[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Colo volcánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Neck»)
O pico Cão Grande, colo volcánico na illa de São Tomé (San Tomé e Príncipe), que se eleva máis de 300 m sobre os arredores.
A Torre do Demo está formada por unha antiga cheminea volcánica onde o arrefriamento da lava deu orixe á aparición de columnas basálticas.
Capela de Saint Michel d'Aiguilhe, cuxa construción se iniciou en 969,[1] preto de Le Puy-en-Velay en Francia. O colo volcánico elévase uns 85 m por riba dos arredores.

Un colo volcánico, pitón volcánico ou neck é unha forma do relevo de forma máis ou menos cilíndrica de orixe volcánica que se crea cando a lava endurece dentro dun conduto de alimentación dun volcán por onde ascende a lava, e despois o volcán é erosionado.[2][3] A súa estrutura é resistente á erosión, polo que unha vez que o cono volcánico se erosiona, este colo permanece como unha agulla ou columna relicta do cono desaparecido. Frecuentemente é o único resto que queda dunha antiga cheminea volcánica.

Non se deben confundir os colos volcánicos cos tapóns volcánicos que aparecen nalgúns volcáns activos e non erosionados, como é frecuente nos de tipo peleano, que teñen un tapón que tapa o cráter, que pode ser agudo (tipo pitón) ou abovedado (domo volcánico). Cando estes volcáns fan erupción a presión interior pode facer rebentar este tapón orixinando unha erupción na que se forman grandes nubes de piroclastos.

Exemplos notables

[editar | editar a fonte]

A Torre do Demo, en Wyoming (Estados Unidos) é, probablemente, o exemplo máis característico e ben conservado dun neck ou colo volcánico e, ao estar formado por basalto, ten grandes columnas basálticas.

Nos arredores de Rhumsiki, no Camerún, hai varias decenas de colos volcánicos.

O castelo de Edimburgo está asentado sobre un colo volcánico, coñecido como Castle Rock (rocha do castelo).

  1. http://www.culture.gouv.fr/public/mistral/merimee_fr?ACTION=CHERCHER&FIELD_1=REF&VALUE_1=PA00092565
  2. D. G. A. Whitten e J. R. V. Brooks. Diccionario de Geología. Alianza Diccionarios. Alianza Editorial. 1986. Páxina 215. ISBN 84-206-5115-X.
  3. Ciencias de la Tierra. Diccionarios Oxford-Complutense. Editorial Complutense. 2000. Páxina 592. ISBN 84-89784-77-9