Compromiso por Galicia
Compromiso por Galicia | |
---|---|
Acrónimo | CG |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | galeguismo, europeísmo e Progresismo |
Data de fundación | maio de 2012 |
País | España |
Na rede | |
http://www.compromiso.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Compromiso por Galicia é unha formación política galega de orientación nacionalista, constituída en maio de 2012[1] por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (Rafael Cuíña, Teresa Táboas, Xosé Manuel Pérez Bouza), así como por outras pequenas formacións como Terra Galega,[2] PNG-PG, PG, PGD e CG.
Máis Galiza, algúns integrantes de Acción Galega, e o PNG-PG, proveñen do BNG. Unha das formacións fundadoras, o Espazo Ecosocialista, decidiu posteriormente a súa saída da organización.[3]
No momento da súa fundación definíase como galeguista, progresista e socialdemócrata.[4] En 2019 desbotou a socialdemocracia da súa ideoloxía e engadiu o europeísmo.
Formacións creadoras
- Máis Galiza, antiga corrente interna do BNG creada en 2009, de corte socialdemócrata, constituída en partido político en 2012. Ese ano abandonou o BNG trala súa XIII Asemblea Nacional, debido a diferenzas ideolóxicas e organizativas coa candidatura promovida pola Unión do Povo Galego (UPG), gañadora da citada Asemblea. O seu líder era Carlos Aymerich, quen, trala escisión do BNG, decidiu ficar nel, con Xoán Bascuas como secretario xeral.
- Acción Galega, organización política de centro progresista transversal[5] liderada polo empresario Rafael Cuíña, anterior membro do Partido Popular de Galicia. Outros membros destacados da organización son Teresa Táboas, exconselleira do bipartito galego, ou o exsenador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza.[6]
- Espazo Ecosocialista Galego, tamén coñecido como Ecogaleguistas, liderado por Xoán Hermida, ten un perfil máis próximo ao ecosocialismo.[7] Porén, en setembro de 2012 abandonou CxG para integrarse en Alternativa Galega de Esquerda.
Outras formacións integradas no proxecto son o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), Esquerda Nacionalista, Espazo Socialista Galego, Unidade da Esquerda Galega e o Partido Galeguista Demócrata (PGD).[8][9]
Historia
Formouse a raíz das desavinzas entre as formacións creadoras e a folla de ruta que quería Xosé Manuel Beiras no Novo Proxecto Común, que lideraba o Encontro Irmandiño.[10] O 21 de xuño de 2012 anunciouse a incorporación do colectivo Unidade da Esquerda Galega, grupo escindido do PSdeG.[11] Porén, apenas un mes máis tarde, o seu responsable, Óscar Lomba, abandonaría CxG para integrarse en Anova-Irmandade Nacionalista, a formación de Beiras.[12]
Presentouse en solitario ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, despois de fracasaren as negociacións para concorrer con Anova-Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida en coalición.[13]
O 21 de xaneiro de 2017, tralo II Congreso Nacional do partido, Juan Carlos Piñeiro substituíu a Xoán Bascuas como Secretario Xeral.[14] O 21 de setembro dese ano, durante o III Congreso Nacional, o partido mudou a súa orientación política. Desbotou a socialdemocracia e pasou a definirse nos seus estatutos como "unha forza demócrata, progresista, ecoloxista, galeguista, europeísta e transversal".[15]
Compromiso por Galicia mantén estreita relación co Partido Nacionalista Vasco,[16] co que concorreu ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e de 2019. No Congreso Nacional de 2019 anunciouse que solicitarán a súa inclusión no Partido Demócrata Europeo, do que forman parte, amais do PNV, Coalición Canaria (socio tamén das candidaturas para os comicios europeos) e o portugués Partido Democrático Republicano.[17] Compromiso por Galicia é parte do Partido Demócrata Europeo, con dous membros no seu Consello de Dirección: Juan Carlos Piñeiro e Daniel Lago.[18]
Nas eleccións galegas de 2020. CxG participou na coalición Marea Galeguista, obtendo 2.883 votos (o 0,22% do total). Nas eleccións galegas de 2024 CxG participou nunha nova coalición, desta vez con Espazo Común e outros pequenos partidos, nomeada Espazo Común Galeguista, que só obtivo 1.542 votos (o 0,1% do total) e ningún escano.
Notas
- ↑ Europa Press Galicia (2012-05-23). "Nace 'Compromiso por Galicia', una nueva fuerza nacionalista con "vocación de gobierno" y que pide listas abiertas". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 2024-02-28.
- ↑ Sampedro, Domingos (7 de agosto de 2012). "Terra Galega confluye con el grupo escindido del BNG". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ Pardo, Miguel (12 de setembro de 2012). "Os ecogaleguistas abandonan Compromiso e acordan integrarse en Alternativa Galega". praza.gal. Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ "CxG". www.compromiso.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2019. Consultado o 2019-10-09.
- ↑ PAÍS, Ediciones EL (2024-02-28). "EL PAÍS Edición América: el periódico global". El País América (en castelán). Consultado o 2024-02-28.
- ↑ Salgado, Daniel (2 de xuño de 2012). "El otro nacionalismo, abocado a unirse". elpais.com (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ EFE (22 de maio de 2012). "Ecogaleguistas se convertirán el sábado en un partido con fecha de caducidad". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ Pampín, Silvia (3 de agosto de 2012). "El Partido Galeguista entra en Compromiso por Galicia a través del partido de Rafa Cuiña". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ García, M. (18 de xullo de 2012). "El Partido Galeguista se une a Compromiso por Galicia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ Domínguez, Daniel (21 de xuño de 2012). "Beiras apuesta por "confluir" con CxG pero no lo considera imprescindible". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ Europa Press Galicia (21 de xuño de 2012). "El colectivo que integran exmilitantes del PSdeG Unidade da Esquerda Galega entra en Compromiso por Galicia". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ Redacción (26 de agosto do 2012). "O responsábel de Unidade da Esquerda Galega renuncia ao seu posto no Consello Nacional de Compromiso por Galicia". sermosgaliza.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2012. Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ "Páxina web de Compromiso". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 12 de setembro de 2012.
- ↑ Redacción (14 de xaneiro de 2017). "Juan Carlos Piñeiro encabezará un Compromiso por Galicia "renovado"". Galicia Press (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2017.
- ↑ Europa Press / Redacción (22 de setembro de 2019). "Compromiso por Galicia, tamén a favor dunha coalición entre as forzas galegas". Galicia Confidencial (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ "CxG celebrou no Alderdi Eguna a vitoria do PNV nas eleccións vascas". compromiso.gal. 4 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ Redacción. "Compromiso tamén pide unha candidatura unitaria". sermosgaliza.gal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ "Democrats". www.democrats.eu (en inglés). Consultado o 2022-10-04.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Compromiso por Galicia |