[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Detroit Pistons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fort Wayne Pistons»)
Detroit Pistons
Detroit Pistons logo
Detroit Pistons logo
Información xeral
Conferencia Leste
División Central
Fundación 1941
Historia Fort Wayne Pistons (1941-1957)
Cores                     Vermello, azul
G League Grand Rapids Drive
Retirados 9 (2, 3, 4, 10, 11, 15, 16, 21, 40)
Localización
Cidade Míchigan Auburn Hills, Míchigan
Pavillón The Palace of Auburn Hills
Capacidade 21.231 espectadores
Inauguración 13 de agosto de 1988
Persoal
Propietario(s) Tom Gores
Presidente Stan Van Gundy
Director Jeff Bower
Adestrador Stan Van Gundy
Títulos
Campión 3 (1989, 1990, 2004)
Conferencia 7 (Oeste: (2) 1955, 1956, Leste: (5) 1988, 1989, 1990, 2004, 2005)
División 9 (1988, 1989, 1990, 2002, 2003, 2005, 2006, 2007, 2008)
pistons.com

Os Detroit Pistons son un equipo profesional de baloncesto, con base en Detroit, Míchigan. Xogan na División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA).

Os Pistons fundáronse en 1941, xogando primeiramente na NBL ata a súa entrada na NBA en 1948. Ata 1958, o equipo xogou en Fort Wayne, Indiana. Entre os éxitos da franquía atópanse dous campionatos da NBL e tres da NBA, dous deles consecutivos en 1989 e 1990, e o terceiro en 2004. Tamén contan con 7 títulos de conferencia e 15 de división (4 deles pertencen á NBL). Os seus partidos coma local os xogan en The Palace of Auburn Hills.

Pavillóns

[editar | editar a fonte]

En Fort Wayne:

En Detroit:

Notas:

  • O 12 de marzo de 1960, os Pistons tiveron que xogar un partido de playoffs ante Los Angeles Lakers no Instituto Grosse Pointe debido á falta de dispoñibilidade de pavillóns.
  • O 27 de abril de 1984, os Pistons xogaron o quinto partido de primeira rolda de playoffs contra os New York Knicks no Joe Louis Arena debido a problemas de calendario.
  • Durante a tempada 1984-85, o tellado do Silverdome veuse abaixo, polo que o equipo tivo que xogar temporalmente no Joe Louis Arena (durante 15 partidos) e no Cobo Arena (un partido).

De Fort Wayne a Detroit

[editar | editar a fonte]

A franquía foi fundada baixo o nome de Fort Wayne Zollner Pistons, un equipo da NBL que xogaba no North Side High School Gym, en Fort Wayne, Indiana. Zollner Corporation, cuxo propietario era Fred Zollner, era unha factoría que manufacturaba pistóns para coches e camións. En 1948, o equipo converteuse en Fort Wayne Pistons, competindo na BAA. Zollner logrou que a NBL e a BAA se unisen e formaran a NBA. Dende aquel intre, os Pistons comezaron a xogar na NBA. Liderados pola súa estrela George Yardley, Fort Wayne Pistons foi unha franquía moi popular na liga e chegou ás Finais en 1954 e 1955, perdendo ambas as dúas.

Ao equipo a cidade de Fort Wayne quedábaselle pequena, polo que en 1957, Zollner levou aos Pistons a Detroit, unha cidade moito máis grande que non tivera equipo de baloncesto profesional nunha década. En 1947, a cidade perdeu aos Detroit Gems da NBL, que se mudou a Minneapolis para converterse en Minneapolis Lakers (agora nos Ánxeles); e a Detroit Falcons da BAA, que desapareceu. Os novos Detroit Pistons xogaron no Olympia Stadium (por entón o pavillón dos Detroit Red Wings da NHL) durante as súas catro primeiras tempadas, ata que se mudaron ao Cobo Arena. A franquía era unha decepción constante, tanto no deportivo coma no financeiro.

Nota: G: Partidos gañados; P:Partidos perdidos; %:porcentaxe de vitorias

Tempada G P % Playoffs Resultado
Fort Wayne Zollner Pistons (NBL)
(Non se inclúe nos totais de G/P)
1941-42 15 9 0.625 Gaña Semifinais
Perde Campionato
Ft Wayne - Akron 2-1
Oshkash - Ft Wayne 2-1
1942-43 17 6 0.739 Gaña Semifinais
Perde Campionato
Ft Wayne - Chicago 2-1
Sheboygan - Ft Wayne 2-1
1943-44 18 4 0.818 Gaña Semifinais
Gaña Campionato
Ft Wayne - Cleveland 2-0
Ft Wayne - Sheboygan 3-0
1944-45 25 5 0.833 Gaña Semifinais
Gaña Campionato
Ft Wayne - Cleveland 2-0
Ft Wayne - Sheboygan 3-2
1945-46 26 8 .765 Perde Semifinais Rochester - Ft Wayne 3-1
1946-47 25 19 .568 Gaña 1ª Rolda
Perde Semifinais
Ft Wayne 3-2 - Toledo
Rochester - Ft Wayne 2-1
1947-48 40 20 .667 Perde 1ª Rolda Rochester 3-1 - Ft. Wayne
Fort Wayne Pistons BAA/NBA
1948-49 22 38 0.367
1949-50 40 28 0.588 Gaña Tiebreaker
Gaña Semifinais de División
Perde Finais de División
Ft. Wayne - Chicago
Ft. Wayne 2, Rochester 0
Minneapolis 2, Ft. Wayne 0
1950-51 32 36 0.471 Perde Semifinais División Rochester 2, Ft. Wayne 1
1951-52 29 37 0.439 Perde Semifinais División Rochester 2, Ft. Wayne 0
1952-53 36 33 0.522 Gaña Semifinais División
Perde Finais de División
Ft. Wayne 2, Rochester 1
Minneapolis 2, Ft. Wayne 0
1953-54 40 32 0.556 Round-Robin
Round-Robin
Rochester e Minneapolis
- Ft. Wayne, 4-0
1954-55 43 29 0.597 Gaña Finais de División
Perde Finais da NBA
Ft. Wayne 3, Minneapolis 2
Syracuse 4, Ft. Wayne 3
1955-56 37 35 0.514 Gaña Finais de División
Perde Finais da NBA
Ft. Wayne 3, St. Louis 2
Philadelphia 4, Ft. Wayne 1
1956-57 34 38 0.472 Perde Tiebreaker División
Perde Semifinais de División
St. Louis - Ft. Wayne
Minneapolis 2, Ft. Wayne 0
Detroit Pistons
(Inclúese nos totais de G/P)
1957-58 33 39 0.458 Gaña Semifinais División
Perde Finais de División
Detroit 2, Cincinnati 0
St. Louis 4, Detroit 1
1958-59 28 44 0.389 Perde Semifinais División Minneapolis 2, Detroit 1
1959-60 30 45 0.400 Perde Semifinais División Minneapolis 2, Detroit 0
1960-61 34 45 0.430 Perde Semifinais División Los Angeles 3, Detroit 2
1961-62 37 43 0.463 Gaña Semifinais División
Perde Finais de División
Detroit 3, Cincinnati 1
Los Angeles 4, Detroit 2
1962-63 34 46 0.425 Perde Semifinais División St. Louis 3, Detroit 1
1963-64 23 57 0.288
1964-65 31 49 0.388
1965-66 22 58 0.275
1966-67 30 51 0.370
1967-68 40 42 0.488 Perde Semifinais División Boston 4, Detroit 2
1968-69 32 50 0.390
1969-70 31 51 0.378
1970-71 45 37 0.549
1971-72 26 56 0.317
1972-73 40 42 0.488
1973-74 52 30 0.634 Perde Semifinais División Chicago 4, Detroit 3
1974-75 40 42 0.488 Perde 1ª Rolda Seattle 2, Detroit 1
1975-76 36 46 0.439 Gana 1ª Rolda
Perde Semifinais Conferencia
Detroit 2, Milwaukee 1
Golden State 4, Detroit 2
1976-77 44 38 0.537 Perde 1ª Rolda Golden State 2, Detroit 1
1977-78 38 44 0.463
1978-79 30 52 0.366
1979-80 16 66 0.195
1980-81 21 61 0.256
1981-82 39 43 0.476
1982-83 37 45 0.451
1983-84 49 33 0.598 Perde 1ª Rolda New York 3, Detroit 2
1984-85 46 36 0.561 Gaña 1ª Rolda
Perde Semifinais Conferencia
Detroit 3, New Jersey 0
Boston 4, Detroit 2
1985-86 46 36 0.561 Perde 1ª Rolda Atlanta 3, Detroit 1
1986-87 52 30 0.634 Gaña 1ª Rolda
Gaña Semifinais Conferencia
Perde Finais de Conferencia
Detroit 3, Washington 0
Detroit 4, Atlanta 1
Boston 4, Detroit 3
1987-88 54 28 0.659 Gaña 1ª Rolda
Gaña Semifinais Conferencia
Gaña Finais de Conferencia
Perde Finais NBA
Detroit 3, Washington 2
Detroit 4, Chicago 1
Detroit 4, Boston 2
LA Lakers 4, Detroit 3
1988-89 63 19 0.768 Gaña 1ª Rolda
Gaña Semifinais Conferencia
Gaña Finais de Conferencia
Gaña Finais NBA
Detroit 3, Boston 0
Detroit 4, Milwaukee 0
Detroit 4, Chicago 2
Detroit 4, LA Lakers 0
1989-90 59 23 0.720 Gaña 1ª Rolda
Gaña Semifinais Conferencia
Gaña Finais de Conferencia
Gaña Finais NBA
Detroit 3, Indiana 0
Detroit 4, New York 1
Detroit 4, Chicago 3
Detroit 4, Portland 1
1990-91 50 32 0.610 Gaña 1ª Rolda
Gaña Semifinais Conferencia
Perde Finais de Conferencia
Detroit 3, Atlanta 2
Detroit 4, Boston 2
Chicago 4, Detroit 0
1991-92 48 34 0.585 Perde 1ª Rolda New York 3, Detroit 2
1992-93 40 42 0.488
1993-94 20 62 0.244
1994-95 28 54 0.341
1995-96 46 36 0.561 Perde 1ª Rolda Orlando 3, Detroit 0
1996-97 54 28 0.659 Perde 1ª Rolda Atlanta 3, Detroit 2
1997-98 37 45 0.451
1998-99 29 21 0.580 Perde 1ª Rolda Atlanta 3, Detroit 2
1999-00 42 40 0.512 Perde 1ª Rolda Miami 3, Detroit 0
2000-01 32 50 0.390
2001-02 50 32 0.610 Gaña 1ª Rolda
Perde Semifinais Conferencia
Detroit 3, Toronto 2
Boston 4, Detroit 1
2002-03 50 32 0.610 Gaña 1ª Rolda
Gaña Semifinais Conferencia
Perde Finais de Conferencia
Detroit 4, Orlando 3
Detroit 4, Philadelphia 2
New Jersey 4, Detroit 0
2003-04 54 28 0.659 Gaña 1ª Rolda
Gaña Semifinais Conferencia
Gaña Finais de Conferencia
Gaña Finais NBA
Detroit 4, Milwaukee 1
Detroit 4, New Jersey 3
Detroit 4, Indiana 2
Detroit 4, LA Lakers 1
2004-05 54 28 0.659 Gaña 1ª Rolda
Gaña Semifinais Conferencia
Gaña Finais de Conferencia
Perde Finais NBA
Detroit 4, Philadelphia 1
Detroit 4, Indiana 2
Detroit 4, Miami 3
San Antonio 4, Detroit 3
2005-06 64 18 0.780 Gaña 1ª Rolda
Gaña Semifinais Conferencia
Perde Finais de Conferencia
Detroit 4, Milwaukee 1
Detroit 4, Cleveland 3
Miami 4, Detroit 2
2006-07 53 29 0.646 Gaña 1ª Rolda
Semifinais de Conferencia
Perde Finais de Conferencia
Detroit 4, Orlando 0
Detroit 4, Chicago 2
Cleveland 4, Detroit 2
2007-08 59 23 0.720 Gaña 1ª Rolda
Gaña Semifinais Conferencia
Perde Finais de Conferencia
Detroit 4, Philadelphia 2
Detroit 4, Orlando 1
Boston 4, Detroit 2
2008-09 39 43 0.476 Perde 1ª Rolda Cleveland 4, Detroit 0
2009-10 27 55 0.329
2010-11 30 52 0.366
2011-12 25 41 0.379
2012-13 29 53 0.354
2013-14 29 53 0.354
2014-15 32 50 0.390
Totais 2572 2714 0.488
Playoffs 200 165 0.548 3 Campionatos

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Equipo actual

[editar | editar a fonte]
Detroit Pistons 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B/E 27 Boeheim, Buddy 1.96 m (6 ft 5 in) 93 kg (205 lb) Syracuse
E/A 7 Brown Jr., Troy 2.01 m (6 ft 7 in) 98 kg (215 lb) Oregon
B/E 2 Cunningham, Cade 2.01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) Oklahoma State
P 0 Duren, Jalen 2.08 m (6 ft 10 in) 113 kg (250 lb) Memphis
A/AP 18 Evbuomwan, Tosan 2.01 m (6 ft 7 in) 98 kg (217 lb) Princeton
B/E 14 Flynn, Malachi 1.85 m (6 ft 1 in) 84 kg (185 lb) San Diego State
A/AP 19 Italia Fontecchio, Simone 2.01 m (6 ft 7 in) 95 kg (209 lb) Italia
E/A 31 Francia Fournier, Evan 1.98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Francia
B/E 24 Grimes, Quentin 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (210 lb) Houston
B/E 23 Ivey, Jaden 1.93 m (6 ft 4 in) 88 kg (195 lb) Purdue
B/E 5 Milton, Shake 1.96 m (6 ft 5 in) 93 kg (205 lb) SMU
AP/P 41 Muscala, Mike 2.11 m (6 ft 11 in) 109 kg (240 lb) Bucknell
E/A 8 Rhoden, Jared 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (210 lb) Seton Hall
B/E 25 Sasser, Marcus 1.88 m (6 ft 2 in) 88 kg (195 lb) Houston
AP/P 28 Stewart, Isaiah 2.03 m (6 ft 8 in) 113 kg (250 lb) Washington
E/A 9 Thompson, Ausar 1.98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Pine Crest (FL)
E/A 17 Umude, Stanley 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (210 lb) Arkansas
P 13 Wiseman, James 2.13 m (7 ft 0 in) 109 kg (240 lb) Memphis
Adestrador
Asistente(s)
  • Brian Adams
  • Mark Bryant
  • Dan Burke
  • Jarrett Jack
  • Brian Randle

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Mancado Mancado

Cadro
Actualizado: 24-02-2024


Xogadores

[editar | editar a fonte]

Adestradores e outros

[editar | editar a fonte]

Números retirados

[editar | editar a fonte]
Dorsais retirados dos Detroit Pistons
Xogador Posición Anos
2 Chuck Daly Adestrador 1983–92
3 Ben Wallace P 2000–06, 2009–12
4 Joe Dumars B/E 1985–99
10 Dennis Rodman A/AP 1986–93
11 Isiah Thomas B 1981–94
15 Vinnie Johnson E 1981–91
16 Bob Lanier P 1970–80
21 Dave Bing B/E 1966–75
40 Bill Laimbeer P 1982–94
- William Davidson Propietario 1974–2009
- Jack McCloskey Director xeral 1979–92

Chuck Daly nunca xogou nun equipo da NBA, o número 2 representa o número que aneis que gañou. Greg Monroe leva o dorsal número 10 dende que chegou ós Pistons no ano 2010, e os Pistons, co consentimento de Dennis Rodman, permitíronlle seguilo levando malia ser retirado no ano 2011.

Mellores rexistros de xogadores da franquía

[editar | editar a fonte]
Tipo Xogador Rexistro
Número de encontros Joe Dumars 1 018
Minutos xogados Isiah Thomas 35 516
Puntos anotados Isiah Thomas 18 822
Rebotes Bill Laimbeer 9 430
Asistencias Isiah Thomas 9 061
Perdas Isiah Thomas 3 682
Roubos Isiah Thomas 1 861
Tapóns Ben Wallace 1 486
Lanzamentos anotados Isiah Thomas 7 194
Porcentaxe de anotación de tiros de campo Andre Drummond 61,8%
Triplas anotadas Joe Dumars 990
Porcentaxe de anotación de triplas José Calderón 52,0%
Tiros libres anotados Isiah Thomas 4 036
Porcentaxe de anotación de tiros libres Chauncey Billups 89,2%

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Líderes históricos

[editar | editar a fonte]

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]