Mar de Irlanda
Tipo | mar | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Illa de Irlanda | |||
Parte de | océano Atlántico Norte | |||
Localización | ||||
País da cunca | Reino Unido, Irlanda e Illa de Man | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Profundidade | 262 m | |||
O Mar de Irlanda (irlandés: Muir Éireann / An Mhuir Mheann,[1] manx: Y Keayn Yernagh,[2] scots: Erse Sea, escocés: Muir Èireann,[3] Ulster-Scots: Airish Sea, galés: Môr Iwerddon) separa as illas de Irlanda e de Gran Bretaña, conecta co océano Atlántico polo sur a través do Canal de San Xurxo, entre Irlanda e Gales; e polo norte a través do Canle do Norte, entre Irlanda e Escocia. A Illa de Man atópase situada no centro deste mar.
Anglesey, no País de Gales, é a maior illa no mar de Irlanda. a segunda en tamaño é a illa de Man e o mar pode ser ocasionalmente, pero raramente, chamado "Mar de Manx" (irlandés: Muir Meann,[4] manx: Mooir Vannin, escocés: Muir Mhanainn).[5][6][7] O mar de Irlanda ten unha importancia económica significativa para o comercio rexional, transporte marítimo, pesca e xeración de enerxía en forma de enerxía eólica e centrais nucleares. O tráfico anual entre Gran Bretaña e Irlanda corresponde a máis de 12 millóns de pasaxeiros e 17 millóns de toneladas de bens mercantís.
Topografía
[editar | editar a fonte]O Mar de Irlanda está conectado ao Atlántico Norte nos extremos norte e sur. Ao norte, a conexión é a través do Canle do Norte entre Escocia e Irlanda do Norte e o Mar de Malin. O extremo sur está conectado ao Atlántico a través da Canle de San Xurxo entre Irlanda e Pembrokeshire e o Mar Celta. Está composto por unha profunda canle de 310 km. de longo e 32–48 km. de ancho no seu lado occidental e baías máis baixas cara ao leste. A profundidade da canle occidental varía de 80 m. ata 275 m. no Beaufort's Dyke na canle norte.
A Baía de Cardigan no sur e as augas ao leste da Illa de Man teñen menos de 50 m. de profundidade. Cun volume de auga total de 2430 km³ e unha superficie de 47.000 km², o 80% está ao oeste da illa de Man. Os bancos de area máis grandes son os bancos Bahama e King William ao leste e ao norte da Illa de Man e ao Banco Kish, Codling Bank, Arklow Bank e Blackwater Bank preto da costa de Irlanda. O mar de Irlanda, no seu maior ancho, ten 190 km e se estreita ata 76 km..[8]
A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar de Irlanda (coa Canle de San Xurxo) como segue,
- No norte. O límite sur dos Mares interiores da costa oeste de Escocia, definido como unha liña que une o extremo sur do Mull of Galloway (54° 38'N) en Escocia e Ballyquintin Point (54° 20'N) en Irlanda.
- No sur. Unha liña que se une a St. David's Head en País de Gales (51°54′N 5°19′O / 51.900, -5.317) a Carnsore Point en Irlanda (52°10′N 6°22′O / 52.167, -6.367).[9]
O mar de Irlanda experimentou unha serie de cambios dramáticos nos últimos 20.000 anos cando finalizou o último período glacial e foi substituído por condicións máis cálidas. No alto da glaciación, a parte central do mar moderno era probablemente un lago de auga doce. A medida que retirouse o xeo fai 10.000 anos, o lago volveuse a conectar ao mar.
Cidades e vilas
[editar | editar a fonte]lista de cidades e vilas ao redor das costas do Mar de Irlanda en orde de tamaño:
Illas
[editar | editar a fonte]- Lista do mar de Irlanda que teñen polo menos un quilómetro cadrado de superficie ou que teñen unha poboación permanente.
- Anglesey e Illa Holy están incluídos por separado.
Nome | Superficie (km²) | Ranq (area) | Poboación[10] | Ranq (pob.) | País |
---|---|---|---|---|---|
Anglesey | 675 | 01 | 56.092 | 02 | Gales |
Illa de Man[11] | 572 | 02 | 84.497 | 01 | Illa de Man |
Illa Holy | 39 | 03 | 13.579 | 03 | Gales |
Illa Walney[12] | 13 | 04 | 11.388 | 04 | Inglaterra |
Illa Lambay | 5´54 | 05 | <10 | 08 | República de Irlanda |
Illa Bull | 3 | 06 | <20 | 07 | República de Irlanda |
Illa Ramsey | 2´58 | 07 | 0 | - | Gales |
Illa Bardsey | 1´79 | 09 | <5 | 10 | Gales |
Calf of Man | 2´50 | 08 | 0 | - | Illa de Man |
Illa Barrow | Descoñecida | - | 2.616 | 05 | Inglaterra |
Illa Roa | Descoñecida | - | 100 | 06 | Inglaterra |
Ynys Gaint | Descoñecida | - | <10 | 08 | Gales |
Illa Piel | 0´20 | - | <5 | 10 | Inglaterra |
Ynys Castell | Descoñecida | - | <5 | 10 | Gales |
Ynys Gored Goch | 0´004 | - | <5 | 10 | Gales |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muir Éireann". téarma.ie – Dictionary of Irish Terms. Foras na Gaeilge and Dublin City University. Consultado o 18 Nov 2016.
- ↑ "Ellan Vannin" (en manx). Centre for Manx Studies ("Laare-Studeyrys Manninagh"). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2011. Consultado o 8 de xullo de 2011.
- ↑ Cambridge Medieval Celtic Studies, Issues 33–35 University of Cambridge (Gran Bretaña). Department of Anglo-Saxon, Norse and Celtic 1997
- ↑ "Electronic Dictionary of the Irish Language". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 23 de setembro de 2018.
- ↑ Bannerman, David Armitage (1963). The Birds of the British Isles: Volume 12. Edinburgh: Oliver and Boyd. p. 84.
- ↑ "The Caledonian". The Caledonian (New York: Caledonian Publishing Co.) 4: 25. 1903.
- ↑ "Irish Sea Facts". Irish Sea Conservation. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 3 de xullo de 2011.
- ↑ M J Howarth. "Hydrography of the Irish Sea" (PDF). United Kingdom Department of Trade and Industry. Consultado o 2 de febreiro de 2015.
- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition + corrections" (PDF). International Hydrographic Organization. 1971. p. 42 [corrections to page 12]. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010.
- ↑ As cifras de poboación son do censo de 2001, agás a illa de Man, de 2006..
As poboacións das illas menores estimouse en 5 por casa habitada - ↑ Isle of Man Census 2006 Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (excluding the population of 2 living on the Calf of Man)
- ↑ National Statistics – Walney North (Ward) Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. and Walney South (Ward) Arquivado 15 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Irlanda |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |