John Boyd Dunlop
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1840 Dreghorn, Reino Unido (en) |
Morte | 23 de outubro de 1921 (81 anos) Dublín, Irlanda |
Lugar de sepultura | Cemitério Deans Grange (pt) |
Educación | Universidade de Edimburgo |
Actividade | |
Campo de traballo | Veterinario |
Ocupación | inventor, emprendedor, veterinario |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dictionary of National Biography, third supplement (en) |
John Boyd Dunlop, nado en North Ayrshire o 5 de febreiro de 1840 e finado en Dublín o 23 de outubro de 1921, foi un veterinario escocés que reinventou o pneumático con cámara. Fundou a compañía que leva o seu apelido, Dunlop Tyres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha granxa en Dreghorn, no norte de Ayrshire (Escocia), e licenciouse como veterinario no Edinburgh Veterinary College (agora parte da Universidade de Edimburgo) con só 19 anos. Exerceu a profesión de veterinario en Edimburgo durante oito anos. En 1867 trasladouse a Belfast.
Pneumáticos
[editar | editar a fonte]En 1887, desenvolveu o primeiro pneumático con cámara de aire para o triciclo que o seu fillo de nove anos de idade usaba para ir á escola polas rúas bacheadas de Belfast. Para resolver o problema do traqueteo do triciclo, Dunlop inflou uns tubos de goma cunha bomba de aire para inflar balóns. Despois envolveu os tubos de goma cunha lona para protexelos e pegounos sobre as lamias das rodas do triciclo. Ata entón, a maioría das rodas tiñan lamias con goma maciza, pero os pneumáticos permitían unha marcha notablemente máis suave. Desenvolveu a idea e patentou o pneumático con cámara o 7 de decembro de 1888. Con todo, dous anos despois de que lle concedesen a patente, Dunlop foi informado oficialmente de que a patente foi invalidada polo inventor escocés Robert William Thomson, quen patentara a idea en Francia en 1846 e en Estados Unidos en 1847.[1] Dunlop gañou unha batalla legal contra Robert William Thomson e validou a súa patente.
Dunlop fundou a compañía Dunlop Tyres que máis tarde sería coñecida como Dunlop Rubber Company. A produción comercial empezou a finais de 1890 en Belfast. Dunlop vendeu a súa patente e o nome da súa compañía a William Harvey Du Cros, que xa era propietario da Pneumatic Tire and Booth's Cycle Agency, a cambio de 1500 accións da compañía resultante e finalmente non fixo moita fortuna pola súa invención. Dunlop retirouse a Dublín, onde morreu o 12 de outubro de 1921, e foi enterrado no cemiterio de Deansgrange, un suburbio ao sur de Dublín.
O desenvolvemento do pneumático con cámara de Dunlop chegou nun momento crucial durante a expansión do transporte terrestre, coa construción de novas bicicletas e automóbiles.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía de Robert William Thomson Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés).