Montecarlo
Epónimo | Carlos III de Mónaco e montaña | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Mónaco | ||||
Commune of Monaco (en) | comuna de Mónaco | ||||
Bairros (pt) | Monte Carlo (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 0,28146 km² | ||||
Creación | 1866 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 98000 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MC-MC | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Montecarlo[1][2][3] (en francés: Monte-Carlo, en monegasco: Monte-Carlu) é un barrio do principado de Mónaco, coñecido polo seu casino. Aínda que en moitas ocasións se pense que Montecarlo é a capital de Mónaco, isto non é así, xa que todo o Principado é a súa propia capital ao ser unha cidade-estado.
Tamén é coñecido o barrio por acoller o Circuíto de Mónaco, no que ten lugar o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1.
Tamén é sede desde 1952 do "Reinsurers Rendez-Vous", a reunión anual máis antiga e famosa da industria reaseguradora que se realiza na primeira semana de setembro.
Montecarlo desde hai décadas é un lugar de reunión de membros da realeza, así como de grandes estrelas de cine.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada en 1866 foi nomeado así na honra do príncipe reinante da época, Carlos III de Mónaco. Na década de 1850 a familia reinante de Mónaco estaba case en quebra, como consecuencia da perda de dúas cidades que proporcionaban a maior parte dos ingresos do Principado cos seus cultivos de limón, laranxa e aceite de oliva. Neste época unha serie de pequenas cidades en Europa estaban crecendo en prosperidade con establecementos de xogo, como por exemplo a alemá Baden-Baden, así que en 1856, Carlos III deu unha concesión a Napoleón Langlois e Albert Aubert para establecer unha instalación de baños de mar para o tratamento de diversas enfermidades e construír un casino de estilo alemán en Mónaco.
O barrio de Montecarlo foi atendido por tranvías de 1900 a 1953, que unían varias partes do Principado. En 2003 foi rematado no barrio un novo peirao de cruceiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciopedia do século 21, t. 2, p. 1403: Montecarlo Un dos tre núcleos urbanos do principado de Mónaco, onde se atopan o casino e mais os principais hoteis e balnearios. 13.500 h.
- ↑ Diccionario enciclopédico galego universal, t. 42, p. 127: Montecarlo Un dos tres núcleos urbanos que constitúen o principado de Mónaco (13.154 h [estim 2001])....
- ↑ Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0. MONTECARLO: páxina 136 (D3).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montecarlo |