[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Minas Morgul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Minas Ithil»)
Minas Ithil, por Matěj Čadil.
O emblema de Minas Morgul.[1]

Minas Ithil (‘torre da Lúa’ en sindarin) é unha cidade-fortaleza ficticia creada polo escritor británico J. R. R. Tolkien para o seu legendarium. Tras caer baixo o influxo de Sauron, comezou a ser coñecida como Minas Morgul (‘torre da feiticería’).

Como Minas Ithil

[editar | editar a fonte]

No ano 3320 da S. E., Isildur, fillo de Elendil, fundou a cidade de Minas Ithil na rexión de Ithilien, sobre un contraforte das Montañas da Sombra, na fronteira con Mordor, co obxectivo de controlar esa entrada a Mordor. A cidade converteuse na capital da rexión, e foi gobernada polo mesmo Isildur.

No ano 3429 S. E. Sauron realiza un ataque definitivo á cidade, no cal logrou capturala. Isildur escapou, reuníndose co seu pai en Eriador. Trala Guerra da Última Alianza na que Sauron foi derrotado a mans de Isildur, os numenoréanos volven a ocupar Minas Ithil por moitos séculos máis.

Porén, no ano 1636 da T. E. a peste deixou a cidade practicamente despoboada.

Como Minas Morgul

[editar | editar a fonte]

Aproveitándose da circunstancia anterior, no ano 2000 T. E., o Señor dos Nazgûl liderou un exército que atacou a cidade, que é finalmente capturada e rebautizada como Minas Morgul (que significa ‘torre da feiticería’). Dende entón, Sauron pasou a controlar a Palantír que alí se conservaba.[T 1]

A partir desa data, Minas Morgul convértese na fortaleza do Rei Bruxo e un lugar de horror. Dende alí, décadas despois, atacou repetidamente a capital de Gondor, Osgiliath, á que foi debilitando pouco a pouco, o que obrigou a Gondor a cambiar de capital, nomeando a Minas Anor como capital do reino e rebautizándoa como Minas Tirith. Dende entón, ambas cidades, antes irmás, estiveron enfrontándose permanentemente. Cara a alí cabalgou Eärnur, derradeiro rei de Gondor, a contestar o desafío do Rei Bruxo, e nunca se lle volveu ver.

Séculos máis tarde, Frodo Bulseiro describiría Minas Morgul como unha cidade fantasmal, que causaba terror só con ollar para ela, iluminada cun resplandor espectral.

É durante a Guerra do Anel, no ano 3019 T. E., cando dende Minas Morgul se inicia o ataque contra a cidade de Minas Tirith. Frodo ve a saída do exército de orcos, liderado polo mesmo Señor dos Nazgûl, pero el e o seu exército caen derrotados na Batalla dos Campos de Pelennor.

Trala derrota de Sauron, Minas Morgul foi completamente destruída por orde do rei Elessar.

  1. Tolkien, J. R. R. (abril de 1993). «La torre de Cirith Ungol». El Señor de los Anillos. il. Alan Lee, trad. Luis Domènech e Matilde Horne. Barcelona: Minotauro. ISBN 978-84-450-7179-3.
  1. The Return of the King, Appendix B, "The Tale of Years", entries in "The Third Age"