda que os eu desenvolvemento é aberto e se libera como Chromium, a versión final de Google inclúe partes con licenzas privativas, como son o sistema de actualizacións automático ou engadidos para outros formatos de vídeo.[52] Case todas as distribucións de UNIX son de código mesturado, tanto con licenzas libres como privativas. Conta con compoñentes libres como Sendmail ou o X Window System pero un kernel con licenza pechada.[53][54]
Algúns paquetes de software libéranse baixo diferentes licenzas e condicións. Uns exemplos son MySQL, Sendmail e ssh. Os que posúen os dereitos de autor e fan esas obras libres, ou copyleft con distribución gratuíta, poden indicar dúas licenzas (licenza dual) para as obras, que lle permiten a eles ou a outros distribuílos con licenzas privativas. Iso permíteno as licenzas de software libre non-copyleft, isto é, o software que se distribúe con licenzas libres permisivas (como a licenza MIT ou BSD) ou se liberan ao dominio público.[55][56]
Segundo a FSF o software libre que depende do software propietario dise que está "atrapado" ou "vetado". Iso inclúe aquel software que se desenvolve para un sistema operativo privativo, como por exemplo, para Windows,[57] ou que só se pode iniciar nunha plataforma privativa como Java.[58]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Debian para torpes, eds. (15/01/2012). "Por que se le debe llamar software privativo y no software propietario" (en castelán).
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 GNU Project. Free Software Foundation, eds. "Categorías de software libre y software que no es libre" (en castelán). Consultado o 13/01/2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 María L. (20/09/2010). tecnoloxía.org, eds. "Que é o software libre?".
- ↑ 4,0 4,1 "6. Software libre e software privativo". Galego en Madrid, Blogue de Lingua e cultura galegas en Madrid. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 María Goitia Fuertes (2015). UF0344 - Aplicaciones informáticas de administración de recursos humanos. Ediciones Paraninfo S.A. p. 176. ISBN 9788428397940.
Software privativo: este tipo de software que estable cales son os termos polos que se pode empregar a ferramente e en cales casos se pode distribuír. Polo xeral non se ofrece acces ao código fonte polo que non hai xeito de modificalo.
- ↑ Saraswati Experts. "2.5.3". En Saraswati House Pvt Ltd. Computer Science With C++. p. 1.27. ISBN 978-93-5199-877-8. Consultado o 14/01/2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 AUUG, Inc. (Marzo de 2003). "Chapter 1. Definitions". En AUUG, Inc. AUUGN. p. 51. Consultado o 14/01/2018.
- ↑ 8,0 8,1 Richard Stallman. The Free Software Foundation, eds. "Free Software Is Even More Important Now". GNU Operating System. Consultado o 14/01/2018.
- ↑ 9,0 9,1 The Free Software Foundation (eds.). "Proprietary Software Is Often Malware". GNU Operating System. Consultado o 14/01/2018.
- ↑ Ceruzzi, Paul E. (2003). MIT Press, eds. A History of Modern Computing. Cambridge, MA. p. 128. ISBN 0-262-53203-4.
Although IBM agreed to sell its machines as part of a Consent Decree effective January 1956, leasing continued to be its preferred way of doing business.
- ↑ "The History of Equipment Leasing". Lease Genie. 2007. Arquivado dende o orixinal o 11/04/2008. Consultado o November 12, 2010.
In the 1960s, IBM and Xerox recognized that substantial sums could be made from the financing of their equipment. The leasing of computer and office equipment that occurred then was a significant contribution to leasings [sic] growth, since many companies were exposed to equipment leasing for the first time when they leased such equipment.
- ↑ "History and Timeline : UNIX Past". www.unix.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2011. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ Free Software Foundation, eds. (16/06/2016). "Overview of the GNU System". GNU Operating System.
- ↑ Pugh, Emerson W. (2002). "Origins of Software Bundling". IEEE Annals of the History of Computing 24 (1): 57–58.
- ↑ Hamilton, Thomas W. (1969). Programming Sciences Corporation, eds. IBM's Unbundling Decision: Consequences for Users and the Industry.
- ↑ IBM (n.d.). "Chronological History of IBM: 1960s".
Rather than offer hardware, services and software exclusively in packages, marketers 'unbundled' the components and offered them for sale individually. Unbundling gave birth to the multibillion-dollar software and services industries, of which IBM is today a world leader.
- ↑ Gates, Bill (03/02/1976). "An Open Letter to Hobbyists".
- ↑ Brewster Kahle , Ana Parejo Vadillo (2015). "The Internet Archive: An Interview with Brewster Kahle". 9: Interdisciplinary Studies in the Long Nineteenth Century. doi:10.16995/ntn.760.
- ↑ Cantrill, Bryan (17/09/2014). Youtube, eds. "Corporate Open Source Anti-patterns" (video).
[no minuto 3:15]
- ↑ Gallant, John (18/03/1985). Computerworld, eds. "IBM policy draws fire - Users say source code rules hamper change".
While IBM's policy of withholding source code for selected software products has already marked its second anniversary, users are only now beginning to cope with the impact of that decision. But whether or not the advent of object-code-only products has affected their day-to-day DP operations, some users remain angry about IBM's decision. Announced in February 1983, IBM's object-code-only policy has been applied to a growing list of Big Blue system software products
- ↑ Impact of Apple vs. Franklin Decision
- ↑ 22,0 22,1 Landley, Rob (2009-05-23). "23-05-2009". landley.net. Consultado o 2015-12-02.
So if open source used to be the norm back in the 1960's and 70's, how did this _change_? Where did proprietary software come from, and when, and how? How did Richard Stallman's little utopia at the MIT AI lab crumble and force him out into the wilderness to try to rebuild it? Two things changed in the early 80's: the exponentially growing installed base of microcomputer hardware reached critical mass around 1980, and a legal decision altered copyright law to cover binaries in 1983. Increasing volume: The microprocessor creates millions of identical computers
- ↑ 23,0 23,1 Véxase a definición do termo da RAG.
- ↑ Richard Stallman (12/08/2013). Observatorio Tecnología UNED, eds. Richard Stallman - Software privativo. Youtube.
- ↑ Departamento de ciencias de la computación (2014). Universidade de Chile, eds. "Richard Stallman: El software libre es un asunto ético del uso de la tecnología" (en castelán).
Si un programa no es libre lo llamamos privativo, porque quita a sus usuarios su libertad y genera un sistema de poder injusto; poder de los dueños del software sobre sus usuarios, es un sistema de colonización digital
- ↑ GNU Project. Free Software Foundation, eds. "Proprietary software". Categories of free and nonfree software (en castelán). Consultado o 13/01/2018.
- ↑ Nun certo período a Free Software Foundation empregou o termo "software non libre" para definir a todo o software que non fose gratuíto, e iso incluía tanto ao "software semifree" (aquel que se podía modificar e redistribuír sempre que non houbese interese comercial) como o "software propietario" (aquel que se comercializaba pero sen ofrecer acceso ao código fonte; isto é comercial e de "código pechado".
- ↑ Código ou fonte pechada é un termo oposto ao concepto de código aberto.
- ↑ Arestora considera a ambos casos como software privativo.
- ↑ The Debian Project (eds.). "Introduction to Debian". What Does Free Mean? or What do you mean by Free Software?. Consultado o 14/01/2018.
- ↑ Open Source Iniciative (eds.). "Frequently Answered Questions". What is "copyleft"? Is it the same as "open source"?. Consultado o 14/01/2018.
- ↑ Liberman, Michael (1995). "Overreaching Provisions in Software License Agreements". Richmond Journal of Law and Technology 1: 4. Consultado o 14/01/2018.
- ↑ IFLA, eds. (2004). "Limitations and Exceptions to Copyright and Neighbouring Rights in the Digital Environment: An International Library Perspective". Consultado o 14/04/2018.
- ↑ 34,0 34,1 Donovan, S. (1994). "Patent, copyright and trade secret protection for software". Potentials, IEEE (3 ed.) 13: 20. doi:10.1109/45.310923.
Essentially there are only three ways to protect computer software under the law: patent it, register a copyright for it, or keep it as a trade secret.
- ↑ White, Aoife (03/07/2012). Bloomberg, eds. "Oracle Can't Stop Software License Resales, EU Court Says".
- ↑ Microsoft Corporation (01/04/2005). "End-User License Agreement for Microsoft Software: Microsoft Windows XP Professional Edition Service Pack 2". p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10/02/2010. Consultado o 14/04/2018.
- ↑ Ruíz de Quirol, Ricard (2007). La Sociedad de la Información (1º ed.). Barcelona: Editorial UOC. ISBN 978-84-9788-607-9.
- ↑ Richard M. Stallman (2015). Free Software Free Society: Selected Essays of Richard M. Stallman, (3º ed.). Boston. ISBN 978-0-9831592-6-1. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2017. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ 39,0 39,1 Roberto Feltrero Oreja (22/07/2008). Software Libre y la construcción ética de la sociedad del conocimiento. Icaria Editorial. p. 160. ISBN 978-84-7426-959-8.
- ↑ 40,0 40,1 40,2 40,3 40,4 40,5 40,6 da Rosa, Fernando; Heinz, Federico (2007). Oficina Regional de Ciencia de la UNESCO para América Latina y el Caribe - UNESCO, eds. Guía práctica sobre software libre: su selección y aplicación local en América Latina y el Caribe. Montevideo, Uruguay. ISBN 92-9089-103-3.
- ↑ Hilton Collins (30/07/2009). "Is Open Source Software More Secure than Proprietary Products? Proponents say constant peer review creates more secure applications". govtech.com.
- ↑ Arif Mohamed (Abril 2008). "Open source software security". computerweekly.com.
Most commercial software companies have a finite-sized team to look at their software, but in the open source community there are many more people to look at the code. So, it could be argued that open source is more secure than proprietary because there is a wider and broader development base. The US Department of Homeland Security scheme, the Open Source Hardening Project, was established in 2006 to check the security of open source software.
- ↑ Jenny Torres y Mariangela Petrizzo (autoras), Milton Cerda, Rubén Zavala, David Vila-Viñas, Xabier E. Barandiaran, Bernardo Gutiérrez (colaboradores) (2015). En Vila-Viñas, D. & Barandiaran, X.E., eds. "Software: programas libres y de código abierto en la Administración Pública" (2.0 ed.). Quito, Ecuador.
- ↑ Ignacio Nieto, Italo Tello, Ricardo Vega (2007). Troyano 0.3 INSTALANDO/INSTALLING. Chile: Troyano. p. 212.
- ↑ Adell, Jordi ; Area Moreira, Manuel ; Gértrudix Barrio, Manuel ; González Arrabal, Eulogio ; López Escribano, Carmen ; Pablos Pons, Juan de ; Romero Granados, Santiago ; Segura Escobar, Mariano. Secretaría General Técnica. Centro de Publicaciones. Ministerio de Educación y Ciencia, Instituto Superior de Formación del Profesorado, eds. Introducción temprana a las TIC: estrategias para educar en un uso responsable en educación infantil y primaria. Principios. ISBN 978-84-369-4445-7.
- ↑ 46,0 46,1 Ramiro Vicente Castillo Cabay (2010). saslibre.net, eds. Sistema Operativo GNU con Linux - Trisquel.
- ↑ Kyle Niemeyer (26/02/2012). "Nature Editorial: If you want reproducible science, the software needs to be open source".
Releasing executable versions of programs instead of code may not be sufficient due to underlying errors. This doesn’t just mean actual mistakes in the code, although some studies estimate one to ten errors for every thousand lines of code. Rounding and floating point errors, as well as ambiguities in programming languages like the order-of-evaluation problem, can all affect results.
- ↑ Ince, Darrel C.; Hatton, Leslie; Graham-Cumming, John (22/02/2012). "The case for open computer programs". Nature (7386 ed.) 482: 485. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/nature10836. Consultado o 15/01/2018.
This is known as an order-of-evaluation problem and many programming languages are subject to its wilful ways. Ironically, such execution ambiguity is quite deliberate and is present to allow a programming language compiler more flexibility in its optimization strategy. And even when programs are simple, or developed by the largest software companies, such errors remain surprisingly common: numerical ambiguity led Microsoft to declare in 2010 and reaffirm in September 2011, that the treatment of floating point numbers in its popular Excel spreadsheet “...may affect the results of some numbers or formulas due to rounding and/or data truncation.”
- ↑ 49,0 49,1 Ghosh SS, Klein A, Avants B, Millman KJ. (2012 volume = 18). "Learning from open source software projects to improve scientific review". Frontiers in Computational Neuroscience. doi:10.3389/fncom.2012.00018.
- ↑ Rius, R.; González, J. (2011). "Software libre: una oportunidad para los investigadores". Medicina clínica. 136(5): 205–206. ISSN 0025-7753. doi:10.1016/j.medcli.2010.05.011.
- ↑ Engelfriet, Arnoud (Agosto/setembro de 2006). Gavin Stewart, eds. "The best of both worlds". Intellectual Asset Management (IAM) (19 ed.) (New Hibernia House, Winchester Walk, Londres). Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2013. Consultado o 2008-05-19.
- ↑ Chris Hoffman (24/02/2017). howtogeek.com, eds. "What’s the Difference Between Chromium and Chrome?".
- ↑ Loftus, Jack (2007-02-19). SearchEnterpriseLinux.com, eds. "LinuxWorld: Managing mixed source software stacks". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2010.
- ↑ Tan, Aaron (2006-12-28). CNET Networks, Inc, eds. "Novell: We're a 'mixed-source' company". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2009.
- ↑ Rosenberg, Donald (2000). Open Source: The Unauthorized White Papers. Foster City: IDG. p. 109. ISBN 0-7645-4660-0. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2018. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Categories of Free and Non-Free Software - Free Software Foundation".
- ↑ Free Software Foundation (05/05/2009). "Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". Consultado o 19/01/2018.
- ↑ Richard Stallman (12/04/2004). "Free But Shackled - The Java Trap". Consultado o 19/01/2018.