Joseph-Maria Piel
Nome orixinal | (de) Joseph M. Piel |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de xuño de 1903 Morhange, Francia |
Morte | 28 de maio de 1992 (88 anos) Tréveris, Alemaña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Colonia |
Ocupación | romanista, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Colonia |
Membro de | Real Academia Galega (membro de honra) (1980–1992) Real Academia Galega (membro correspondente) (1951–1980) |
Premios | |
Joseph-Maria Piel, quen adoitaba asinar como Joseph M. Piel, nado en Mörchingen (Lorena) o 8 de xuño de 1903 e finado en Tréveris o 28 de maio de 1992, foi un filólogo e lingüista alemán, destacado polos seus estudos romanísticos e especialmente no ámbito galego-portugués, ó que dedicou boa parte dos seus traballos a antroponimia e toponimia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Lorena, daquela incorporada a Alemaña. Pasou a súa infancia en Tréveris, onde estudou bacharelato. Estudou Filoloxía nas universidades de Friburgo, Berlín e Bonn, especializándose en Filoloxía Románica. Foi discípulo directo de Wilhelm Meyer-Lübke, naquela época a figura dominante da romanística. Piel inclinouse primeiramente polo francés, sobre o cal versou a súa tese doutoral (Die Mundart von Courtisols bei Châlons, "O dialecto de Courtisols en Châlons").
Poucos anos despois pasou a Portugal, onde en 1929 era profesor axudante na Universidade de Coímbra. Casou en Lisboa, coa filla dunha familia de comerciantes alemáns alí asentados. En 1938 accedeu a unha cátedra na Facultade de Letras de Coímbra, o que lle permitiu librarse da guerra nos anos seguintes. En 1953, volveu ó seu país natal, no que exerceu a cátedra de Filoloxía Románica na Universidade de Colonia, posto que ostentaría até 1968, data na cal regresou a Lisboa, aínda que alternaba con estadías en Tréveris. En 1978 foi nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, mais o acto, o 20 de xaneiro de 1980, ficou embazado por incidentes estudantís[1].
Joseph Piel é considerado como a gran figura da romanística que deu a coñecer o galego como unha lingua independente dentro da Romania. O seu discípulo máis directo cóidase que é o doutor Dieter Kremer, aínda que se pode citar tamén a Walter Metmann e mais o filólogo galego Ramón Lorenzo Vázquez, que coñeceu a Piel sendo lector na Universidade de Colonia entre 1962 e 1968.
Obra selecta
[editar | editar a fonte]- Contribuções para o léxico etimológico português. Coímbra. Universidade de Coímbra. 1930.
- Os nomes germânicos na toponimia galego-portuguesa. Lisboa. Centro de Estudos Filológicos. Vol. I, 1936. Vol. II, 1945.
- Miscelânea de etimologia portuguesa e galega (primeira série). Coímbra. 1953, XII + 391 páxs.
- Hispano-gotisches Namenbuch (con Dieter Kremer). Heidelberg. 1976.
Gramática
[editar | editar a fonte]- Observações acerca do vocalismo mirandês, in Biblos, VI, 1930, páxs. 187-190.
- A formação dos substantivos abstractos em português, in Biblos, XVI, 1940, páxs. 211-273.
- Considerações sobre a metafonia portuguesa, in Biblos, 18, 1942, páxs. 365-371.
Léxico e etimoloxía
[editar | editar a fonte]- Os nomes populares da codorniz, in Revista de Portugal, série A, XV, 1949, paxs. 57-65.
- Do grego-latino thalamus ao brasileiro tambo, in Ibérida, I, 1959, páxs. 63-68.
- Beiträge zu einem galizischen etymologischen Wörterbuch, in Wort und Text. Festschrift für Fritz Schalk. Frankfurt am Main. 1963, páxs. 83-100.
- Caractères Généraux et Sources du Lexique Galicien, in Actes du Xème Congrès International de Linguistique et Philologie Romane, III, París. 1965
- Apontamentos de etimologia galega, in Estudos Filológicos. Homenagem a Serafim da Silva Neto. Río de Xaneiro. 1967, páxs. 149-154.
- Uma etimologia bem estabelecida, aventurosamente contestada: bravo < barbarus, in Verba. Anuario Galego de Filoloxía, 3, 1976, páxs. 5-10.
- Galego abouxar, sardo (a)boginare, português bugiar, español voznar, in Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, 32, 1976, páxs. 461-466.
Onomástica e toponimia
[editar | editar a fonte]- As águas na toponímia galego-portuguesa, en Boletim de Filologia, VIII, 4, 1945-1947, páxs. 305-342.
- Nomes de possessores latino-cristãos na toponímia asturo-galego-portuguesa, en Biblos, XXIII, 1947, páxs. 143-202 e 283-407.
- Nomes de lugar referentes ao relêvo e ao aspecto geral do solo, en Revista Portuguesa de Filologia, I, 1947, páx. 168 e ss.
- Die ältesten Personennamen Kataloniens in ihrem Verhältnis zu den altspanischen und altsportugiesischen. Barcelona. 1954.
- Antroponimia germánica, en Enciclopedia Lingüística Hispánica, t. I. Madrid. 1960, páxs. 421-444.
- Miscelânea toponímica peninsular, en Revista Portuguesa de Filologia, I, páx. 221 e ss.
- Sobre uma suposta identificação do topónimo galego-português Groba, Grova etc, com o etnónimo pré-romano Grovii, en Verba. Anuario Galego de Filoloxía, 1, 1974, páxs. 62-67.
- Vilarmosén, Rosén e outros topónimos congéneres da província de Orense, en Boletín Auriense, tomo 5, 1975, páxs. 287-289.
- Sobre miragens de pré-história onomástico-lexical galega, a propósito do galego Becerreá, en Grial, 64, 1979, páxs. 129-139.
- Respiga de antro-toponímia galega de origem latina, en Verba. Anuario Galego de Filoloxía, páxs. 125-152.
Edicións de obras literarias
[editar | editar a fonte]- Livro dos Oficios de Marco Túlio Cicerón do qual tirou linguagem o Infante D. Pedro. Coímbra. Universidade de Coímbra. 1948.
- D. Duarte, Livro da ensinança de bem cavalgar toda sela. Lisboa. Casa da Moeda. 1986.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conde Muruais, Perfecto (29/1/1980). "Cela, Cunqueiro y Piel, doctores "honoris causa" de la Universidad de Santiago". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 21/7/2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lorenzo Vázquez, R. (1992). "Joseph M. Piel" in Verba. Anuario Galego de Filoloxía, 19, páxinas 491-500.
- Méndez Ferrín, X. L. (2007). "Respectado doutor Piel". Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Vigo: Xerais. p. 268-271. ISBN 9788497826426.