[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Kathleen March

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKathleen March

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Rochester, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Estado de Nova York en Buffalo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora, lingüista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeLuis Martul Tobío Editar o valor en Wikidata

BNE: XX871250 Bitraga: 275 AELG: 418 Dialnet: 225419

Kathleen Nora March (asina como Kathleen N. March), nada en Rochester (Nova York) o 20 de outubro de 1949, é unha filóloga estadounidense. Experta en estudos hispanos, latinoamericanos e portugueses, ten afondado e manifestado o seu interese pola literatura galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É doutora en Español, catedrática emérita da Universidade de Maine e directora do Centro de Estudos Galegos de dita universidade. Segundo ela mesma, a lectura e análise de La hija del mar, de Rosalía de Castro, inspirouna para estudar dende 1988 a converxencia entre a literatura, o feminismo e o nacionalismo en Galiza. As súas traducións de obras de Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo e a xa mencionada Rosalía[2] contribuíron á difusión da literatura galega no ámbito anglosaxón.

Na década de 1980 fundou a Galician Studies Association, actualmente coñecida como a Asociación Internacional de Estudos Galegos,[3] da que foi a súa primeira presidenta. Esta entidade revelouse como un importante medio para impulsar os estudos galegos, inicialmente na academia norteamericana e, posteriormente, no ámbito internacional.

March publicou numerosos artigos sobre a literatura feminina galega e latinoamericana. En 2002 doutorouse en Creación Literaria pola Universidade de Maine. En 2015 recibiu o Premio Cultura Galega de Proxección Exterior.[4] En abril de 2021 obtivo a I Bolsa en Residencia Xacobeo para tradutores en lingua galega, convocada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia coa colaboración da Residencia Literaria 1863 da Coruña, proxecto impulsado pola escritora Yolanda Castaño. Nestas instalacións do centro histórico da cidade levou a cabo durante o mes de maio o seu traballo, as traducións ao inglés de Confusión e morte de María Balteira, de Marica Campo, e de Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira.

O 17 de decembro de 2022 foi nomeada membro de honra da Real Academia Galega.[5] Tomou posesión como académica de honra o 23 de setembro de 2023 no regreso da institución ao Balneario de Mondariz.[6]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • De musa a literata: el feminismo en la obra de Rosalía de Castro, 1991.

Obra en inglés

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Buffalo con Luis Martul Tobío o 19 de abril de 1979, é nai de Kimberleigh Adriana Martul-March.[7]

  1. "Kathleen N. March". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2022-06-09. 
  2. "Kathleen N. March: «Rosalía era moi galega, feminista e universal»". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-03-05. Consultado o 2022-06-09. 
  3. "Asociación Internacional de Estudos Galegos – Un lugar de encontro para amantes de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2021. Consultado o 2022-06-09. 
  4. "Premios da Cultura Galega 2015 Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2022-06-09. 
  5. "A Real Academia Galega nomea a Kathleen March membro de honra". Real Academia Galega. Consultado o 2022-12-18. 
  6. "Kathleen March entra o 23 de setembro na RAG como académica de honra no regreso da institución ao Balneario de Mondariz". Real Academia Galega. 2023-09-14. Consultado o 2023-09-15. 
  7. Cronoloxía de Kathleen Nora March

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]