[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cullerete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cullerete

Macho.

Femia.
Femia.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Xénero: Anas
Especie: A. clypeata
Nome binomial
Anas clypeata
Linnaeus, 1758
Distribución da especie
Distribución da especie

Distribución da especie
Sinonimia

Spatula clypeata

O cullerete (Anas clypeata) é unha ave da familia dos anátidos (Anatidae) caracterizada polo bico espatulado en forma de culler que lle dá nome. Trátase dunha das especies de parrulo máis comúns e espalladas polo hemisferio norte.

Sistemática

[editar | editar a fonte]

O cullerete é o representante europeo dos culleretes, que ten representantes noutras áreas do mundo como o cullerete arxentino (Anas platalea), o cullerete australiano (Anas rhynchotis) e o cullerete surafricano ou cullerete do Cabo (Anas smithii). Os catro forman parte do grupo zoolóxico dos Anatini. O cullerete arxentino é a especie de menor tamaño. Os culleretes son o exemplo clásico da distribución de especies moi similares ata cubrir a terra.

Os costumes de tódolos culleretes son semellantes, e diferéncianse entre eles só por pequenas variacións de tamaño e pola plumaxe. O máis característico dos culleretes é o bico ancho en forma de culler ou espátula, que lles serve de aparato para filtrar a auga.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O cullerete pode chegar aos 50 cm e pesa entre 400 e 1.100 gramos. A amplitude das ás acada os 80 cm. O peteiro, a parte que chama máis a atención ao observalo, mide uns 7 cm. Amosa un claro dimorfismo sexual: a cabeza do macho é verde escura e o bico é de cor gris intensa. O peito é branco, as plumas do lombo son escuras con plumas brancas intercaladas. No medio da zona lateral ten plumaxe castaña avermellada. O iris dos ollos e as patas son vermellos.

A femia ten un debuxo de fondo acastañado, co bico tamén castaño e patas vermellas. Non é doado diferenciala da doutras especies de culleretes.

Non é un parrulo especialmente tímido. Voando, acada velocidades de 85 km/h. Chegan a vivir ata 20 anos. O seu son característico, unha especie de "tock", é pouco audible.

Distribución xeográfica en Europa. Verde claro: no verán. Azul: no inverno. Verde escuro: todo o ano

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Vive en augas interiores con alimento abundante de Norteamérica e Eurasia. Prefire zonas acuáticas con moita vexetación e ribeiras con moitos xunqueiras mestas. Fóra da época de cría pode verse tamén á beira do mar e en lagos salgados. No inverno, os exemplares do norte e centro de Europa emigran ao sur do continente ou a África.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Os culleretes criban co bico a auga procurando plancto, larvas de insectos, pequenos crustáceos, cabezolos e ovos de peixes ou anfibios.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Macho de cullerete
Spatula clypeata

Maduran sexualmente ao ano de idade. A época de cría vai de maio a xullo. A femia fai no chan, preto da auga, un niño de anacos de plantas, ben agochado na vexetación. Pon de seis a trece ovos de cor gris azulada e duns cinco centímetros de longo. A femia choca os ovos entre 22 e 28 días. Os polos nados son inmediatamente conducidos á auga, e están en condicións para voar aos 40 ou 45 días de naceren.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hartmut Kolbe; Die Entenvögel der Welt, Ulmer Verlag 1999, ISBN 3-8001-7442-1 (en alemán)
  • T. Bartlett, Ducks And Geese - A Guide To Management, The Crowood Press, 2002, ISBN 1-85223-650-7 (en inglés)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]