Lorenzo Ghiberti
Autorretrato de Ghiberti na Porta do Paraíso do Baptisterio da Catedral de Florencia. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1378 Florencia (Italia) |
Morte | 1 de diciembro de 1455 Florencia (Italia) |
Lugar de sepultura | Basílica da Santa Cruz |
País de nacionalidade | Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Ourivaría e escultura |
Ocupación | Escultura, ourivaría, arquitectura |
Xénero artístico | Escultura |
Movemento | Primeiro Renacemento |
Profesores | Bartolo di Michele (en) |
Alumnos | Donatello e Michelozzo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Ghiberti family (en) |
Fillos | Vittorio Ghiberti |
Parentes | Buonaccorso Ghiberti, sobriño |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Lorenzo Ghiberti, 192) Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.7, Lorenzo Ghiberti pittore) Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) |
Lorenzo Ghiberti, nado en Florencia no 1378 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 1455, foi un escultor, ourive, arquitecto e escritor de arte italiano do Quattrocento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa actividade artística como ourive. Con todo, non gañou fama até 1401, cando participou no concurso para decorar as segundas portas do baptisterio da catedral de Florencia, resultando gañador, ó renunciar ó premio ex aequo (con igual mérito) Brunelleschi, o outro finalista.
O seu triunfo no concurso resultou decisivo para a súa vida, posto que a magnitude da tarefa requiriu a creación dun taller de gran tamaño, que se convertería no principal da cidade durante medio século. Nel formáronse figuras destacadas do Renacemento, como Donatello, Michelozzo, Uccello, Masolino e Filarete.
O traballo nestas portas (Porta do Paraíso) durou máis de vinte anos (de 1403 a 1424), e incluíronse vinte episodios da vida de Cristo e oito tallas de santos, dun estilo minucioso, próximo ó gótico.
A súa obra tivo tanto éxito que posteriormente o gremio de comerciantes de Florencia encomendoulle o encargo de executar para o mesmo baptisterio unha terceira dobre porta, que acabou en 1452. Está decorada con dez baixorelevos de bronce dourado que representan escenas do Antigo Testamento, nun estilo totalmente diferente ó anterior, no que se aplican consecuentemente as regras da perspectiva renacentista. Miguel Anxo bautizou esta porta como «Porta do Paraíso», nome co que se segue coñecendo actualmente.
Resultou tamén finalista xunto a Brunelleschi no concurso para a construción da cúpula da catedral (Santa María das Flores), pero esta vez o traballo foille encargado a Brunelleschi.
Ghiberti esculpiu tamén algunhas estatuas de bronce para a igrexa florentina de Orsanmichele. Nos seus últimos anos escribiu os tres tomos de «I Commentarii» ( Os Comentarios), no que se incluían valiosas referencias a pintores e escultores italianos, así como unha autobiografía, que é a primeira que se conserva dun artista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lorenzo Ghiberti |
- Biografía de Ghiberti. Traducida das Vidas de Vasari Edición Torrentina de 1550. (en castelán)