[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Illa de Okinawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Okinawa Honto»)
Modelo:Xeografía políticaIlla de Okinawa
沖縄本島 (ja-hani)
沖縄島 (ja-hani) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 26°29′N 127°57′L / 26.48, 127.95
EstadoXapón
PrefecturasPrefectura de Okinawa Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.224.726 (2005) Editar o valor en Wikidata (1.013,44 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.208,48 km² Editar o valor en Wikidata
Medición31,2 (ancho) × 106,6 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Pacífico e Mar da China Oriental Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Yonaha (en) Traducir (503 m) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Prefectura de Okinawa

A illa de Okinawa (沖縄本島 Okinawa-hontō) é a maior das illas Ryūkyū cunha superficie de 1201´03 km², onde se sitúa a cidade de Naha, capital da prefectura de Okinawa. Na illa localízanse as ruínas de seis Gusuku, fortalezas típicas da cultura de Okinawa, que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Tras a derrota do Xapón na segunda guerra mundial, o país foi ocupado polas forzas dos Estados Unidos. Okinawa permanecería baixo control estadounidense ata 1972, ano en que sería devolta ao goberno xaponés. A pesar diso, como parte do Tratado de mutua cooperación e seguridade entre os Estados Unidos e o Xapón, o Exército dos Estados Unidos mantén alí certa presenza, así como o control da base aérea de Kadena.

Demografía

[editar | editar a fonte]

En 1990, a poboación total estimada foi de 1.220.000, incluíndo aos nativos de Okinawa (ryukyuanos), aos xaponeses e a outros colectivos de inmigrantes, así como o persoal militar estadounidense e as súas familias. Respecto da súa distribución de poboación, cabe destacar que a zona máis setentrional da illa ten unha densidade escasa, concentrándose a maior parte dos habitantes na área meridional. Deste xeito, o sur da illa está densamente urbanizado, especialmente no caso da cidade de Naha e o corredor urbano que a une coa cidade de Okinawa. Cabe destacar que os habitantes desta illa xunto cos de Sardeña son os grupos de persoas máis lonxevos do mundo segun un estudo realizado por National Geographic.

A illa posúe un clima subtropical que permite a existencia dun denso bosque na parte norteña. Dáse unha estación chuviosa a finais da Primavera. A temperatura media anual de Okinawa é de 22,4 °C, mentres que no inverno a media é de 16 °C, non descendendo por baixo dos 10 °C.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O extremo Sur de Okinawa componse maioritariamente de arrecifes de coral elevados, e a súa pedra calcaria, de fácil erosión, formou multitude de covas e cavernas, das cales, a máis famosa é Gyokusendo (Tamagusuku), que posúe un tramo de preto de 850 m aberto a visitas turísticas. Doutra banda, a parte setentrional da illa ten unha proporción maior de roca ígnea.

Galería de fotos

[editar | editar a fonte]