[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Fondo Monetario Internacional

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «FMI»)

Fondo Monetario Internacional
AcrónimoFMI, FMI, FMI, FMI, FMI, FMI, FMI, FMI, IMF, IMA, IMF, IWF, FMI, IMF, NDF, MMF, FME, MMF, ΔΝΤ, HPF, ХПФ, AGS, IMF, FMI, DMI, SVF, IGF, MFW, FMI, MMF, MDS, FMN, XVF, FMI, XVJ, ХВЖ, MMF, ММФ, MMF, СБП, ไอเอ็มเอฟ, FMI, ԱՄՀ, CAI, TVF, МВФ, МВФ, ХВФ, YMF, ЭВФ, ОУВС, МВФ, MMF, МВФ, FMI, 아이엠에프, ХААФ, სსფ, IMF, ММФ, ХВФ, RVF, IMF e FMI
Tipoinstitución financeira internacional e axencia da ONU
Data de fundaciónxullo de 1944 e 1945
Director/aKristalina Gueorguieva, Christine Lagarde, Dominique Strauss-Kahn, Rodrigo Rato, Horst Köhler, Michel Camdessus, Jacques de Larosière, Johan Witteveen, Pierre-Paul Schweitzer, Per Jacobsson, Ivar Rooth e Camille Gutt
Nº de empregados2.908 (2022) Editar o valor en Wikidata
Organización matrizONU
SedeWashington, D.C.
PaísEstados Unidos de América
38°53′56″N 77°02′39″O / 38.899005555556, -77.044225
Na rede
https://www.imf.org/
Facebook: 109505255742373 Twitter: IMFNews Instagram: the_imf LinkedIn: international-monetary-fund Youtube: UCIYhr3JsLYfKkCM7-W5B6DA Flickr: 38851430@N07 BNE: XX138883 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Fondo Monetario Internacional (en inglés: International Monetary Fund, que acostuma abreviarse como FMI en galego e como IMF en inglés) é, xunto co Banco Mundial, unha das organizacións internacionais denominadas de Bretton Woods, así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiriu eficacia en 1945 e ambas organizacións naceron en maio de 1946. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das Nacións Unidas. A súa sede radica en Washington (Estados Unidos de América). En 2010, durante a 14ª revisión xeral de cotas os fondos financeiros dispoñibles do FMI situábanse en 755 700 millóns de U.S. dólares.[1]

A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da globalización económica e dos promotores do denominado Consenso de Washington. As principais críticas céntranse no papel dominante que teñen os países desenvolvidos dentro do organismo, o que causa que o FMI oriente as súas políticas globais ó fomento do capitalismo neoliberal,[2] por mor de impor ós países en vías de desenvolvemento -e máis recentemente a algúns países europeos- os seus programas económicos. Os seus préstamos son realizados a cambio do cumprimento destes programas baseados no Consenso de Washington -redución do déficit e do gasto público-, as políticas monetaristas e o neoliberalismo,[3] o que segundo os seus críticos provocou un aumento da fenda entre ricos e pobres e un empeoramento dos servizos públicos, como a sanidade.[4] Tamén está acusada de apoiar e financiar ás ditaduras militares en Latinoamérica e África,[5] e tamén se criticaron puntualmente as súas políticas sobre medio ambiente e alimentación.[6][7]

A segunda sede.

O FMI foi creado en xullo de 1944 durante a conferencia de acordos de Bretton Woods a fin de garantir a estabilidade do Sistema Monetario Internacional despois da segunda guerra mundial. Comezou a existir oficialmente o 27 de decembro de 1945, cando os primeiros 29 países ratificaron o convenio correspondente.[8] Entre os seus obxectivos estaba impedir que as grandes potencias económicas caesen de novo na situación dos anos 30, durante un período onde as desvalorizacións da moeda e as decisións sobre políticas económicas crearan enormes tensións internacionais.

A nova orde económica que propuña o representante estadounidense e, segundo se soubo máis tarde, comunista e espía da Unión Soviética,[9]Harry Dexter White, baseábase en tres regras:

  • Cada Estado debía definir a súa moeda en relación co ouro ou co dólar estadounidense.
  • O valor da moeda debía flutuar unicamente nunha marxe de 1 % con relación á súa paridade oficial.
  • Cada Estado estaba encargado de defender esta paridade velando polo equilibrio da balanza de pagamentos.

Por tanto, o papel do sistema monetario internacional é promover a ortodoxia monetaria para que se manteña un contexto favorable ao desenvolvemento do comercio mundial, tras conceder préstamos a algúns países en dificultades no contexto da reconstrución despois da segunda guerra mundial. Segundo os seus estatutos, os seus obxectivos son «fomentar a cooperación monetaria internacional; facilitar a expansión e o crecemento equilibrado do comercio internacional; fomentar a estabilidade cambiaria; contribuír a establecer un sistema multilateral de pagos para as transaccións correntes entre os países membros e eliminar as restricións cambiarias que dificulten a expansión do comercio mundial; dar confianza aos países membros poñendo á súa disposición temporalmente e coas garantías adecuadas os recursos do Fondo, dándolles así oportunidade de que corrixan os desequilibrios das súas balanzas de pagos sen recorrer a medidas prexudiciais para a prosperidade nacional ou internacional, para acurtar a duración e minorar o desequilibrio das súas balanzas de pagos».[10]

O FMI é máis ou menos, complementario doutras grandes institucións económicas da época como o Banco Mundial, o BIRD (Banco Internacional de Reconstrución e Desenvolvemento), creados ao mesmo tempo, e o Acordo Xeral sobre Aranceis GATT asinado pouco tempo despois.

Durante as negociacións de Bretton Woods, o representante británico, o economista John Maynard Keynes, suxeriu a creación dunha institución máis importante, unha verdadeira Banca Central Mundial que emitise unha moeda internacional, o "Bancor". Esta proposición foi rexeitada porque significaría para os Estados Unidos, unha perda da súa influencia co dólar.[11]

Estrutura organizativa do FMI

[editar | editar a fonte]

Os órganos principais do FMI son o Consello de Gobernadores (Board of Governors) de composición plenaria; o Consello Executivo ), composto de 24 Directores Executivos (Executive Directors) e o Director Operativo (Managing Director). O Consello de Gobernadores reúnese, por norma, unha vez ao ano e as súas funcións son en boa medida delegadas ao Consello Executivo, que é permanente.

Dos membros do Consello Executivo 5 son permanentes e pertencen aos 5 Estados que contribúen coa maior cota ao Fondo (Estados Unidos, Xapón, Alemaña, Francia e o Reino Unido), entanto os outros son elixidos polo Consello dos Gobernadores a partir dun sistema de reagrupamentos de países (non necesariamente sobre base rexional).

O Director Operativo é elixido polo Consello Executivo e presídeo.

O FMI dispón dun capital posto a disposición dos seus membros e o voto dentro dos seus órganos é ponderado, en razón da cota devengada ao Fondo. Isto fai que, para tomar as decisións máis importantes, son precisas maiorías moi altas (os 2/3 ou os 3/4 dos votos); os Estados Unidos de América e o grupo dos principais países da Unión Europea posúen de feito o poder de veto.

Diferenzas entre o FMI e o Banco Mundial

[editar | editar a fonte]

Hai certa confusión entre o FMI e o Banco Mundial. O FMI está encargado dos balances comerciais dos Estados membros con auditoría independente, ademais das funcións sinaladas arriba. O Banco Mundial, fai empréstimos a longo prazo, con propósitos xerais; como banco de investimento é un intermediario entre os solicitantes (gobernos ou países) e os prestatarios (corporacións ou individuos). O FMI só realiza empréstimos cando os seus países membros necesitan estabilizar as súas economías ou as taxas de cambio con certa rapidez, e estes empréstimos han ser pagados nun prazo de 5 anos.

Directores administrativos

[editar | editar a fonte]

Non é unha regra oficial, mais os directores administrativos do FMI acostuman ser europeos, e o presidente do Banco Mundial, norteamericano.

Kristalina Gueorguieva, actual directora do Fondo Monetario Internacional
Datas Nome Nacionalidade
6 de maio de 1946 - 5 de maio de 1951 Camille Gutt Bélxica Bélxica
3 de agosto de 1951 - 3 de outubro de 1956 Ivar Rooth Suecia Suecia
21 de novembro de 1956 - 5 de maio de 1963 Per Jacobsson Suecia Suecia
1 de setembro de 1963 - 31 de agosto de 1973 Pierre-Paul Schweitzer Francia
1 de setembro de 1973 - 16 de xuño de 1978 Johannes Witteveen Bélxica Bélxica
17 de xuño de 1978 - 15 de febreiro de 1987 Jacques de Larosière Francia
16 de febreiro de 1987 - 14 de febreiro de 2000 Michel Camdessus Francia
1 de maio de 2000 - 4 de marzo de 2004 Horst Köhler Alemaña Alemaña
4 de marzo de 2004 - 7 de xuño de 2004 (interina) Anne Osborn Krueger Estados Unidos de América Estados Unidos
7 de xuño de 2004 - 31 de outubro de 2007 Rodrigo Rato España España
1 de novembro de 2007 - 18 de maio de 2011 Dominique Strauss-Kahn Francia
18 de maio de 2011 - 5 de xullo de 2011 (interino) John Lipsky Estados Unidos de América Estados Unidos
5 de xullo de 2011 - 12 de setembro de 2019 Christine Lagarde Francia
2 de xullo de 2019 - 1 de outubro de 2019 (interino) David Lipton Estados Unidos de América Estados Unidos
1 de outubro de 2019 - actualidade Kristalina Gueorguieva Bulgaria Bulgaria

Rexurdimento

[editar | editar a fonte]

No cume do G20 de 2009, o Fondo Monetario Internacional cuadriplicaba a súa capacidade financeira a mil millóns de dólares. Ademais encargóuselle supervisar se os países estimulaban suficientemente as súas economías e se estaban a reformar os seus sistemas regulatorios, ademais de alertar sobre os problemas financeiros.[12] Preto de 500.000 millóns de dólares serían destinados a rescatar as economías en problemas[13] e o organismo dispón dunha liña de crédito que non esixe ós debedores levar a cabo reformas económicas impopulares,[13] como a redución do gasto fiscal, aínda que só algúns países poden optar a este tipo de crédito.[13] Para os outros países, o fondo obrigará a que se reduzan os gastos fiscais ou se eleven as taxas de interese aínda que tratará de protexer os programas para os máis pobres.[13]

En marzo de 2008 as accións con dereito a voto dos países en desenvolvemento ó Fondo Monetario Internacional crecerían en 5,4 puntos porcentuais. Para Brasil, isto significa un 1,7%. A participación da China é de 3,8%. Estes aumentos marxinais aínda non se fixeron efectivos.[14] Durante a reunión do Fondo Monetario Internacional en abril, os países encargáronlle a misión de combater a recesión global e impedir que se producisen novas recesións.[13] Por iso último, levouse a cabo unha proba do sistema de advertencia temperá, dando advertencias e ditando políticas ós países de maneira privada.[13]

  • Modernizar as condicións: as condicións dos préstamos serán obxectivos precisos e os criterios de execución estrutural eliminaranse de tódolos programas.[15]
  • Liña de Crédito Flexible: para países con fundamentos políticos e económicos sólidos. Non están suxeitos ós obxectivos de políticas acordados polo país, os seus prazos de reembolso son de 3 anos e medio a 5, son renovables e son para o uso da balanza de pagamentos e continxencias.[15]
  • Fortalecer os acordos stand-by: con maior flexibilidade.[15]
  • Duplicación dos límites do acceso ó financiamento: os novos límites anuais e acumulativos de acceso ó financiamento non concesionario do FMI son de 200% e 600% da cota, respectivamente.[15]
  • Simplificar os custos e vencementos[15]
  • Simplificar os servizos: eliminaranse os servizos pouco utilizados que serán incluídos nas LCF (liñas de crédito flexible).[15]
  • Reforma dos servizos para os países de baixos ingresos.[15]

Críticas á acción do FMI

[editar | editar a fonte]

Con todo, as súas políticas (especialmente, as condicións que impón ós países en vías de desenvolvemento para o pago da súa débeda ou en outorgar novos préstamos) foron severamente cuestionadas como causantes de regresións na distribución das rendas e prexuízos ás políticas sociais. Algunhas das críticas máis intensas partiron de Joseph Stiglitz, economista xefe do Banco Mundial de 1997 a 2000 e Premio Nobel de Economía 2001.[16]

Algunhas das políticas criticadas son:

  • Saneamento do orzamento público a expensas do gasto social. O FMI apunta que o Estado non debe outorgar subsidios ou asumir gastos de grupos que poden pagar polas súas prestacións, aínda que na práctica isto resulte na diminución dos servizos sociais aos sectores que non están en condicións de pagalos.
  • Xeración de superávit primario suficiente para cubrir os compromisos de débeda externa.
  • Eliminación de subsidios, tanto na actividade produtiva como nos servizos sociais, xunto coa redución dos aranceis.
  • Reestruturación do sistema impositivo. Co fin de incrementar a recadación fiscal, impulsou xeralmente a implantación de impostos regresivos de fácil percepción -como o IVE (imposto sobre o valor engadido).
  • Eliminación de barreiras cambiarias. O FMI neste punto é partidario da libre flutuación das divisas e dun mercado aberto.
  • Desenvolvemento dunha estrutura de libre mercado en practicamente todos os sectores de bens e servizos, sen intervención do Estado, que só debe asumir un rol regulador cando se requira.
  • O concepto de servizos, na interpretación do FMI, esténdese ata incluír áreas que tradicionalmente se interpretan como estruturas de aseguramento de dereitos fundamentais, como a educación, a saúde ou a previsión social.
  • Políticas de flexibilidade laboral, entendido como a liberalización do mercado de traballo.

Estes puntos foron centrais nas negociacións do FMI en Latinoamérica como condicionantes ó acceso dos países da rexión ó crédito, nos anos oitenta. Arguméntase que provocaron unha desaceleración da industrialización, ou desindustrialización na maioría dos casos. As recesións en varios países latinoamericanos a finais dos anos noventa e crises financeiras como a da Arxentina a finais de 2001, son presentadas como exemplos do fracaso das "receitas" do Fondo Monetario Internacional, por canto eses países determinaron a súa política económica sobre a base de recomendacións do organismo.

Análise insuficiente e falta de métodos de supervisión

[editar | editar a fonte]

Un equipo de funcionarios do FMI reúnese, xeralmente tódolos anos, con autoridades do goberno e do banco central (sindicatos, asociacións de empresarios, catedráticos, órganos lexislativos e operadores financeiros) de cada un dos países membros a fin de examinar a evolución e a política económica do país. Para realizar a supervisión dos países, un equipo do FMI visita o país, obteñen información económica e financeira e analiza coas autoridades nacionais o acontecido recentemente no plano económico e as políticas monetaria e fiscal, así como as medidas estruturais. Normalmente, os funcionarios preparan unha declaración final que resume o discutido co país membro deixándoo en mans das autoridades quen teñen a opción de publicalo. No plano global, o Directorio Executivo parte en gran medida dos informes elaborados polos funcionarios técnicos sobre as perspectivas da economía mundial e os mercados financeiros. Con todo, un informe independente elaborado por un equipo da Oficina de Avaliación Independente do FMI '(OIE) para o período (2004-2007), que precedeu á crise económica de 2008 sinalou a incapacidade do FMI de prever a crise durante estes anos.[17] O informe sinala que durante este período "a mensaxe repetida constantemente era o dun optimismo permanente" e o FMI compartía a idea estendida de que "unha crise grave dos principais países industrializados era pouco probable". Ata os primeiros momentos da crise e mesmo en abril de 2007, "a mensaxe do FMI ... presentaba unha contorna económica internacional favorable". O FMI prestara pouca atención á deterioración dos balances dos sectores financeiros, os posibles vínculos entre a política monetaria e os desequilibrios mundiais e a expansión do crédito. O FMI non vira os principais compoñentes subxacentes da crise en xestación. O presidente ruso Vladímir Putin tamén destacou este problema, pedindo unha reforma do FMI para que sexa máis rápido na toma de decisións efectivas nunha contorna financeira moi cambiante rapidamente.[18]

Nos Estados Unidos, o FMI non analizou a degradación das regras para a concesión de hipotecas, nin o risco desta situación para as institucións financeiras e "mantívose optimista sobre a propensión á titulización para diluír os riscos". En febreiro de 2006, o "Programa de Avaliación do Sector Financeiro" (PESF) que trataba sobre o Reino Unido afirmaba que "as carteiras de préstamos hipotecarios dos bancos non parecen representar unha fonte importante de vulnerabilidade directa". En canto a Islandia, onde o crecemento do sector bancario aumentou do 100 % ao 1 000 % do PIB en 2003, a supervisión do FMI "fallou notoriamente ao non sinalar os perigos dun sistema bancario sobredimensionado". En 2007, os informes do FMI afirmaban que "as perspectivas a medio prazo de Islandia seguen sendo envexables". O FMI saudaba as "innovacións financeiras" e recomendaba a outros países avanzados o uso dos mesmos métodos que os Estados Unidos e o Reino Unido. Neste contexto, o FMI criticaba en 2006 a Alemaña e ao Canadá. Para este último país, declaraba que "as tímidas estratexias" do sistema bancario do Canadá ofrecían rendementos dos activos moito máis baixos que nos Estados Unidos". Os consellos do FMI a estes países centrábanse especificamente en contra das "barreiras estruturais, algunhas das cales axudaron a protexer a estes países dos factores que desencadearon a crise".[19]

Se o informe de primavera do 2008 "sobre a estabilidade financeira no mundo" (GFSR), informaba de que as principais institucións financeiras poderían ter problemas de solvencia no verán de 2008, o FMI "afirmaba con énfase que a crise estaba baixo control". En maio de 2008, en Bruxelas, Dominique Strauss-Kahn dixo sobre o sector financeiro que "as peores noticias deixámolas atrás".[20]

O informe da OIE explica a incapacidade do FMI para identificar os riscos e dar avisos mediante varios factores:

  • Métodos de análises incompletas e un "alto grao de pensamento doctrinario"
  • O punto de vista predominante de que "a autorregulación dos mercados sería suficiente para eliminar calquera problema importante das institucións financeiras"
  • Insuficiente vinculación entre a análise macroeconómica e o do sector financeiro
  • Lagoas no goberno interno

Crítica sobre as condicións chamadas de axuste estrutural

[editar | editar a fonte]

Os críticos do FMI pensan que as condicións negociadas co FMI, unha entidade internacional, en forma de plans de axuste estrutural limitan a soberanía das economías das nacións axudadas ao dirixir certos aspectos da política do Estado en cuestión.

Critican tamén o impacto destes plans sobre a economía. Desde o seu punto de vista, a redución de salarios diminúe o poder adquisitivo nominal, e a privatización das empresas públicas reduce a capacidade de intervención do Estado. Ademais, o aumento das importacións adoita pór en dificultades as economías locais dos sistemas de produción tradicionais.

A supresión de programas de saúde pública resulta tamén nun aumento de enfermidades como as infeccións por sida ou a tuberculose, o que resultou en maior número de mortos, e tamén aumentos dos custos da sanidade para facer fronte a estes novos enfermos e empeoramento da economía por estes custos adicionais, perda de man de obra e baixas laborais.

O FMI e Libia

[editar | editar a fonte]

O 18 de novembro de 2008, o director do FMI, Dominique Strauss-Kahn, resume a súa reunión con Muamar al-Qadafi: "os encontros que mantivemos son mostra do noso punto de vista común sobre as realizacións de Libia e sobre os principais desafíos aos que se enfronta. As reformas ambiciosas dos últimos anos produciron un forte crecemento […]. O reto principal é manter o ritmo das reformas en curso con vistas a reducir o tamaño do Estado".[21]

Esta análise económica confirmouse seis días despois do comezo das revoltas en Bengasi que significaron o comezo da Guerra de Libia o 15 de febreiro de 2011. Un informe do FMI encomiaba a boa xestión económica de Libia do coronel Qadafi, animábao a "continuar mellorando a economía", mencionando o seu "ambicioso programa de reformas".[22]

Servizos financeiros do FMI

[editar | editar a fonte]
  • Os acordos de dereito de xiro forman o núcleo da política de crédito do FMI. Un acordo de dereito de xiro ofrece a seguridade ao país membro de que poderá virar ata unha determinada cantidade, habitualmente durante un período de 12 a 18 meses, para facer fronte a un problema de balanza de pagamentos a curto prazo.
  • Servizo ampliado do FMI. O apoio do FMI a un país membro ao amparo do servizo ampliado do FMI ofrece a seguridade de que o país membro poderá virar ata unha determinada cantidade, habitualmente durante un período de tres a catro anos, para axudar a solucionar problemas económicos de tipo estrutural que estean a causar graves deficiencias na balanza de pagamentos.
  • Servizo para o crecemento e a loita contra a pobreza (substituíu o servizo reforzado de axuste estrutural en novembro de 1999). Un servizo no que se cobran taxas de interese baixas para axudar aos países membros máis pobres que enfrontan problemas persistentes de balanza de pagamentos. O custo que pagan os prestatarios está subvencionado cos recursos obtidos da venda de ouro propiedade do FMI, máis préstamos e doazóns que os países membros conceden ao FMI con ese fin.
  • Servizo de complementación de reservas. Ofrece aos países membros financiamento adicional a curto prazo se experimentan dificultades excepcionais de balanza de pagamentos debido a unha perda súbita e ameazadora de confianza do mercado que conduza a unha saída de capital. A taxa de interese para os préstamos en virtude deste servizo leva asociada unha recarga sobre o nivel habitual do crédito do FMI.
  • Asistencia de emerxencia. Proceso aberto en 1962 para axudar aos países membros a superar os problemas de balanza de pagamentos debidos a catástrofes naturais repentinas e imprevisibles; o servizo ampliouse en 1995 para ter en conta certas situacións xurdidas nun país membro tras un conflito que alterase a súa capacidade institucional e administrativa.
  1. "IMF Executive Board Approves Major Overhaul of Quotas and Governance" (en inglés). Fondo Monetario Internacional. 5 de novembro de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  2. Alexander, Titus (1996). Unravelling Global Apartheid: an overview of world politics. Polity press. p. 133.
  3. Chorev, Nistan; Sarah Babb (June 2009). The crisis of neoliberalism and the future of international institutions: a comparison of the IMF and the WTO. Springer Science and Busiess Media.
  4. Hertz, Noreena. The Debt Threat. Nueva York: Harper Collins Publishers, 2004.
  5. Eric Toussaint (2014). "El apoyo del Banco Mundial y del FMI a las dictaduras". Consultado o 14 de maio de 2014. 
  6. Bredenkamp, Pattillo, Hugh, Catherine (25 de marzo de 2010). "IMF Staff Position Note" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  7. "Death on the Doorstep of the Summit" (en inglés). Oxfam. 2002. Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  8. Somanath, V. S. (1 de febreiro de 2011). International Financial Management. p. 79. ISBN 9789381141076. 
  9. "Francisco Cabrillo - Harry Dexter White: un comunista en el FMI". Libre Mercado. Consultado o 17 de marzo de 2016. [Ligazón morta]
  10. Convenio constitutivo del FMI.
  11. Martín Millán, L. "“Bancor”: La Moneda Global del Fondo Monetario Internacional Arquivado 04 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". En Geopolitico.es. 30 de agosto de 2010.
  12. L'FMI és el gran triomfador de la cimera[Ligazón morta], 7 de abril de 2009, Bob Davis The Wall Street Journal
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 Juntament amb nous recursos, el FMI assumeix més riscos polítics[Ligazón morta], 30 de abril de 2009, Bob Davis The Wall Street Journal
  14. Els països BRIC busquen més influència[Ligazón morta], 30 de abril de 2009, Bob Davis The Wall Street Journal
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 El FMI reestructura sus mecanismos de crédito para ayudar a los países a afrontar la crisis, 2009
  16. El malestar en la globalización, Taurus, Madrid, 2002. ISBN 978-84-306-0478-4
  17. Desempeño del FMI durante el período previo a la crisis financiera y económica: La supervisión del FMI entre 2004-07. Oficina de Avaliación Independente do FMI. Ruben Lamdany e Nancy Wagner, 10 de xaneiro de 2011
  18. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  19. Rapport dévaluation de l'IEO (Independent Evaluation Office du FMI)
  20. FMI - Le mea culpa de DSK. Le Point, 9 de febreiro de 2011
  21. http://www.imf.org/external/french/np/sec/pr/2008/pr08290f.htm
  22. Rapport du FMI

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]