[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Estaca de Bares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaEstaca de Bares
Imaxe
Tipocabo
Zona de especial protección para as aves
promontorio Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBares, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°47′25″N 7°41′16″O / 43.7903, -7.6878
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie851,54 ha Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES1110010 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundacióndecembro de 2004 Editar o valor en Wikidata

A Estaca de Bares é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) da parroquia na coruñesa de Bares, Mañón. Este cabo é o punto máis setentrional da Península Ibérica e o que se considera o punto de división entre o mar Cantábrico e o Atlántico.[1][2][3][4][5] Nel destaca o faro da Estaca de Bares, construído en 1850.[6]

Con 2.500 mm ó ano é unha dos lugares máis chuviosos de Europa.

Características

[editar | editar a fonte]

O cabo é un enclave con valor ornitolóxico xa que é unha atalaia na que se avistan moitas das migracións de aves mariñas. Consta que desde os anos 50 do pasado século XX ornitólogos europeos comezaron a frecuentar a zona, que en varias épocas do ano reúne a numerosos ornitólogos[7].

Entre os meses de agosto e novembro, chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares: mascato, arao romeiro, corvo mariño real e pato pentumeiro son as especies mellor representadas, nidificando tamén na zona o falcón peregrino.[Cómpre referencia]

Neste cabo tamén poden verse as ruínas dunhas instalacións militares abandonadas. Unha delas era unha instalación dos Gardacostas dos Estados Unidos ao comezo dos anos 60, como unha base LORAN (do inglés: Long Range Aid to Navigation). A estación de Estaca de Bares operaba conxuntamente coas estacións do Goberno británico en East Blockhouse, Gales e, ata 1973, do Goberno francés en Porspoder, Francia.

En 1978, tras a finalización das operacións LORAN dos gardacostas, a Forza Aérea dos Estados Unidos asumiu o control da base. A base funcionou como unha estación de comunicacións ata 1991. Na actualidade, estas instalacións están en ruínas.[8]

Galería de imaxes de Estaca de Bares

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]